Territorio da Capital Federal de Nixeria
Aparencia
Coord.: 8°50′N 7°10′L / 8.83, 7.17
O Territorio da Capital Federal é a unidade territorial e administrativa que abriga a capital de Nixeria, Abuja. A súa poboación estímase en 1.868.217 habitantes (2010).[1] Creouse o 3 de febreiro de 1976 de partes dos estados de Nasarawa, Níxer e Kogi. A diferenza do resto das subdivisións de Nixeria, non ten un goberno proveniente de eleccións, senón que a súa administración recae sobre alguén nomeado polo presidente de Nixeria.
Cunha área de 7.315 km², atópase ao norte da confluencia dos ríos Benue e Níxer, e limita co estado de Níxer polo oeste e norte, co estado de Kaduna polo nordeste, co estado de Nasarawa polo leste e sur, e co estado de Kogi polo suroeste.
Concellos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Worl Gazetteer"". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2013. Consultado o 24 de novembro de 2011. Páxina visitada o 24-11-2011.