Saídres, Silleda
Saídres | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Saídres. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°44′07″N 8°15′00″O / 42.73522333, -8.24990254 |
Poboación | 121 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Saídres é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 121 habitantes (64 homes e 57 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes.
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]Ao igual que a veciña parroquia de Fontao (Vila de Cruces), Saídres fíxose famosa a mediados do século XX, coincidindo coa segunda guerra mundial, pola extracción de estaño e volframio. Nas proximidades das minas escavadas para tal extracción, manan unha serie de fontes de augas sulfurosas, con propiedades medicinais.
Desta parroquia son naturais a política do BNG silledense Carmen Fidalgo e a xornalista e escritora Ana Cabaleiro.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación:
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Saídres
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Saídres no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Aldea Grande | Barradaos | A Cañoteira | Carracido | Casardoño | Caxeba | Maragouzos | Moimenta | Pedralaxe | A Pena |