Rob Walker Racing Team
Nome completo | |
---|---|
Bandeira | Reino Unido |
Baseada en | Dorking, Surrey, Reino Unido |
Tempadas en activo | 17 (1953-1955, 1957-1970) |
Número de pilotos | Stirling Moss Jack Brabham Maurice Trintignant Jo Bonnier Suíza Jo Siffert Graham Hill Jochen Rindt |
Debut | Gran Premio do Reino Unido de 1953 |
Carreiras | 124 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 9 |
Pole positions | 10 |
Voltas Rápidas | 9 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de México de 1970 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Rob Walker Racing Team foi un equipo privado de Fórmula Un durante a década de 1950 e 1960. Fundado polo herdeiro de Johnnie Walker, Rob Walker (1917-2002) en 1953, o equipo converteuse no equipo privado máis exitoso da historia de F1, sendo o primeiro e (xunto co equipo de Giancarlo Baghetti FISA) único participante en gañar un Gran Premio de Fórmula Un do Campionato do Mundo sen construír o seu propio automóbil.
Comezos
[editar | editar a fonte]Nado en 1917, o mozo de 35 anos de idade, Rob Walker, fundou o seu equipo en 1953, debutando na carreira da Lavant Cup, participando cun Connaught para o piloto Tony Rolt, onde obtivo un terceiro lugar. A seguinte carreira, en Snetterton, Eric Thompson foi o primeiro vencedor cun coche de Rob Walker. Entre Rolt e Thompson, o Rob Walker Racing Team tivo unha prometedora tempada de debut, con oito vitorias na serie británica de carreiras. O seu debut internacional foi no Gran Premio de Rouen, unha carreira mixta de F1 / F2, cun Cooper-Alta para Stirling Moss, que logrou ocupar o cuarto lugar entre os coches de F2. O Gran Premio do Reino Unido de 1953 foi a primeira carreira do Campionato do Mundo de Walker, pero o Connaught de Rolt non aguantou toda a distancia.
Walker, que pintou os seus automóbiles coas cores nacionais de Escocia (azul cunha franxa branca, no canto do máis común verde inglés), continuou correndo nos eventos de club británicos os seguintes anos. De 1954 a 1956, Walker fixo algunhas aparicións esporádicas, gañando só unha carreira de Fórmula 2 en Brands Hatch en 1956 con Tony Brooks. Walker regresou a tempo completo en 1957 cun Cooper - Climax de F2. Tony Brooks, que compartiu tarefas de condución durante a tempada con Jack Brabham e Noel Cunningham-Reid, gañou a Copa Lavant, pero o equipo non terminou a maioría das súas carreiras.
Internacionalización
[editar | editar a fonte]En 1958, Rob Walker abandonou as carreiras de club e concentrouse só nos grandes eventos internacionais. O veterano piloto de Pre-WWII Maurice Trintignant asinou a tempo completo, con Moss e Brooks correndo cando estaban libres dos seus compromisos con Vanwall. A tempada comezou bastante ben para o equipo, con Moss e Trintignant gañando en Arxentina e Mónaco, o primeiro gañou cun chasis Cooper. Estas serían as únicas vitorias no Campionato do Mundo, pero Trintignant tamén triunfou en Pau e Auvernia, mentres que Moss logrou a vitoria no BARC 200, Caen Grand Prix e Kentish 100.
Moss e Trintignant permaneceron co equipo en 1959, co condutor británico gañando no Glover Trophy en Goodwood, pero para as carreiras do Gran Premio de Francia e o Gran Premio do Reino Unido, abandonou a Walker polo equipo do seu pai British Racing Partnership, onde non puido puntuar. Moss volveu no Gran Premio de Alemaña de 1959, onde retirouse, pero regresou gañando no Gran Premio de Portugal de 1959, o Gran Premio de Italia de 1959 e a International Gold Cup. O mellor posto de Trintignant foi o segundo lugar no Gran Premio dos Estados Unidos de 1959.
.
Walker decidiu concentrarse exclusivamente en Moss e cambiou a Lotus en 1960, a partir de Mónaco, no que gañou Moss, a primeira vez que Lotus gañou unha carreira de Fórmula 1. Moss gañou só na International Gold Cup unha carreira fóra de campionato en Oulton Park e no Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 no Circuíto Riverside International, pero aínda así logrou terminar a tempada en terceiro lugar na xeral, como sucedera o ano anterior. Despois do final da tempada, en decembro, Walker levou a Moss a dúas carreiras surafricanas, que gañou.
En 1961, a F1 adoptou as novas regulacións do motor de 1.5 Litros, e Walker coqueteou coa idea de construír o seu propio chasis,[1], pero mantivo o Lotus 18 para a tempada. Moss gañou as carreiras fóra de campionato en Goodwood na Fórmula Intercontinental 2´5 litros e en Viena, así como o Gran Premio de Mónaco de 1961 e o Gran Premio de Alemaña de 1961. No Gran Premio do Reino Unido de 1961, Rob Walker Racing converteuse no primeiro equipo en participar cun coche con tracción nas catro rodas nun Gran Premio do Campionato do Mundo, cando participaron cun Ferguson P99 de Ferguson Research. Moss máis tarde gañou a carreira de Oulton Park International Gold Cup no mesmo coche; ata a data, esta é a única vitoria rexistrada por un coche de catro rodas motrices nun evento de Fórmula Un.
A era post-Moss
[editar | editar a fonte]A tempada de 1962 comezou bastante ben, coa vitoria de Trintignant que regresou en Pau, pero os plans de Walker foron ao garete cando Moss tivo un accidente na reunión do Goodwood Glover Trophy pilotando un BRP, terminando a súa carreira.[2] Walker planeara participar cun Ferrari para o piloto británico no Campionato Mundial, pero viuse forzado a reter a Trintignant, o vello piloto francés cada vez menos competitivo, sen lograr un único punto de campionato. As desgrazas do ano continuaron en México e Suráfrica, onde Walker viu morrer aos pilotos Ricardo Rodríguez e Gary Hocking ao volante dos seus coches.
Rob Walker cambiou a estratexia para 1963, contratando a Jo Bonnier e volvendo ao chasis Cooper (o sueco correra con Walker en Oulton Park o ano anterior), pero unha vez máis os resultados foron pobres e os fallos mecánicos frecuentes. Aínda así, o equipo reforzou as súas operacións para 1964, primeiro cun novo Cooper (co que Bonnier foi o segundo en Snetterton) e logo cun Brabham-BRM, con Bonnier e outros pilotos invitados a conducir en varios eventos do Campionato do Mundo. Dende o Gran Premio italiano, Walker decidiu correr con dous coches, un chasis BT11 con motor BRM e un chasis BT7 con motor Climax. En 1965, Jo Siffert uniuse a Bonnier e, aínda que o experimentado sueco era o máis rápido, foi o suízo quen conseguiu 5 puntos de campionato. Cun fracaso mecánico constante, o mellor resultado de Bonnier foi un terceiro lugar na carreira fóra de campionato, Carreira de Campións.
Coa nova normativa de 3.0 litros a partir de 1966, Bonnier deixou Walker para reiniciar a Ecurie Bonnier, e Siffert permaneceu só con Walker, co Cooper T81 con motor Maserati. O coche non foi competitivo en 1967, e en 1968 Walker, agora asociado co emprendedor Jack Durlacher, comprou un Lotus 49 con motor Cosworth. Ese ano, Siffert gañou o Gran Premio do Reino Unido de 1968 nunha carreir de desgaste, despois de que os Lotus de fábrica retiráranse, e Siffert dominara a Chris Amon para lograr a última vitoria de Rob Walker.
Siffert saíu do equipo a finais de 1969, logo de rematar o ano no 9º posto, e Rob Walker Racing Team competiu por última vez en 1970, presentando un Lotus 72 para o piloto Graham Hill, quen tiña nese intre 40 anos de idade, e rexeitara retirarse logo dun grande accidente o ano anterior con Lotus. A mellor marca de Hill foi a 4ª posición no Gran Premio de España de 1969, pero saíu para unirse a Brabham ao final do ano.
Walker despois de Walker Racing
[editar | editar a fonte]Retirada das carreiras
[editar | editar a fonte]En lugar de continuar co equipo, Rob Walker levou o seu patrocinio de Brooke Bond Oxo a Surtees para a tempada de 1971 e pasou a xestionar a carreira de Mike Hailwood. Os últimos vestixios de Rob Walker Racing Team terminaron en 1974 cando se retirou da participación activa no automobilismo aos 57 anos.
Xornalismo
[editar | editar a fonte]Rob Walker tamén gañou certo grado de recoñecemento como xornalista de automobilismo, que abarca os eventos de Fórmula 1 para a revista "Road and Track". Comezando cun informe sobre o Gran Premio de Italia de 1967, Walker escribiu informes de carreiras, comentarios anuais e artigos históricos para "Road & Track" ben nos anos 90.
A morte e legado de Walker
[editar | editar a fonte]Considerado un dos principais estadistas das carreiras de Grand Prix, Walker morreu aos 84 anos de idade en 2002, de pneumonía.[3]
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
£ Coche de Fórmula 2
‡ Os coches de Fórmula 2 ocuparon da quinta a décima posición na meta no Gran Premio de Alemaña de 1969. Non obstante, como os coches de Fórmula 2 competían tecnicamente nunha carreira separada, os pilotos destes coches non puntuaban no campionato. Os puntos do quinto e sexto foron concedidos aos pilotos dos coches do undécimo e do duodécimo colocados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lawrence, Mike (1989). Grand Prix Cars 1945–65. Aston Publications. p. 264. ISBN 0-946627-46-0.
- ↑ Motor Sport, xuño de 1962, Page 413.
- ↑ "F1 legend Walker dies". BBC SPORT. 29 de abril de 2002. Consultado o 16 de decembro de 2014. News report about Rob Walker's death
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rob Walker Racing Team |