Tributo
Aparencia
Un tributo é unha prestación pecuniaria de carácter coactivo establecida polo Estado ou outro Ente Público, de acordo cos procedementos establecidos no ordenamento xurídico e coa finalidade ou obxectivo primordial de financiar gastos públicos.
Clasifición dos tributos
[editar | editar a fonte]- Taxas: feito impoñible consistente na prestación dun servizo ou a realización dunha actividade administrativa que beneficie ao suxeito pasivo se:
- Son de solicitude ou recepción obrigatoria.
- Non poden prestarse polo sector privado.
- Contribucións especiais: feito impoñible consistente na obtención dun beneficio ou dun aumento de valor dos seus bens, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento de servizos públicos.
- Impostos: tributos esixidos sen contraprestación cuxo feito impoñible está constituído por negocios, actos ou feitos de natureza xurídica ou económica que poñen de manifesto a capacidade contributiva, como consecuencia da posesión dun patrimonio, a circulación ou a adquisición ou gasto da renda.
O poder tributario español
[editar | editar a fonte]- Estado: a potestade orixinaria para establecer os tributos corresponde exclusivamente ao Estado mediante lei.
- Comunidades autónomas: poden establecer e esixir tributos de acordo coa Constitución e as leis. As Comunidades autónomas gozan de autonomía financeira para o desenvolvemento e a execución das súas competencias consonte o principio de coordinación coa Facenda estatal e de solidariedade entre todos os españois.
- Corporacións locais: os concellos e deputacións tamén poden establecer tributos de acordo coa Constitución española e as leis. Carecen de potestade lexislativa e deben contar coa facultade expresa dunha lei.
Fontes do dereito tributario español
[editar | editar a fonte]- Constitución.
- Tratados e convenios internacionais.
- Normas comunitarias: decisións, directivas e regulamentos.
- Leis, regulamentos, decretos e ordes ministeriais.
- Dereito supletorio: disposicións xerais do Dereito administrativo e preceptos do Dereito común.