Saltar ao contido

Rasmus Bartholin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRasmus Bartholin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1625 Editar o valor en Wikidata
Roskilde, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1698 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Reitor Universidade de Copenhague
1683 – 1684
← Christian NoldCosmus Bornemann (en) Traducir →
Reitor Universidade de Copenhague
1674 – 1675
← Jens Jensen Bircherod (pt) TraducirOlaf Borch o Borrichius →
Reitor Universidade de Copenhague
1666 – 1667
← Thomas BartholinMatthias Foss (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDinamarca Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua - medicina (–1654)
Universidade de Copenhague (1642–1647) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, astronomía, medicina e matemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, químico, físico, anatomista, médico, profesor universitario, xuíz, astrónomo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Copenhague (1656–1698) Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAnne Marie Bartholin Editar o valor en Wikidata
PaiCaspar Bartholin o Vello Editar o valor en Wikidata
IrmánsThomas Bartholin Editar o valor en Wikidata
ParentesThomas Fincke, avó materno
Ole Rømer, xenro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Medvik >>>:Bartholin, Rasmus, 1625-1698,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5621321 WikiTree: Bartholin-14

Rasmus Bartholin (latinizado como Erasmus Bartholinus), nado o 13 de agosto de 1625 en Roskilde (Dinamarca) e finado o 4 de novembro de 1698 en Copenhague, foi un médico e científico dinamarqués fillo de Caspar Bartholin o Vello, e de Anna Fincke, filla pola súa banda do matemático Thomas Fincke[1]. Tivo cinco irmáns, entre os que cómpre salientar Thomas Bartholin (nove anos maior), que alcanzou tanta sona coma el polos seus achados científicos relacionados co sistema linfático.

Erasmus recibiu a súa educación primaria de titores privados. Posteriormente, entrou na Universidade de Copenhague en 1642, onde se licenciou en 1644 e obtivo un mestrado en artes en 1647. Estudou matemáticas na Universidade de Leiden e, despois de viaxar por Europa, acabou en Padua, onde se licenciou en medicina en 1654. En 1656 volveu á Universidade de Copenhague como profesor de xeometría, pero ao ano seguinte decidiu ensinar medicina, converténdose nun profesor extraordinario. En 1667 foi nomeado matemático real e en 1671 obtivo a cátedra de medicina da Universidade de Copenhague, que mantivo ata a súa morte.

Achega á ciencia

[editar | editar a fonte]

Malia exercer principalmente como profesor de medicina, escribiu relativamente pouco sobre este tema. En termos de número de publicacións, as matemáticas ocuparon a maior parte da súa produción científica, pero o seu traballo nesta área non foi de grande importancia. De feito, Rasmus Bartholin é máis coñecido polo seu traballo noutras áreas, como a física ou a óptica, xa que foi o descubridor da refracción dobre da luz, en 1669.[2] Levou a cabo a súa descuberta nun cristal de espato obtido nunha expedición a Islandia[3]. Puido observar como a luz se refractaba a través do espato dando lugar a dous raios que el denominou solita e insolita. A explicación que lle deu Bartholin no seu momento baseouse na teoría da luz de Descartes, a cal propuña que o cristal presentaba dúas series de poros que daban lugar á refracción dobre. Aínda que publicou unha descrición moi precisa do fenómeno, non foi quen de comprender a súa natureza física. Foi máis tarde, en 1801, cando Thomas Young propuxo a teoría ondulatoria da luz e púidose dar unha explicación ao fenómeno da refracción dobre, que realmente se producía porque o cristal divide a luz en dous planos de feixes polarizados.

No campo da astronomía observou os cometas de 1664 e 1665, entre outras observacións astronómicas, e publicou as descricións destes acontecementos en De Cometis Anni 1664 et 1665 opusculum (1665).

No campo da medicina é de salientar a súa introdución do uso da quinina como profiláctico fronte á malaria. Tamén foi o primeiro en documentar na literatura médica as características físicas da trisomía 13 ou síndrome de Patau. Algunhas das súas contribucións médicas levounas a cabo xunta o seu irmán Thomas Bartholin, que tamén foi profesor de anatomía na Universidade de Copenhague desde 1646 ata 1661.[4]

Obras salientables

[editar | editar a fonte]
  • De Cometis Anni 1664 et 1665 opusculum (1665).
  • Experimenta crystalli Islandici disdiaclastici quibus mira & insolita refractio detegitur (1669).
  • De naturae mirabilibus quaestiones academicae (1674). Trátase dunha compilación de ensaios que atinxen a diversos campos:
    • De Studio Linguae Danicae (1657).
    • De Figura Nivis (1660).
    • De Poris Corporum (1663).
    • De Physica Cartesiana (1664).
    • De Attractione (1665).
    • De Natura (1666).
    • De Consuetudine (1666).
    • De Judicio & Memoria (1667).
    • De Experimentis (1668).
    • De Hypothesibus Physics (1669).
    • De Figuris Corporum (1671).
    • De Arcanis Scientiarum (1673).
  1. Hall, A. Rupert Bartholin, Erasmus. "Complete Dictionary of Scientific Biography". 2008. En Encyclopedia.com.
  2. Erasmus Bartholin, Experimenta crystalli islandici disdiaclastici quibus mira & insolita refractio detegitur. Copenhage ("Hafniæ"), Dinamarca. Daniel Paulli, 1669. Versión traducida ao inglés: Experiments with the double refracting Iceland crystal which led to the discovery of a marvelous and strange refraction. Werner Brandt. Westtown, Pennsylvania. 1959.
  3. Erasmus Bartholin. An account of sundry experiments made and communicated by that learn'd mathematician, Dr. Erasmus Bartholin, upon a chrystal-like body, sent to him out of Island, En "Philosophical Transactions of the Royal Society of London". Número 5. Xaneiro de 1670. Páxinas 2.041 a 2.048.
  4. Hill, Robert V. Glimpse of our past. The contributions of the Bartholin family to the study an practice of clinical anatomy. En "Clinical Anatomy". Volume 20. Número 2. Marzo de 2007. Páxinas 113 a 115.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F., Rasmus Bartholin, En "MacTutor History of Mathematics Archive", Universidade de Saint Andrews. [En inglés]
  • Bartholin, Erasmus. En "The Galileo Project".