Saltar ao contido

Suintila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSuintila

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Suinthila, Swinthila, Suinthilanus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento594 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 636 Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
621 – 631
← Recaredo IISisenando →
Xunto con: Recimir (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo niceno Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos (621–631) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTheodora Editar o valor en Wikidata
FillosRecimir, Liuvigoto, Agila Editar o valor en Wikidata
IrmánsGeila Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1528419 WikiTree: Balthes-8
Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.

Suintila (? - 634) foi rei dos visigodos entre os anos 621 a 631.

Combatía contra os territorios baixo poder bizantino na Península Ibérica desde o ano 620 á ordes de Sisebuto. Ao ano seguinte foi elixido rei, despois da morte de Recaredo II.

Xa rei, Suíntila proseguiu a loita contra os bizantinos que ocupaban partes da Bética desde o século VI. Conseguiu expulsalos e fortalecer o poder visigodo na Península Ibérica.

Outro proxecto do rei foi o de reforzar a autoridade da coroa fronte á nobreza e á Igrexa. Tentou trocar a sucesión electiva visigoda pola hereditaria, mais os poderes instalados reaccionaran fortemente contra tal disposición que crearía unha liña dinástica, convertendo esta tentativa no maior fracaso de Suíntila.

En 631 Sisenando, gobernador da Septimania, organizou unha conxura que puxo fin ao reinado de Suíntila. No IV Concílio de Toledo, en 633, presidido por Isidoro de Sevilla, arcebispo de Sevilla, Suíntila foi excomulgado e todos os seus bens foron confiscados. Nese mesmo concílio, Sisenando foi lexitimado como rei, restablecendo oficialmente o carácter electivo da monarquía visigoda. Suíntila morreu un ano despois.


Predecesor:
Recaredo II
 Rei dos visigodos 
621-631
Sucesor:
Sisenando

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]