Tina Turner
Anne Mae Bullock, nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939 e finada o 24 de maio de 2023[1] en Küsnacht (Suíza), foi unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alongou durante mais de cincuenta anos, foi unha dos principais expoñentes do rock, e foi alcumada a "Raíña do Rock".[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou co sinxelo A fool in love[1] e a artista fíxose famosa a finais dos anos 1950, formando parte do dúo Ike & Tina Turner Revue, xunto o que se convertería no seu marido Ike Turner.[4] Ela destacou pola acción das súas actuacións ao vivo e pola súa carga sexual.[5] Trala súa separación de Ike, nos anos 1970, estableceuse como solista.
Tras varios anos afastada da escena musical, en 1984, foi protagonista un dos regresos de máis éxito da historia co seu álbum Private Dancer no que orientou a súa música mais cara ao Rock que a faría mundialmente famosa, fronte o R&B e Soul que caracterizaron as gravacións da Revue. Do mesmo xeito, actuou en diversas películas, como Tommy, Mad Max alén da cúpula do trono e O derradeiro grande heroe, entre outras.
As súas composicións, gravacións e interpretacións fixérona acredora de diversos galardóns e recoñecementos, entre eles oito premios Grammy. O seu nome forma parte do Paseo da Fama de Hollywood. Foi nomeada pola revista Rolling Stone como "unha das mais grandes intérpretes de tódolos tempos", con posición no posto número 17, superando a músicos como Michael Jackson e Prince, entre moitos outros.[6]
Tina Turner é coñecida polas súas enerxéticas actuacións ao vivo, a súa poderosa voz e a súa lonxeva traxectoria.[7] Tamén por posuír as mellores pernas sobre un escenario, que aínda hoxe ós 70 anos, son quen de rivalizar coas dunha xove de 20 anos. Ten vendido máis de 180 millóns de álbums en todo o mundo.[8][9] Tina posúe o Récord Guiness como a artista en solitario que máis entradas de concertos ten vendido na historia da música.[7][10] En 2008 abandonou o seu medio-retiro para percorrer o mundo coa súa xira Tina!: 50th Anniversary Tour, que se prolongou o longo tamén de 2009, sendo un dos tours máis rendibles dese ano.[11]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Tina Turns the Country On! (1974)
- Acid Queen (1975)
- Rough (1978)
- Love Explosion (1979)
- Private Dancer (1984)
- Break Every Rule (1986)
- Foreign Affair (1989)
- Wildest Dreams (1996)
- Twenty Four Seven (1999)
Álbums recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Simply the Best (1991)
- The Collected Recordings - Sixties to Nineties (1994)
- All the Best (2004)
- Tina!: Her Greatest Hits (2008)
- The Platinum Collection (2009)
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]- Tina Live in Europe (1988)
- VH1 Divas Live '99 (1999)
- Tina Live (2009)
Tours
[editar | editar a fonte]- 1978–1979: Wild Lady of Rock Tour
- 1982–1984: Nice 'n' Rough Tour
- 1985: Private Dancer Tour
- 1987–1988: Break Every Rule Tour
- 1990: Foreign Affair Tour
- 1993: What's Love? Tour
- 1996–1997: Wildest Dreams Tour
- 2000: Twenty Four Seven Tour
- 2008–2009: Tina!: 50th Anniversary Tour
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (24 de maio de 2023). "Morre a cantante Tina Turner aos 83 anos". nosdiario.gal. Consultado o 25 de maio de 2023.
- ↑ New York Times. "Tina Turner: Queen of Rock 'n' Roll" (en Ingles). Consultado o 15 de xullo 2009.
- ↑ Davidson, Mike (2023-05-24). "'Queen of rock 'n' roll' Tina Turner dies at 83". Reuters (en inglés). Consultado o 2023-05-24.
- ↑ Bego, Mark (23-09-2005) [2003]. Editorial Taylor Trade, ed. Tina Turner: Break Every Rule. ISBN 1589792531.
- ↑ Tomfraley.com. "Tina Turner 'One More Time: Live in Concert'" (en Ingles). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2009.
- ↑ Biography.com. "Biography on Tina Turner" (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2009.
- ↑ 7,0 7,1 Reuters.com. "Amway Global to be Presenting Sponsor of 'Tina Turner Live in Concert' 2008" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2009. Consultado o 15 de xullo de 2009.
- ↑ "Tina Turner heads for Brum city limits". Express & Star. 2008-09-23. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2009. Consultado o 2008-10-27.
- ↑ Terry, Al (2008-09-21). "Tina Turner Live Tickets – One Of The Biggest Selling Concert Tickets Ever". Pressemeldungen.at. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2009. Consultado o 2008-10-27.
- ↑ Busnar, Gene (1987). F. Watts Publishers, ed. The Picture Life of Tina Turner. 2007 (Library Binding ed.). ISBN 0-531-10297-1.
- ↑ USA Today. "Tina Turner is back by popular demand" (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tina Turner |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Tina Turner Blog (en inglés)
- Tina Turner en IMDb (en inglés)
- Sitio oficial (en inglés)
- Tina Turner no Rock and Roll Hall of Fame (en inglés)
- Discografía de Tina Turner en Discogs (en inglés)