Te quiero mal
Te quiero mal é unha curtametraxe española estreada en 2005 en Compostela, dirixida por Mireia Giró e protagonizada por Isabel Naveira.
Trama
[editar | editar a fonte]A protagonista é unha muller cega que vive soa e traballa como directora musical. Ten a vida organizada para ser autosuficiente malia a súa discapacidade. Sabe onde están situadas todas as cousas na súa vivenda: a cunca do almorzo no armario, o leite no frigorífico, as zapatillas ao pé da cama, as chaves, a toalla xunto á ducha ou a maquillaxe organizada para poder elixir as cores. Ten a axuda dun aparello co que sabe a cor das cousas. Ela oriéntase e conta os pasos para chegar onde desexa, por iso, cando se despista, pode ter un erro e cruzar a rúa por un lugar que non é o paso de peóns.[1]
Cando un home, Cristian, entra na súa vida, descoloca as cousas de uso diario, modificacións que poderían impedir a autonomía da protagonista. Cristian ignora as necesidades vitais e a orde física que facilita a accesibilidade á contorna vital da muller.[2] A curtametraxe mostra a cegueira como metáfora do amor, da atracción, que a protagonista permite entrar na súa vivenda. Deste xeito, cuestiona o amor tradicional como relación emocional irresponsable.[3]
Detalles
[editar | editar a fonte]O guión gañou o concurso Curtocircuíto 05, un Festival Internacional de Curtametraxes de Compostela, cuxo premio ofrece a rodaxe ou distribución en Festivais nacionais e internacionais. A curta conseguiu multitude de premios en moitos dos festivais aos que se presentou,[4] como o primeiro premio na XXVIII Semana Internacional da Curtametraxe de San Roque (Cádiz).[2]
A rodaxe realizouse en Compostela, a gravación do Mesías de Händel realizouna o Orfeón Terra A Nosa e a Radio Galega, e a Real Filharmonía de Galicia. Do deseño do vestiario da protagonista encargouse Roberto Torretta e as deseñadoras da curta, Inés Sainz e Alicia Sonlleva.[5] Isabel Naveira contou co asesoramento do Centro da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) de Pontevedra para interpretar o papel.[6]
Recoñecementos seleccionados
[editar | editar a fonte]- 2006 Primeiro premio da XXVIII Semana Internacional del Cortometraje de San Roque (Cádiz)
- 2007 Premio Kodak do Público no VIII Concurso Iberoamericano de Cortometrajes Versión Española-SGAE[4]
- 2007 Premio nas XII Jornadas de Cine Villa de La Almunia de Doña Godina[3]
Ficha técnica
[editar | editar a fonte]- Guión e dirección: Mireia Giró
- Repartición: Isabel Naveira, Monti Castiñeiras, Jose A. Perozo
- Música: Manu Riveiro
- Produción: Ficción Producciones
- Formato: HD / 35mm
- Duración: 16 minutos
- Estrea: 2005
- Xénero: Drama
- Emisión: Televisión de Galicia e Televisión Española
- Premios: 25
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Te quiero mal – Ficcion Producciones". Consultado o 2023-12-14.
- ↑ 2,0 2,1 Press, Europa (2006-02-13). "El corto 'Te quiero mal', ganador de 'Curtocircuito'05', premiado en la Semana del Cortometraje de San Roque (Cádiz)". Consultado o 2021-02-13.
- ↑ 3,0 3,1 Morales, Teresa (2007-05-04). "'Te quiero mal' de Mireia Giró: Cuando el amor se equivoca" (en castelán). Consultado o 2021-02-13.
- ↑ 4,0 4,1 "El corto gallego «Te quiero mal», premiado por los espectadores de «Versión española»" (en castelán). 2007-06-25. Consultado o 2021-02-13.
- ↑ "Torretta diseña el vestuario de la película «Te quiero mal»" (en castelán). 2005-08-20. Consultado o 2021-02-13.
- ↑ Silvestre, Por Juan (2020-05-18). "Isabel Naveira: “Yo ya venía calentita con las armas antes de ‘Vis a vis: El Oasis’”" (en castelán). Consultado o 2021-02-13.