Saltar ao contido

Testemuña de cargo (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Testemuña de cargo
Ficha técnica
Título orixinalWitness for the Prosecution
DirectorBilly Wilder
ProdutorArthur Hornblow Jr.
GuiónLarry Marcus
Billy Wilder
Harry Kurnitz
Baseado enThe Witness for the Prosecution, de Agatha Christie (1925)
IntérpretesTyrone Power
Marlene Dietrich
Charles Laughton
Elsa Lanchester
MúsicaMatty Malneck
FotografíaRussell Harlan
MontaxeDaniel Mandell
EstudioEdward Small Productions
DistribuidoraUnited Artists
Estrea17 de outubro de 1957
Duración116 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento2 millóns de dólares[1]
Recadación9 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0051201 Filmaffinity: 667376 Allocine: 4884 Rottentomatoes: m/witness_for_the_prosecution Allmovie: v55001 TCM: 21268 Metacritic: movie/witness-for-the-prosecution TV.com: movies/witness-for-the-prosecution Netlix: 60011588 Editar o valor en Wikidata

Testemuña de cargo (en inglés: Witness for the Prosecution) é un filme estadounidense de 1957 dirixido e coescrito por Billy Wilder e protagonizado por Tyrone Power, Marlene Dietrich, Charles Laughton e Elsa Lanchester. O filme, con elementos de cinema negro, representa un drama xudicial inglés. Ambientado en Old Bailey (Londres), baséase na obra teatral homónima de Agatha Christie e mostra o xuízo a un home acusado de asasinato. Reciciu seis candidaturas aos premios Óscar.

Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 5 de xuño de 1993.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Sir Wilfrid Robarts (Charles Laughton), un consagrado avogado con mala saúde, acepta como cliente a Leonard Vole (Tyrone Power), a pesar das obxeccións da súa enfermeira privada, Miss Plimsoll (Elsa Lanchester), que di que o doutor o avisou en contra de asumir calquera caso criminal. Vole está acusado de asasinar a Mrs Emily French, unha rica e vella viúva que se namorara del, ata o punto de convertelo no principal beneficiario do seu testamento. Fortes evidencias circunstanciais apuntan a Vole como asasino, mais Sir Wilfrid cre que é inocente.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Notas sobre o elenco

[editar | editar a fonte]
  • Testemuña de cargo foi o último filme que completou Power. Faleceu dun ataque cardíaco mentres estaba a rodar Solomon and Sheba.
  • Na vida real, Elsa Lanchester e Charles Laughton eran matrimonio.
  • Una O'Connor foi o único membro do elenco orixinal de Broadway que repetiu o papel no cinema. Foi tamén o seu último filme antes de retirarse da interpretación.
  1. "Hollywood Vanity". Variety: 24. 27 de novembro de 1957. 
  2. La Voz de Galicia, 5 de xuño de 1993. Páx. 79