Saltar ao contido

Stan Van Gundy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStan Van Gundy

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Indio, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt. Thomas University (en) Traducir
State University of New York at Brockport (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,73 m Editar o valor en Wikidata
Peso270 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto, baloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1977–1981 Brockport Golden Eagles men's basketball
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1983–1986 Castleton Spartans men's basketball (en) Traducir
1988–1992 UMass Lowell River Hawks men's basketball (en) Traducir
1994–1995 Wisconsin Badgers
2003–2005 Miami Heat
2007–2012 Orlando Magic
2014–2018 Detroit Pistons
2020–2021 New Orleans Pelicans Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJeff Van Gundy Editar o valor en Wikidata

Stan Van Gundy, nado o 26 de agosto de 1959 en Indio (California), é un adestrador de baloncesto estadounidense que desde a temporada 2007-08 dirixe aos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA). Anteriormente fora adestrador dos Miami Heat durante tres anos e dos Orlando Magic durante seis. É irmán do antigo adestrador dos New York Knicks e Houston Rockets, Jeff Van Gundy.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Van Gundy xogou ao baloncesto universitario no SUNY Brockport, centro dependente da Universidade Estatal de Nova York, onde en 1981 foi nomeado Atleta do Ano de todos os centros da universidade. Comezou a súa andaina como adestrador no Canisius College en 1987 como adestrador asistente, pasando a cumprir as mesma funcións ao ano seguinte na Universidade Fordham. O seu primeiro posto como adestrador principal conseguiuno na pequena universidade de Castleton State College, levando ao equipo en 1985 a disputar o Torneo da NAIA.[2] Posteriormente dirixiu á Universidade de Massachusetts Lowell. En 1994 asinou contrato coa Universidade de Wisconsin-Madison, onde permaneceu durante dúas tempadas. En oito anos como adestrador universitario gañou 135 partidos e perdeu 92, cunha porcentaxe de vitorias do 59,5%.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Miami Heat

[editar | editar a fonte]

En 1995 entra a formar parte do equipo de asistentes do adestrador de Miami Heat, Pat Riley. Na tempada 2003-2004, tras a repentina renuncia de Riley ao cargo de adestrador, foi elixido substituto do mesmo como adestrador principal. Na súa primeira tempada gañou 42 partidos, clasificándose para os playoffs, perdendo nas semifinais de conferencia ante Indiana Pacers.[3] Ao ano seguinte, Pat Riley, que exercía os labores de Presidente do equipo, contratou a Shaquille O'Neal, o que permitiu a Van Gundy acabar a primeira parte da tempada co mellor balance da Conferencia Leste, gañándose o dereito a ocupar o banco da mesma no All-Star Game da NBA 2005, gañando ao Oeste 125-115.[4] Ese ano o equipo chegou ás Finais de Conferencia, perdendo ante os Pistons no sétimo partido.

Na postempada, xurdiron os rumores de que Riley quería despedir a Van Gundy. Fosen ou non certos eses rumores, a realidade é que este renunciou ao seu posto do 12 de decembro de 2005. Segundo informacións xurdidas en abril de 2008, Shaquille O'Neal puido ter moito que ver na renuncia de Van Gundy, o cal ao parecer burlábase del chamándoo "Ron Jeremy", unha coñecida estrela do porno que moitos din que se parece fisicamente ao adestrador.[5] Trala súa renuncia, Riley volveu facerse cargo do equipo, conseguindo gañar o anel de campións da NBA.[6]

Orlando Magic

[editar | editar a fonte]

En maio de 2007 recibiu unha oferta para adestrar a Indiana Pacers para substituír a Rick Carlisle, a cal declinou, pero seguiu contemplando a posibilidade de saír da disciplina dos Heat. Sacramento Kings e Orlando Magic eran as principais opcións, decantándose finalmente polo equipo de Florida.[1] Na súa primeira tempada cos Magic logrou 52 vitorias e 30 derrotas, chegando aos Playoffs, onde derrotaron a Toronto Raptors en primeira rolda, pero caeron nas semifinais de conferencia ante Detroit Pistons por 4-1.[7]

En 2009 levou ao seu equipo ás Finais da NBA, algo que non sucedía no equipo desde a tempada 1994-95, tras derrotar nas fases previas a Philadelphia 76ers, Boston Celtics e aos favoritos da Conferencia Leste, Cleveland Cavaliers. Alí atopáronse co campión da Conferencia Oeste, Los Angeles Lakers.[8]

O 21 de maio de 2012, Van Gundy deixou de ser adestrador dos Magic.[9]

Estadísticas como adestrador

[editar | editar a fonte]
Equipo Ano Liga Regular Playoffs
Partidos Vitorias Derrotas % Vitorias Clasificado Vitorias Derrotas % Vitorias Resultado
Miami 2003-04 82 42 40 .512 2º na División Atlántico 6 7 .462 Semifinais de Conf.
Miami 2004-05 82 59 23 .720 1º na División Sueste 11 4 .733 Semifinais de Conf.
Miami 2005-06 21 11 10 .524 1º na División Sueste (Renunciou antes de finalizar)
Orlando 2007-08 82 52 30 .643 1º na División Sueste 5 5 .500 Segunda Rolda
Orlando 2008-09 82 59 23 .720 1º na División Sueste 13 10 .565 Finais da NBA
Total 349 223 126 .639 - 35 26 .574 -
  1. 1,0 1,1 Magic close book on Donovan by hiring Van Gundy
  2. castleton.edu Castleton men's basketball arquives Arquivado 21 de novembro de 2008 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
  3. "2003-04 Miami Heat". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2010. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  4. "East 125, West 115 Iverson Energizes East to All-Star Triumph". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  5. "Reporter: Shaq ran Van Gundy off". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2008. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  6. "2005-06 Miami Heat". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2010. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  7. "2007-08 Orlando Magic". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2014. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  8. 2008-09 Orlando Magic Roster and Statistics Arquivado 10 de abril de 2010 en Wayback Machine., consultado en xuño de 2009
  9. http://www.nba.com/magic/news/magic_part_ways_with_van_gundy_smith_052112.html

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]