SS Nomadic
SS Nomadic | |
---|---|
O SS Nomadic convertido nun barco museo en Belfast. | |
Historial | Reino Unido Francia Belfast (Irlanda do Norte) |
Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, Reino Unido |
Tipo | Transbordador |
Operador | White Star Line |
Posta en grella | 22 de decembro de 1910 |
Botado | 25 de abril de 1911 |
Asignado | 27 de maio de 1911 |
Baixa | 4 de novembro de 1968 |
Destino | Agora: barco museo en Belfast (Irlanda do Norte) |
Características xerais | |
Desprazamento | 1.273 t |
Eslora | 67,2 m |
Manga | 11,3 m |
Calado | 2,4 m |
Cubertas | 4 |
Propulsión | Dous motores de dobre expansión e dúas hélices de tripla pá. |
Potencia | 550 HP |
Tripulación | 14 |
Capacidade | 1014 persoas entre pasaxe e tripulación |
O SS Nomadic é un barco de vapor da White Star Line, construído no ano 1911 nos estaleiros de Harland and Wolff na cidade de Belfast, Irlanda do Norte. Foi construído como transbordador para o RMS Olympic e o RMS Titanic. Foi deseñado por Alexander Carlisle e Thomas Andrews e é o único barco da frota da White Star que aínda existe, sendo actualmente usado como barco museo.
Historia
[editar | editar a fonte]A quilla do Nomadic foi colocada nos estaleiros de Harland and Wolff en 1910, e foi botado o 25 de abril de 1911. Realizou as probas de mar o 16 de maio de 1911 e foi asignado a White Star Line o 27 de maio dese ano.
Xunto co seu irmán, o SS Traffic, o Nomadic foi empregado como transbordador para o RMS Titanic e para o RMS Olympic en Cherburgo, Francia. Foi equipado cun luxoso interior e foi polo tanto usado polos pasaxeiros de primeira e segunda clase, mentres que o Traffic serviu para os de terceira.
Durante a primeira guerra mundial o Nomadic usouse para o transporte das tropas dos Estados Unidos en Brest, Francia.
En 1927 foi vendido á Compagnie Cherbourgeoise de Transboerdement e despois, en 1934 á Société Cherbourgeoise de Remorquage et de Sauvetage (SCSR). Entón baixo o nome de Ingenieur Minard, serviu outra vez como barco de tropas na segunda guerra mundial.
Ó rematar a guerra continuou co transbordo de pasaxeiros a barcos da Cunard White Star, ata o 4 de novembro de 1968, cando serviu ao RMS Queen Elizabeth por última vez.
No ano 1974 foi adquirido por Yvon Vincent, e convertíuno nun restaurante sobre o río Sena en París. O restaurante funcionou dende 1977 até 1999, e tras o seu peche, o Nomadic permaneceu atracado e semiabandonado, ata que foi levado ao porto de Le Havre no 2003 onde permaneceu ata o 2006.
Conservación do Nomadic
[editar | editar a fonte]O 26 de xaneiro de 2006, o Nomadic foi adquirido polo Department of Social Development of Northern Ireland polo prezo de 171 320 £.
O concello de Belfast inverteu 7 millóns de libras esterlinas para a conservación e restauración do Nomadic.
O Belfast Industrial Heritage levou a cabo a campaña de financiamento e a colaboración do 'White Star Memories' e outros apaixonados pola preservación do Nomadic contribuíron na restauración do navío.
Situación actual
[editar | editar a fonte]Tras o seu regreso a Belfast, o Nomadic foi amarrado no peirao de Queen xusto as aforas do centro Odyssey Arena de Belfast e aberto en exposición temporal. A finais do 2008, o barco foi pechado ao público e trasladado ao porto de Barnett para o mantemento do interior.
En xaneiro do 2009, a empresa Frazer-Nash foi nomeada administradora do Plan de Xestión da Conservación. O nivel da restauración estaba planificado que a restauración completa do Nomadic estivera completada a tempo para o 100 aniversario do afundimento do RMS Titanic no ano 2012. En 2009 entrou en dique seco para a súa completa restauración.[1]
En 2013 completouse a nova superestrutura e a restauración do interior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Belfast Telegraph: "Titanic's Nomadic wanders down the quayside"". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 21 de abril de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SS Nomadic |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia do SS Nomadic (en inglés)