Ría de Corme e Laxe
Parte de | Rías Medias | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | España | ||||
| |||||
A ría de Corme e Laxe é unha pequena ría galega que forma parte do conxunto das rías Medias que están englobadas nas rías Altas.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]A ría de Corme e Laxe está na costa noroccidental de Galicia, na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte. Fórmase na desembocadura do río Anllóns, tomando o seu nome das vilas de Laxe e Corme que se atopan na entrada de dita ría. Está limitada polo cabo Roncudo ao norte e polo cabo Laxe ao sur.
A ría baña os concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe.
Por esta ría pasa a 2ª e 3ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Praias e portos
[editar | editar a fonte]Posúe numerosas praias ao longo da costa. No concello de Ponteceso están as da Hermida, Osmo e Balares. No concello de Cabana están as praias de Rebordelo e de San Pedro. No concello de Laxe a máis importante é a praia de Laxe.
Posúe dous portos pesqueiros, o porto de Corme e o porto de Laxe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |