Saltar ao contido

Rotorua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRotorua
Imaxe

Localización
Mapa
 38°08′16″S 176°15′05″L / -38.1378, 176.2514
Reinos da CommonwealthNova Zelandia
RexiónRexión da Baía de Plenty
DistritoRotorua District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación54.500 (2018) Editar o valor en Wikidata (20,84 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.614,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLake Rotorua/Te Rotorua nui ā Kahumatamomoe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude280 m Editar o valor en Wikidata
Creación1883 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3010, 3015 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webrotoruanz.com Editar o valor en Wikidata

Rotorua (chamada Te Rotorua-nui-a-Kahumatamomoe en maorí) é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia. En 2010 tiña unha poboación estimada de 55.900 habitantes. A cidade está situada na rexión de Bay of Plenty, na beira do Lago Rotorua.

Museo de Arte e Historia de Rotorua.

A súa principal industria é a do turismo. A actividade xeotermal da zona fai que existan numerosos geysers, augas termais e pozas de lama quente, que atraen a turistas do país e do estranxeiro. O principal balneario da cidade é o Polynesian Spa.

Preto da cidade está a reserva natural do Val volcánico de Waimangu, orixinado pola erupción da parte norte do Monte Tarawera o 10 de xuño de 1886.

Outro dos atractivos da cidade é o Museo de Arte e Historia de Rotorua, creado en 1988.

O principal deporte da cidade, ó igual que no resto do país, é o rugby. A cidade conta cun equipo que disputa cada ano a ITM Cup, o Bay of Plenty, campión en 1976, que xoga os seus encontros como local no Rotorua International Stadium. Este estadio acolleu 1 encontro da Copa do Mundo de Rugby 1987, e acollerá outros 3 na Copa do Mundo de Rugby 2011.

En 2006 celebrouse en Rotorua a 17ª edición do Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]