Robert Ryan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1909 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de xullo de 1973 (63 anos) Nova York (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Educación | Dartmouth College |
Altura | 193 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor |
Período de actividade | 1940 - 1973 |
Partido político | Partido Demócrata |
Xénero artístico | Wéstern |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Conflito | segunda guerra mundial |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Robert Bushnell Ryan, nado en Chicago o 11 de novembro de 1909 e finado en Nova York o 11 de xullo de 1973, foi un actor de cinema estadounidense. Cun perfil moi característico e cun granítico rostro estriado, foi unha estrela nos anos corenta e cincuenta, de filmografía non extensa, mais si destacada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ryan naceu en Chicago, Illinois, fillo máis vello de Mable Arbutus (Bushnell), secretaria, e Timothy Aloysius Ryan, dunha familia rica que posuía unha empresa inmobiliaria.[1] Comezou no cinema traballando para a Paramount nalgúns filmes sen acreditar, mais a fama chegoulle co malvado soldado de Encrucillada de odios dirixido por Edward Dmytryk en 1947.[2] Por esta actuación recibiu a súa única candidatura ao Óscar. Desta etapa destacou a súa interpretación nos filmes Trail Street, tamén de 1947, e dirixido por Ray Enright; The Woman on the Beach de Jean Renoir;[3][4] Berlín Express (1948) dirixido por Jacques Tourneur; Atrapados (1949) de Max Ophuls e o filme sobre o mundo do boxeo, O amaño (1949), dirixido por Robert Wise, en que o actor rememorou a súa época de boxeador, deporte que practicara na universidade e que foi un dos seus filmes favoritos.[5]
Durante a década dos cincuenta traballou novamente con importantes directores e así realizou con Nicholas Ray o drama bélico Flying Leathernecks (onde tivo un duelo interpretativo con John Wayne), The Racket e A casa en sombras; con Fritz Lang trabalou en Clash by Night; con Anthony Mann no western The Naked Spur e no drama bélico sobre a guerra de Corea Men in War (1957); con Samuel Fuller traballou en House of Bamboo, e interpretou memorables malvados de novo nos filmes Bad Day at Black Rock dirixido por John Sturges e The Tall Men de Raoul Walsh.
Nos sesenta e setenta a súa aparición na panatlla grande reduciuse, limitándose a participar só en grandes producións: así, foi Xoán o Bautista en King of Kings dirixido polo seu coñecido Nicholas Ray, na adaptación da novela de Herman Melville Billy Budd, dirixida polo actor Peter Ustinov[6] ou en superproducións bélicas como The Longest Day, A batalla das Ardenas ou A batalla de Anzio. Tamén destacou no filme de Sam Peckinpah, Grupo salvaxe (1969).
Política
[editar | editar a fonte]Aínda que Ryan serviu no exército, pasou a compartir as ideas pacifistas da súa esposa Jessica, que era cuáquera.
A finais da década de 1940, cando o House Committee on Un-American Activities (HUAC) intensificou os seus ataques anticomunistas sobre Hollywood, uniuse ao Committee for the First Amendment ("Comité pola Primeira Emenda"). Durante os anos cincuenta, doou cartos e servizos a organizacións cívicas e relixiosas como American Civil Liberties Union, American Friends Service Committee e United World Federalists. En setembro de 1959, el e Steve Allen fundaron a sección de Hollywood de The Committee for a SANE Nuclear Policy.[7]
A mediados da década de 1960, as actividades políticas de Ryan incluíron esforzos para loitar contra a discriminación racial. Participou na división cultural do comité de defensa de Martin Luther King Jr., e axudou a organizar Artists Help All Blacks, con Bill Cosby, Robert Culp e Sidney Poitier entre outros.[8]
Ryan falou con frecuencia da dicotomía entre as súas crenzas persoais e as súas personaxes. Nunha emisión de Odds Against Tomorrow, apareceu perante a prensa para discutir "os problemas dun actor coma min interpretando a clase de personaxe que na vida real considera totalmente desprezable".[9] Foi un pacifista que protagonizou filmes de guerra, western e suspense violentos; opúxose ao McCarthyismo, mais apareceu no filme de propaganda anticomunista I Married a Communist como un malvado axente comunista. En filmes socialmente progresistas como Encrucillada de odios, Bad Day at Black Rock, Odds Against Tomorrow e Acción executiva, interpretou viláns con prexuízos ou conspiradores.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O 11 de marzo de 1939, casou con Jessica Cadwalader. Tiveron tres fillos: Timothy (n. 1946); Cheyney (n. 1948), investigador na Universidade de Oxford e profesor de filosofía e dereito na Universidade de Oregón e Lisa (n. 1951).[10][11][12] Viviron no edificio Dakota entre a 72nd e Central Park West en Manhattan e posteriormente alugaron o apartamento a John Lennon e Yoko Ono.[11]
No outono de 1951, abriu a progresista Oakwood School na patio traseiro de Jessica e Robert Ryan nos Ánxeles, fundada por un grupo de padres, creada e baseada os seus puntos de vista educativos e da infancia. Tres anos máis tarde, os pais, incluídos os Ryan, Sidney Harmon, Elizabeth Schappert, Wendy e Ross Cabeen, e Charles e Emilie Haas, compraron e construíron un colexio elemental en San Fernando Valley.
Robert e Jessica permaneceron casados ata a morte dela por cancro en 1972. Ryan morre de cancro de pulmón en Nova York o ano seguinte.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Personaxe |
---|---|---|
1940 | The Ghost Breakers | Intern (sen acreditar) |
Queen of the Mob | Jim | |
Golden Gloves | Pete Wells | |
North West Mounted Police | Constable Dumont | |
The Texas Rangers Ride Again | Eddie (sen acreditar) | |
1943 | Bombardier | Joe Connors |
The Sky's the Limit | Reginald Fenton | |
Behind the Rising Sun | Lefty O'Doyle | |
The Iron Major | Father Timothy 'Tim' Donovan | |
Gangway for Tomorrow | Joe Dunham | |
Tender Comrade | Chris Jones | |
1944 | Marine Raiders | Capt. Dan Craig |
1947 | Trail Street | Allen |
The Woman on the Beach | Scott | |
Encrucillada de odios | Montgomery | |
1948 | Berlín Express | Robert Lindley |
Return of the Bad Men | Sundance Kid | |
O rapaz dos cabelos verdes | Dr. Evans | |
Act of Violence | Joe Parkson | |
1949 | Atrapados | Smith Ohlrig |
O amaño | Stoker | |
I Married a Communist | Brad Collins | |
1950 | The Secret Fury | David Mclean |
Born to Be Bad | Nick | |
1951 | Hard, Fast and Beautiful | Seabright Tennis Match Spectator (sen acreditar) |
Best of the Badmen | Jeff Clanton | |
Flying Leathernecks | Capt. Carl 'Griff' Griffin | |
The Racket | Nick Scanlon | |
A casa en sombras | Jim Wilson | |
1952 | Clash by Night | Earl Pfeiffer |
Beware, My Lovely | Howard Wilton | |
Horizons West | Dan Hammond | |
1953 | The Naked Spur | Ben Vandergroat |
City Beneath the Sea | Brad Carlton | |
Inferno | Donald Whitley Carson III | |
1954 | Alaska Seas | Matt Kelly |
About Mrs. Leslie | George Leslie | |
Her Twelve Men | Joe Hargrave | |
1955 | Bad Day at Black Rock | Reno Smith |
House of Bamboo | Jim Brecam | |
Escape to Burma | Sandy Dawson | |
The Tall Men | Nathan Stark | |
1956 | The Proud Ones | Marshal Cass Silver |
Back from Eternity | Bill Lonagan | |
1957 | Men in War | Tte. Benson |
1958 | Lonelyhearts | William Shrike |
God's Little Acre | Ty Ty Walden | |
1959 | Day of the Outlaw | Blaise Starrett |
Odds Against Tomorrow | Earle Slater | |
1960 | Ice Palace | Thor Storm |
1961 | The Canadians | Inspector William Gannon |
King of Kings | Xoán o Bautista | |
1962 | The Longest Day | Brig. Gen. James M. Gavin |
Billy Budd | John Claggart- Master at Arms | |
1964 | World War One | Narrador |
1965 | The Crooked Road | Richard Ashley |
The Dirty Game | General Bruce | |
A batalla das Ardenas | Gen. Grey | |
1966 | Os profesionais | Ehrengard |
1967 | The Busy Body | Charley Barker |
The Dirty Dozen | Col. Everett Dasher Breed | |
Hour of the Gun | Ike Clanton | |
Custer of the West | Sgt. Patrick Mulligan | |
1968 | A Minute to Pray, a Second to Die | New Mexico Gov. Lem Carter |
A batalla de Anzio | General Carson | |
1969 | Grupo salvaxe | Deke Thornton |
Captain Nemo and the Underwater City | Capitán Nemo | |
1971 | En nome da lei | Marshall Sabbath Cotton Ryan |
The Love Machine | Gregory 'Greg' Austin | |
1972 | ... and Hope to Die | Charley Ellis |
1973 | Lolly-Madonna XXX | Pap Gutshall |
The Outfit | Mailer | |
Acción executiva | Robert Foster | |
The Iceman Cometh | Larry Slade |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jarlett, Franklin (1997). Robert Ryan: A Biography and Critical Filmography. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company, Inc. p. 4. ISBN 0-7864-0476-0. Consultado o 2020-09-07 – vía Google Books.
- ↑ Robert Ryan, 'Crossfire' Hit, Gets Stardom in Boxing Film By Hedda Hopper. The Washington Post 1 de xullo de 1947: 17.
- ↑ Richard Jewel, 'RKO Film Grosses: 1931-1951', Historical Journal of Film Radio and Television, Vol 14 No 1, 1994 p41
- ↑ ROBERT RYAN GETS ROLE IN RKO FILM: Out of Marines, He Will CoStar With Joan Bennett for Studio in 'Desirable Woman' Special to THE NEW YORK TIMES 4 de xaneiro de 1946: 28.
- ↑ Whitman, Alden (1973-07-12). "Robert Ryan, Actor, Dies at 63". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-01-28.
- ↑ 2 FILM FIRMS WIN CHAPLIN CASE: Roy Export and Lopert Get U. S. Injunction Barring 'Pirated' Showings By RICHARD NASON. The New York Times 24 de xullo de 1959: 14.
- ↑ "Robert Ryan Biography". The New York Times. 2010.
- ↑ Jarlett, Franklin (1997). Robert Ryan: A Biography and Critical Filmography. McFarland & Company, Inc. p. 132. ISBN 0-7864-0476-0. Consultado o 2020-09-07 – vía Google Books.
- ↑ Philip K. Scheuer, Los Angeles Times, 1 de outubro de 1959, B13.
- ↑ "Actor's Son Cheyney Ryan Brings Migrant Workers a Theater That Could Save Their Lives". PEOPLE.com.
- ↑ 11,0 11,1 Jones, J R (2015). The Lives of Robert Ryan. Middletown, Connecticut: Wesleyan University Press. p. 281. ISBN 978-0-8195-7373-5. OCLC 907774763.
- ↑ Jones, J. R. "The Actor's Letter". Chicago Reader (en inglés). Consultado o 2019-09-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Ryan |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Othman, Frederick C. "Hollywood Reporter". The Middlesboro Daily News. 23 de agosto de 1943.
- UP. "Robert Ryan Isn't Sure He Can Afford Stardom"[Ligazón morta]. The Milwaukee Journal. 19 de novembro de 1947.
- AP. "Robert Ryan: A Friend of the Underdog". The Pittsburgh Post-Gazette. 14 de setembro de 1948.
- "Robert Ryan's Advice to Would-Be Actors". The Deseret News. 10 de novembro de 1951.
- Finnigan, Joseph. "Actor Robert Ryan Set to Find His Relatives"[Ligazón morta]. The Palm Beach Post. 4 de xullo de 1961.
- Pack, Harvey. "Bob Ryan Shines on TV and Stage". The Toledo Blade. 23 de xuño de 1969.
- Otterburn-Hall, William. "Robert Ryan Recalls First Trip to Durango". The Saskatoon Star-Phoenix. 6 de xuño de 1970.
- Thomas, Bob. "Robert Ryan Fights Back After Tragic Two Years"[Ligazón morta]. The Milwaukee Journal. 25 de agosto de 1972.
- Jones, J.R. "The Actor's Letter: A Reminiscence by Film Noir Icon Robert Ryan". The Chicago Reader. 29 de outubro de 2009.
- Dargis, Manohla. "Robert Ryan's Quiet Furies". The New York Times. 5 de agosto de 2011.
- Kennedy, Harold J. No Pickle, No Performance. An Irreverent Theatrical Excursion from Tallulah to Travolta. Nova York, Doubleday & Co., 1978
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- In Praise of Robert Ryan Arquivado 18 de abril de 2014 en Wayback Machine. The L Magazine
- Robert Ryan TributeArquivado 06 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- The Robert Ryan Homepage en Wayback Machine (archived October 27, 2009)
- The Robert Ryan Centennial
- Photographs and literature on Robert Ryan
- Nados en Chicago, Illinois
- Nados en 1909
- Finados en 1973
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Finados por cancro de pulmón
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia irlandesa