Ulrich Klein
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1942 Stuttgart, Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Tubinga. |
Q89547790 | Estudos de numismática de Suabia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, historiador, filólogo clásico |
Premios | |
· (1990): Otto P. Wenger. · (1993): Premio da GIG. · (1996): Premio literario AINP. · (2005): J. de Vermeil (SFN). · (2017): Eligiuspreis (DNG). | |
Lista
|
Ulrich Klein, nado o 7 de outubro de 1942 en Stuttgart, é un numismático alemán.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de traballar como profesor de Filoloxía Clásica na Universidade de Tubinga, entre 1981 e 2007 Klein traballou como numismático ocupándose da xefatura do gabinete numismático do Museo Estatal de Württemberg, en Stuttgart.
Así mesmo, Ulrich Klein foi o representante do Estado de Baden-Württemberg na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, e entre 1981 e 2012 presidiu a Asociación de Estudos de Moedas de Württemberg.
Klein forma parte do consello editorial da Sociedade Suíza de Numismática, que edita a revista Schweizerische Numismatische Rundschau.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Con motivo do seu 65 aniversario, en outubro de 2005, o Museo Estatal de Württemberg dedicou á figura de Ulrich Klein unha medalla creada por Peter Götz Güttler.[3]
Premios
[editar | editar a fonte]- (1990): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos.[4][5]
- (1993): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG), de Frankfurt.[6]
- (1996): Premio Literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[7]
- (2005): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática.[8]
- (2017): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá.[9][10]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Klein é autor dun bo número de artigos publicados en revistas especializadas e tamén de diversos traballos monográficos, algúns deles considerados como referencia no estudo da historia da moeda e do diñeiro na rexión de Suabia.[11][12]
- (1991). Die Württembergischen Münzen von 1798-1873. Ein Typen-, Varianten- und Probenkatalog (con A. Raff). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-980-27061-0
- (1992). Die Württembergischen Münzen von 1693-1797. Ein Typen-, Varianten- und Probenkatalog (con A. Raff). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-980-63774-3
- (1993). Die Württembergischen Münzen von 1374-1693. Ein Typen-, Varianten- und Probenkatalog (con A. Raff). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgar. ISBN 3-980-63775-1
- (1995). Die Württembergischen Medaillen von 1496-1797 (einschließlich der Münzen und Medaillen der weiblichen Angehörigen) (con A. Raff). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-980-63776-X
- (1997). Die Münzen und Medaillen von Esslingen (con A. Raff). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart.ISBN 3-980-63778-6
- (2010). Die württembergischen Medaillen von 1864-1933. Einschließlich der Orden und Ehrenzeichen (con A. Raff). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-936-04702-2
- (2013). Die Münzen und Medaillen der württembergischen Nebenlinien (Mömpelgard, Neuenstadt, Oels und Weiltingen) (con A. Raff). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-936047-03-0
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Klein, Ulrich Arquivado 29 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Deutsche Biographie.
- ↑ "Editorial Board of the SNS Arquivado 29 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Société Suisse de Numismatique -SSN-; Schweizerische Numismatische Gesellschaft -SNG-; Società Svizzera di Numismatica -SSN-
- ↑ "Medaille zum 65. Geburtstag von Ulrich Klein". Landesmuseum Württemberg (https://bawue.museum-digital.de)
- ↑ "Otto Paul Wenger-Preis". NumisPost (www.numis-online.ch).
- ↑ "Otto Paul Wenger Preis an Wiener Forscher". En Münzen Woche. 7 de xullo de 2011.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte .
- ↑ "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "Eligius-Preis 2017 für Ulrich Klein". En Münzen Woche. 22 de decembro de 2016.
- ↑ "Klein, Ulrich 1942- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Klein, Ulrich 1942-". WorldCat Identities.