Saltar ao contido

Sándor Petőfi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSándor Petőfi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Petőfi Sándor Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sk) Alexander Petrovič Editar o valor en Wikidata
1 de xaneiro de 1823 Editar o valor en Wikidata
Kiskőrös, Hungría (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortep. 31 de xullo de 1849 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Albești, Romanía (pt) Traducir, presumiblemente Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate, presumiblemente Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturasen valor Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónPápai Református Kollegium (en) Traducir (1841–1842)
Piarist Gymnasium of Budapest (en) Traducir (1834–1835)
Fasori Gimnázium (en) Traducir (1833–1834) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, actor, tradutor, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoOpposition Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioRónai Sándor
Andor deák Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarComandante Editar o valor en Wikidata
ConflitoRevolución húngara de 1848 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJúlia Szendrey (1847–1849) Editar o valor en Wikidata
FillosZoltán Petőfi Editar o valor en Wikidata
NaiMária Hrúzová Editar o valor en Wikidata
IrmánsIstván Petőfi Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Enciclopedia de Otto
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0678881 BNE: XX824823 Musicbrainz: 59a209a6-91c7-43c7-9acb-2bb9442bab24 Discogs: 2373754 IMSLP: Category:Petőfi,_Sándor WikiTree: Petőfi-2 Editar o valor en Wikidata
Sándor Petőfi

Sándor Petőfi, nado en Kiskőrös o 1 de xaneiro de 1823 e finado posibelmente en Segesvár (hoxe Sighişoara, Romanía) o 31 de xullo de 1849, é o poeta nacional húngaro. Foi ademais unha figura chave na Revolución húngara de 1848, contra os Habsburgo. O seu verdadeiro nome era Alexander Petrovics, e a orde, segundo o costume húngaro, do seu nome é Petőfi Sándor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai Stevan Petrović (en húngaro István Petrovics) era de lingua materna húngara (aínda que era de ascendencia serbia), e a súa nai Mária Hrúzová era de lingua materna eslovaca.

Petöfi adquiriu unha forte e saliente consciencia húngara, converténdose no xefe espiritual de grupos radicais revolucionarios que arelaban unha Hungría libre con total independencia da monarquía dos Habsburgo. Xuntouse ao "Exército transilvano" do xeneral revolucionario polaco Józef Bem, combatendo en sucesivas campañas contra as tropas dos Habsburgo en Romanía e Transilvania, mais o exército sería derrotado sucesivamente cando tropas imperiais rusas interviron a prol dos austríacos. Foi visto vivo por última vez na batalla de Segesvár (Sighişoara), librada o 31 de xullo de 1849. Cóidase que morreu ese mesmo día.

Escribiu unha parte da máis grande poesía nacional maxiar.

Velaí unha mostra do seu poema Nemzeti Dal (Canto nacional), titulado En pé húngaros en tradución literal:

Polo Deus dos húngaros
Nós xuramos,
Nós xuramos,
Non sermos escravos
Nunca xamais !

Petőfi en Galiza

[editar | editar a fonte]

O poeta húngaro foi recordado por Aquilino Iglesia Alvariño nun dos poemas de Nenías, evocando ao tempo o seu lugar de nacemento e morte:

Hasta Kioskörös mismo chegaban os carreiriños de herba verde
(...)
Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos adioses para sempre!
Como revoaban as capas dos cosacos en Segosvar!

Tamén Álvaro Cunqueiro lle adicou o poema "Na véspera", centrado no momento da súa morte e que remata cos versos:

E xa se segara en Segesvar.
A chaira parecía que xa se ancheara
pra que nela coubera a batalla,
toda a batalla cos seus mortos.
  • Versek (1844)
  • A helység kalapácsa (1844)
  • Cipruslombok Etelke sírjáról (1845)
  • János Vitéz (1845)
  • Versek II (1845)
  • Úti jegyzetek (1845)
  • A hóhér kötele (1846)
  • Felhők (1846)
  • Versei (1846)
  • Tigris és hiéna (1847)
  • Összes költeményei (1847)
  • Bolond Istók (1847)
  • Nemzeti Dal (1848)
  • Az apostol (1848)