STS-51
STS-51 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-51. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 12 de setembro de 1993, 11:45 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 9,84 días[6] |
Obxectivo da misión | Posta en órbita de dous satélites, realización de varios experimentos.[3][6] |
Regreso | 22 de setembro de 1993[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1993-058A |
STS-51 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 12 de setembro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-51, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite ACTS e para lanzar e recuperar a plataforma de observación astronómica Orfeus-SPAS. Tamén levou o experimento LDCE na bodega de carga. A tripulación estaba formada polo comandante Frank L. Culbertson, o piloto William F. Readdy e os especialistas de misión James H. Newman, Daniel W. Bursch e Carl E. Walz.[3][5][6][7]
O 16 de setembro, Newman e Walz fixeron un paseo espacial de 7 horas, 5 minutos e 28 segundos no que practicaron técnicas para a próxima misión de servizo do telescopio espacial Hubble. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 22 de setembro de 1993. Foi a primeira aterraxe nocturna dun transbordador en Florida.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 51" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 8 June 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-24327(E)). 9 de xuño de 1994: 4. Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 51" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-51" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-50" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-51" (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-51 |