Rennes
Lema | «Vivre en intelligence» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Redones | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Defense and Security zone of France (en) | Western defense and security zone (en) | ||||
Rexións | Bretaña | ||||
Departamento | Ille e Vilaine | ||||
Distritos | distrito de Rennes | ||||
Capital de | Bretaña Rennes Métropole (en) canton of Rennes-Est (en) canton of Rennes-Bréquigny (en) canton of Rennes-Nord-Ouest (en) canton of Rennes-Sud-Ouest (en) canton of Rennes-Sud-Est (en) canton of Rennes-le-Blosne (en) canton of Rennes-Nord-Est (en) canton of Rennes-Nord (en) Ille e Vilaine canton of Rennes-Centre-Sud (en) canton of Rennes-Centre (en) Western defense and security zone (en) distrito de Rennes canton of Rennes-Centre-Ouest (en) canton of Rennes-2 (en) (2015–) canton of Rennes-1 (en) (2015–) canton of Rennes-6 (en) (2015–) canton of Rennes-5 (en) (2015–) canton of Rennes-4 (en) (2015–) canton of Rennes-3 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 225.081 (2021) (4.466,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Área de concentración metropolitana de Rennes Unidade urbana de Rennes | ||||
Superficie | 50,39 km² | ||||
Bañado por | Río Vilaine e Río Ille | ||||
Altitude | 46 m-74 m-20 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Nathalie Appéré (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35000, 35200 e 35700 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Ben catalogado no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural | |||||
Identificador | IA35022285 | ||||
Sitio web | metropole.rennes.fr | ||||
Rennes (en bretón: Roazhon, en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico.
Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.
Trala segunda guerra mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.
En 2012, cunha poboación de 210 000 habitantes (incluíndo 60 000 estudantes) e 700 000 habitantes na súa área urbana[1], Rennes é a décima cidade máis importante de Francia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Rennes atópase a 308 km ó oeste de París, en liña recta. Ocupa unha posición excéntrica en relación co conxunto do territorio da Bretaña, atopándose a 50 km do límite oriental da rexión e a 250 km da punta occidental de Finistère. A súa situación occidental en relación co resto do territorio nacional impulsouno a xogar un papel central no Arco Atlántico, unha das grandes rexións transnacionais recoñecidas pola Comisión Europea.[2]
Atópase no corazón dunha área urbana de 690 000 habitantes, repartidos entre unhas 190 comunidades periurbanas. Xoga un papel crucial na economía da Bretaña moderna.
Rennes forma parte e é sede de Rennes Métropole.[3]
Clima
[editar | editar a fonte]Goza dun clima oceánico, con invernos un pouco fríos e húmidos, e veráns algo secos e moderadamente quentes.
Datos climáticos para Rennes, Brittany | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 8,7 | 9,6 | 12,7 | 15,2 | 18,9 | 22,2 | 24,5 | 24,3 | 21,6 | 17,0 | 12,1 | 9,1 | 16,4 |
Media mínima en °C | 3,0 | 2,6 | 4,5 | 5,9 | 9,3 | 11,9 | 13,8 | 13,7 | 11,4 | 9,1 | 5,5 | 3,3 | 7,9 |
Precipitación media mm | 67,6 | 49,1 | 51,6 | 50,9 | 67,2 | 46,7 | 49,1 | 37,8 | 59,0 | 74,8 | 67,5 | 72,7 | 694,0 |
Media de días con precipitacións | 11,5 | 9,4 | 9,8 | 9,9 | 9,8 | 7,3 | 7,3 | 6,4 | 7,7 | 11,1 | 11,7 | 12,4 | 114,4 |
Media de días con neve | 2,1 | 2,6 | 1,5 | 0,6 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,7 | 1,7 | 9,2 |
Humidade relativa media (%) | 87 | 83 | 79 | 76 | 77 | 75 | 75 | 76 | 80 | 85 | 87 | 87 | 80,6 |
Media de horas de sol mensuais | 69,1 | 87,2 | 128,4 | 162,7 | 191,2 | 217,3 | 210,7 | 205,5 | 177,8 | 117,5 | 81,3 | 68,6 | 1 717,1 |
Fonte #1: Météo France[4][5] | |||||||||||||
Fonte #2: Infoclimat.fr (humidity, snowy days 1961–1990)[6] |
Administración
[editar | editar a fonte]Período | Nome | Partido |
---|---|---|
1944-1953 | Yves Millon | |
1953-1977 | Henri Fréville | MRP |
1977-2008 | Edmond Hervé | PS |
2008-2014 | Daniel Delaveau | PS |
2014- | Nathalie Appéré | PS |
Demografía
[editar | editar a fonte]Poboación
[editar | editar a fonte]- Concello de Rennes: 209 860 (2012), 11° en Francia
- Área urbana[7] de Rennes: 690 467 (2012), 10° en Francia
- Comunidade urbana Rennes Metropole: 420 707 (2012); 43 concellos
- Outros concellos importantes da comunidade urbana (2012):
- Bruz: 17 000
- Cesson-Sévigné: 16 000
- Saint-Jacques-de-la-Lande: 11 000
- Pacé: 11 000
- Betton: 10 000
- Chantepie: 10 000
- Saint-Grégoire: 9 000
Evolución demográfica
[editar | editar a fonte]1793 | 1800 | 1806 | 1821 | 1831 | 1836 | 1841 | 1846 | 1851 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
30 160 | 25 904 | 29 225 | 29 589 | 27 340 | 35 552 | 37 895 | 39 218 | 39 505 |
1856 | 1861 | 1866 | 1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
45 664 | 45 483 | 48 283 | 52 044 | 57 177 | 60 974 | 66 139 | 69 232 | 69 937 |
1901 | 1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 | 1954 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
74 676 | 75 640 | 79 372 | 82 241 | 83 418 | 88 659 | 98 538 | 113 781 | 124 122 |
1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2006 | - | - |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
151 948 | 180 943 | 198 305 | 194 656 | 197 536 | 206 229 | 209 613 | - | - |
Educación
[editar | editar a fonte]- Universidade de Rennes 1: Bioloxía, Ciencias naturais, Física, Matemáticas, Química, Economía, Filosofía, Dereito...
- Universidade Rennes 2 Alta Bretaña : Arte, Deporte, Literatura, Música, Historia, Lingüística, Psicoloxía, Socioloxía, Xeografía...
- Paris School of Business : Xestión.
- Rennes School of Business : Xestión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ "Páxina da Comisión Arco Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2006. Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ http://metropole.rennes.fr/
- ↑ "Données climatiques de la station de Rennes" (en French). Meteo France. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2014.
- ↑ "Climat France" (en French). Meteo France. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2014.
- ↑ "Normes et records 1961-1990: Rennes-St Jacques (35) - altitude 36m" (en French). Infoclimat. Consultado o 16 de decembro de 2014.
- ↑ delimitada polos movementos cotiáns de traballo, segundo os criterios do INSEE
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rennes |
A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |