Saltar ao contido

Radiografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manequín sendo sometido a unha raiografía.

A radiografía ou raiografía é unha técnica de exame de imaxe que utiliza raios X para ver un material cuxa composición non é uniforme, como acontece co corpo humano.[1] Un feixe heteroxéneo de raios X é producido por un xerador e proxectado sobre unha superficie. A densidade e a composición de cada área determina a cantidade de raios X absorbida. Os raios X que o atravesan son capturados detrás do obxecto por un detector (sexa un filme fotográfico ou detector dixital). Prodúcese pois unha representación en dúas dimensións de todas as estruturas superpostas.

A raiografía permite observar diferentes órganos e sistemas do corpo humano dun xeito non destrutivo.

Tipos de radiografías

[editar | editar a fonte]

Sen contraste radiolóxico

[editar | editar a fonte]
  • Dental. Pantomografía dental[2]
  • Cranio, sinus paranasais
  • Columna: cervical, dorsal, dorsolumbar, lumbar, lumbosacra
  • Parrilla costal
  • Tórax: principalmente para a valoración dos pulmóns e o corazón
  • Mamografía: valoración de masas nas mamas.
  • Abdome (simple)
  • Extremidades superiores
  • Extremidades inferiores
  • Telemetría: para a valoración da escoliose
  • Tomografías: non empregadas dende a introdución da tomografía computadorizada (TC)

Con contraste radiolóxico

[editar | editar a fonte]

Raramente utilitzadas dende a introdución da ecografía:

Pouco empregadas:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Fisterra (ed.). "Información para pacientes sobre las Radiografías (rayos X)". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2014. Consultado o 9 de febreiro de 2014. 
  2. Medline Plus (ed.). "Radiografía dental". Consultado o 9 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]