Pyracantha coccinea
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2019) |
Espiño de fogo | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pólas de Pyracantha coccinea con drupas pomos | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Pyracantha coccinea' M.Roem. |
Pyracantha coccinea M.Roem. é unha especie botánica da familia das Rosáceas, chamada en galego espiño coraleiro[1][2][3] (e, na zona oriental, espín coraleiro[4]). Alén deste nome, recibe tamén o de piracanto, cultismo usado para as plantas do xénero Pyracantha. É endémico do sueste de Europa, e da China centromeridional. O seu uso en Galiza é ornamental e resérvase á xardinaxe privada, para crear cerramentos e valados espiñentos, ou coma sebe nas autoestradas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten un aspecto moi semellante ao xénero Cotoneaster, co que se pode chegar a confundir, mais a maior diferenza é que no xénero Pyracantha as follas son dentadas e ademais son espiñentos.
Arbusto perenne ou semiperenne, resistente, de 1,5 a 2 m de altura, aínda que pode pasar dos 3 m. Toro de cor parda cinsenta, pólas espiñentas e intricadas. Follas coriáceas, pecioladas, dentadas, lanceoladas, alternas, brillantes pola face.
Florea na primavera; as flores son moi abundantes, abrancazadas ou amarelas claras miúdas e en acios, con cinco pétalos arredondados. Os froitos maduran dende a fin do verán até o outono; son miúdos e aseméllanse ás mazás bravas ou peros, avermellados, alaranxados ou amarelos; ficando nas pólas durante o outono e mais no inverno. Ten propiedades adstrinxentes e é alimento de numerosos paxaros; para o ser humano non é velenosa mais si algo agre, porén, pode ser cociñada para facer xeleas e marmeladas.
Abrangue dende o sur de Europa até Asia occidental. Cultívase en América do Norte e Europa occidental (incluíndo Galiza) como planta ornamental.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Mespilus foi descrito por Max Joseph Roemer e publicado en Familiarum Naturalium Regni Vegetabilis Monographicae 3: 219–220. 1847.[5]
- Variedades
- Pyracantha coccinea var. implexa Lavallée
- Pyracantha coccinea var. lalandei hort. ex Dippel
- Pyracantha coccinea var. lalandei Lavallée[6]
- Cotoneaster pyracantha (L.) Spach
- Crataegus pauciflora André
- Crataegus pyracantha (L.) Medik.
- Gymnopyrenium pyracantha (L.) Dulac
- Mespilus pauciflora Poir.
- Mespilus pyracantha L.
- Pyracantha coccinea var. pauciflora (Poir.) Dippel
- Pyracantha lucida de Vos
- Pyracantha pauciflora (Poir.) M.Roem.
- Pyracantha pyracantha (L.) Voss
- Pyracantha spinosa de Vos
- Pyracantha vulgaris Lothelier
- Timbalia pyracantha (L.) Clos[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anthos. Sistema de información sobre las plantas de España. Madrid: Fundación Biodiversidad / Real Jardín Botánico (CSIC). http://anthos.es Arquivado 05 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ Irmandades da Fala (1933). "Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da Fala". A Coruña: Moret. (0).
- ↑ Dantín Cereceda, Juan (1943). Catálogo metódico de las plantas cultivadas en España. Ministerio de Agricultura.
- ↑ Varela Aenlle, Carlos Xesús (2014). Contribución ao dicionario galego: o léxico do galego de Asturias. Tese de doutoramento. Vigo: Universidade de Vigo.
- ↑ Pyracantha coccinea en Trópicos
- ↑ 6,0 6,1 [1]Pyracantha coccinea en Catalogue of life
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pyracantha coccinea |