Selección de fútbol de Bulgaria
Bulgaria | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Balgarski Futbolen Sayuz | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | BUL | ||
Alcume | Лъвовете (Leóns) | ||
Clasificación FIFA | 59 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Yasen Petrov | ||
Máis encontros | Stiliyan Petrov (105) | ||
Máximo goleador | Dimitar Berbatov Hristo Bonev (48) | ||
Estrea internacional Austria 6 – 0 Bulgaria Viena, Austria; 21 de maio de 1924 | |||
Maior vitoria Bulgaria 10 − 0 Ghana León, México; 14 de outubro de 1968 | |||
Maior derrota España 0 – 13 Bulgaria Madrid, España; 21 de maio de 1933 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1962) | ||
Mellor resultado | Cuarto lugar (1994) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 2 (primeira en 1996) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (1996, 2004) |
A selección de fútbol de Bulgaria (en búlgaro: Национален отбор по футбол на България, Natsionalen otbor po futbol na Bŭlgariya) é o equipo representativo do país nas competicións oficiais internacionais deste deporte. A súa organización está a cargo da Unión de Fútbol de Bulgaria (Български Футболен Съюз, Balgarski Futbolen Sayuz), pertencente á UEFA. O seu maior éxito é o cuarto lugar conseguido no Mundial de Fútbol de 1994 nos Estados Unidos.
Historia
[editar | editar a fonte]A selección búlgara rexistrou sete participacións na Copa do Mundo. Debutou no Mundial de 1962 en Chile, onde foi eliminada en primeira rolda, situación que se repetiu en 1966, 1970 e 1974.
No edición de 1986 logrou por primeira vez superar a primeira fase, ao clasificarse como terceira no seu grupo, tras empatar con Italia e Corea do Sur, e caer derrotada fronte á Arxentina. En oitavos de final quedou eliminada ante México, o equipo anfitrión.
No Mundial de 1994, con Dimitar Penev como seleccionador, o equipo realizou a mellor actuación da súa historia nun Mundial, conseguindo alcanzar as semifinais do certame disputado nos Estados Unidos. Cun equipo no que destacaban futbolistas como Hristo Stoichkov, Yordan Lechkov, Krasimir Balakov ou Emil Kostadinov, o equipo venceu na primeira fase a Grecia e á Arxentina, e perdeu contra Nixeria, producíndose un triplo empate no Grupo B. Nos oitavos de final derrotou a México e nos cuartos de final á Alemaña capitaneada por Lothar Matthäus, que era a vixente campioa nese entón. O equipo búlgaro perdeu finalmente en semifinais ante Italia por un marcador de 2 a 1 nun partido con polémica.
Ademais participou en dúas Eurocopas, nos anos 1996 e 2004, sen conseguir pasar da primeira fase en ningunha delas.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Copa Mundial de Fútbol
[editar | editar a fonte]Ano | Rolda | Posición | PJ | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1930 | Sen participación | |||||||
1934 | ||||||||
1938 | ||||||||
1950 | Non se clasificou | |||||||
1954 | ||||||||
1958 | ||||||||
1962 | Primeira rolda | 15° | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 7 |
1966 | Primeira rolda | 15° | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 8 |
1970 | Primeira rolda | 13° | 3 | 0 | 1 | 2 | 5 | 9 |
1974 | Primeira rolda | 12° | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 5 |
1978 | Non se clasificou | |||||||
1982 | ||||||||
1986 | Oitavos de final | 15° | 4 | 0 | 2 | 2 | 2 | 6 |
1990 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1994 | Semifinals | 4° | 7 | 3 | 1 | 3 | 10 | 11 |
1998 | Primeira rolda | 29° | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 7 |
2002 | Non se clasificou | |||||||
2006 | ||||||||
2010 | ||||||||
2014 | ||||||||
2018 | ||||||||
2022 | Por disputarse | |||||||
Total | 7/22 | 33° | 26 | 3 | 8 | 15 | 22 | 53 |
Eurocopa
[editar | editar a fonte]Ano | Rolda | Posición | PJ | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1960 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1964 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1968 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1972 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1976 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1980 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1984 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1988 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1992 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1996 | Primeira rolda | 11° | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 4 |
2000 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
2004 | Primeira rolda | 16° | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 9 |
2008 | Non se clasificoi | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
2012 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
2016 | Non se clasificou | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
2020 | Por Disputarse | 0° | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Total | 2/16 | 20° | 6 | 1 | 1 | 4 | 4 | 13 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección de fútbol de Bulgaria |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial
- Unión Búlgara de Fútbol
- Bulgaria Arquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine. en FIFA.com
- Bulgaria Arquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine. en UEFA.com