Saltar ao contido

The Hives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Hives
Howlin' Pelle Almqvist no Southside Festival 2004
OrixeFagersta, Suecia
Período1993 - presente
Xénero(s)punk rock, garage rock revival
Selo(s) discográfico(s)Universal Music, Polydor, Interscope
MembrosHowlin' Pelle Almqvist
Nicholaus Arson
Vigilante Carlstroem
Dr. Matt Destruction
Chris Dangerous
Na rede
https://www.thehives.com
IMDB: nm1246415 Facebook: hives Twitter: TheHives Instagram: thehives MySpace: thehives Youtube: UCELR12iIiikEonZtw39CvLQ Souncloud: the-hives Spotify: 4DToQR3aKrHQSSRzSz8Nzt iTunes: 994708 Last fm: The+Hives Musicbrainz: 487bfd74-71bf-46dd-b89c-80b7a0f06f2f Songkick: 171134 Discogs: 105733 Allmusic: mn0000074520 Deezer: 621 Genius: The-hives Editar o valor en Wikidata

The Hives é unha banda sueca de rock formada na cidade de Fagersta. Chegaron ao grande público coa edición do seu recompilatorio de grandes éxitos Your New Favourite Band, que contén o seu tema máis coñecido, "Hate to Say I Told You So". Un trazo característico da banda son os traxes brancos e negros que usan os seus membros nos directos.

A banda afirma que se formou en 1993 (aínda que foi en 1989 cun nome e cun son distinto) baixo a dirección de Randy Fitzsimmons. Fitzsimmons suxeríulles que creasen unha banda de garage rock. Fitzsimmons actúa como o compositor e Svengali do grupo. A banda gravou unha demo titulada Sounds Like Sushi en 1994 e o ano seguinte asinaron con Bleeding Heart, un selo sueco de skate punk. Un ano despois editaron o seu EP de estrea, Oh Lord! When? How?, e Almqvist decidiu promocionar a banda á discográfica Burning Heart.

En 1997 The Hives lanzaron o seu álbum de estrea Barely Legal (por un dos primeiros nomes artísticos do guitarrista Vigilante Carlstroem), e comezaron unha xira. O ano seguinte editaría on seu segundo EP A.K.A. I-D-I-O-T.

Veni Vidi Vicious e Your New Favourite Band

[editar | editar a fonte]

No mes de abril do ano 2000 aparecería o seu segundo álbum, titulado Veni Vidi Vicious, editado a través do selo Warner Music Group. A propia banda describiu o disco como "unha luva de veludo con puños americanos, brutal e sofisticado ao mesmo tempo". Do álbum sacáronse os sinxelos "Hate to Say I Told You So", "Main Offender", "Die, All Right!" e "Supply & Demand".

Despois de ver o vídeo de "Hate to Say I Told You So" na televisión alemá, Alan McGee (Oasis, Creation Records) decidiu levar a banda ao seu recentemente creado selo Poptones. Poptones editou o recompilatorio de grandes éxitos Your New Favourite Band no ano 2001, sendo este o traballo que os faría coñecidos, ao acadar o número 7 da lista británica de álbums. Despois do seu éxito, a banda re-editou os sinxelos "Hate to Say I Told You So" e "Main Offender" que conseguiron chegar aos portos 23 e 24 respectivamente na lista británica de sinxelos. O grupo tamén reeditou Veni Vidi Vicious nos Estados Unidos.

Durante a promoción de Veni Vidi Vicious e Your New Favourite Band The Hives conseguiu un contrato con Universal Music. Este feito levou a unha disputa entre a banda e Burning Heart, que afirmaba que The Hives asinara por un álbum máis no seu acordo.

Tyrannosaurus Hives

[editar | editar a fonte]

Despois dunha extensa xira, a banda regresou a Fagersta para gravar o seu terceiro álbum. O resultado foi Tyrannosaurus Hives, o seu primeiro material novo en catro anos. Este álbum incluía os exitosos sinxelos "Walk Idiot Walk" (que se estreou no número 13 das listas británicas), "Two-Timing Touch and Broken Bones" (que entrou no top 50) e "A Little More for Little You". Os temas "B is for Brutus" e "No Pun Intended" apareceron no videoxogo Gran Turismo 4 e SSX On Tour respectivamente. No ano 2006 a súa canción "Diabolic Scheme" usouse na película de vampiros Frostbiten.

The Black and White Album

[editar | editar a fonte]
O guitarrista Nicholaus Arson no Noroeste pop-rock da Coruña

O sitio web de The Hives foi reformado na segunda semana de agosto do 2007, aparecendo cun novo deseño. A páxina revelaba a portada e o título do primeiro sinxelo, "Tick Tick Boom", do seu novo álbum, que sería lanzado o 14 de agosto nos Estados Unidos e o 8 de outubro no Reino Unido. A datas de edición do novo traballo, The Black and White Album, serían o 15 de outubro no Reino Unido polo selo Polydor e o 13 de novembro nos Estados Unidos polo A&M/Octone.

The Hives apareceron con ese primeiro sinxelo nun anuncio da marca deportiva Finish Line, e nun anuncio de Nike coa canción "Return The Favour". O seu tema "Try It Again" apareceu nun trailer da película estadounidense Get Him To The Greek. "Tick Tick Boom" sería usado en máis anuncios, incluídos o da tempada 2007 da canle NFL Network, o da serie da CBS Jericho, a serie Burn Notice, e tamén as películas Jumper, MacGruber e Get Smart, e ademais foi a sintonía oficial das Survivor Series 2007.

O 2 de outubro do 2008 Nicholaus Arson puxo unha entrada no diario da páxina da banda dicindo que os membros íanse tomar un descanso despois de que rematase a xira de presentación de The Black and White Album.

O 2 de xullo do 2010, a banda editou un EP titulado Tarred and Feathered, onde versionan os temas "Civilization's Dying" de Zero Boys, "Nasty Secretary" de Joy Rider & Avis Davis e "Early Morning Wake Up Call" de Flash and the Pan.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Barely Legal 1997 Burning Heart Records
Veni Vidi Vicious 2000 Burning Heart Records
Tyrannosaurus Hives 2004 No Fun, Interscope, Polydor
The Black and White Album 2007 A&M Octone, Polydor
Lex Hives 2012 Disques Hives
The Death of Randy Fitzsimmons 2023 Disques Hives

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • Your New Favourite Band - 2001 (Poptones/Burning Heart/Epitaph/Sire/Reprise)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]