Saltar ao contido

Quorthon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaQuorthon
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 2004 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSkogskyrkogården Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista , produtor musical , cantante , batería Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Bathory (1983–) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, black metal e Viking metal Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra eléctrica e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBlack Mark Production (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiBörje Forsberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsJennie Tebler (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1524713 Musicbrainz: bf348cda-3377-4888-82dc-85bba1a2d50a Discogs: 268059 Allmusic: mn0000861981 Find a Grave: 10030741 Editar o valor en Wikidata

Thomas "Quorthon" Forsberg, nado o 17 de febreiro de 1966 e finado o 7 de xuño de 2004, foi un músico sueco, fundador e compositor da banda pioneira do Black metal e Viking Metal Bathory. Compositor e letrista de tódalas cancións da banda, está considerado o pai de ámbolos xéneros musicais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Quorthon formou a banda Bathory no ano 1984 cando contaba con 18 anos. Nos primeiros álbums crea un estilo que moitas bandas tratarían de emular tempo despois, o Black Metal coma tal aparece por vez primeira nestes discos.

A comezos dos 90, toma o control total da banda, adicándose a afondar no traballo de estudio e contratando músicos de sesión cando lle era preciso. En moitas ocasións tamén empregaba baterías sintéticas.

En 1993 deixa a Bathory aparcado por un tempo, sacando dous discos baixo o nome de "Quorthon". O primeiro foi chamado Album (1994) e o seguinte Purity of Essence (1997). Aquí atopamos unha música máis orientada ao Rock, alonxándose do que habitualmente fai con Bathory.

Os seguintes discos foron en certo xeito unha volta ao estilo dos primeiros, mais non tiveron o éxito daqueles. En 1996 Quorthon lanza Blood on Ice un albúm conceptual gravado en 1989 pero que non fora editado naqueles intres porque consideraba que estaba por rematar. Continuaría por este camiño coa saga Norland, facendo un intermedio con Destroyer of Worlds que é unha mestura dos estilos que veu desenvolvendo durante toda a súa carreira.

Foi atopado morto dun ataque ó corazón o 7 de xuño do 2004 no seu apartamento. [1] Tiña 38 anos e xa anteriormente sufrira dalgúns problemas de corazón.

O seu pai, Börje "Boss" Forsberg, é o propietario de Black Mark Productions, o selo discográfico independente que Quorthon fundou e baixo o que editou tódalas súas gravacións.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Bathory

Coma Quorthon

Equipo empregado

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]