The Bird Is the Most Popular Finger
«The Bird Is the Most Popular Finger» | ||
---|---|---|
sinxelo de Shellac | ||
Lanzamento | 22 de agosto de 1994 | |
Formato | ||
Gravada | ||
Xénero musical | post-hardcore | |
Lingua(s) | ||
Duración | ||
Discográfica | Drag City | |
Produtor(es) | Shellac | |
Escritor(es) | ||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"The Bird Is the Most Popular Finger" é o terceiro lanzamento da banda estadounidense Shellac. O título é unha parodia ao álbum The Pigeon Is the Most Popular Bird de Six Finger Satellite, e foi orixinalmente o título dun artigo sobre Shellac que apareceu na revista Alternative Press tras o lanzamento dos anteriores sinxelos do grupo. Trátase dun 7" con dúas cancións publicado o 22 de agosto de 1994 a través do selo Drag City. Foi o primeiro lanzamento de Shellac que non publicou Touch and Go Records.[1]
A primeiro canción, "The Admiral", é unha versión instrumental dun tema que apareceu posteriormente no álbum At Action Park, en outubro dese mesmo ano. "XVI" é unha versión alternativa da canción "Pull the Cup", tamén en At Action Park. As dúas cancións foron gravadas no apartamento de Todd Trainer, tal e como se documenta cunha impresión fotográfica incluída co sinxelo. O libreto detalla cada instrumento musical e cada peza de equio de gravación usada no sinxelo.[1]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Cara A
[editar | editar a fonte]- "The Admiral" - 2:33
Cara B
[editar | editar a fonte]- "XVI" - 3:42
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Shellac - The Bird Is The Most Popular Finger". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-30.