Urco Editora
Urco Editora | |
---|---|
Tipo | Editora |
Fundación | 2007 |
Localización | Santiago de Compostela |
Na rede | |
http://urcoeditora.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Urco Editora é unha empresa editorial galega con sede en Santiago de Compostela que comezou a súa andaina en 2007[1] publicando literatura de fantasía, ciencia ficción, tanto traducida como escrita orixinalmente en galego.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Ten publicado títulos como Unha viaxe á Lúa de George Tucker ou O castelo de Otranto de Horace Walpole, entre outros. Distribuíu os seus libros a través da Distribuidora Pragma.[2] e máis tarde polo Consorcio Editorial Galego[3]. Tomás González e Rodrigo Vizcaíno[4] foron os máximos responsábeis da empresa durante a primeira etapa, namentres que David Cortizo Conde[5] e Andrea Jamardo foron as cabezas visíbeis na etapa posterior, durante a cal se lle concedeu un maior peso á literatura infantil e xuvenil fronte á literatura traducida que caracteriza os primeiros anos de produción editorial[6].
A editorial organiza dende 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sobre nós", na páxina web da editorial.
- ↑ Nova distribuídora editorial en Galicia, Galiciaconfidencial, 31 de maio de 2011.
- ↑ Puntos de venda na páxina web da editorial.
- ↑ Entrevista con Rodrigo Vizcaíno en La Voz de Galicia.
- ↑ Hai moitos lectores que podemos gañar para os libros en galego, entrevista a Cortizo en Biosbardia o 19 de xaneiro de 2015.
- ↑ Á literatura galega non lle queda outra que estar na vangarda, entrevista a Cortizo no Diario de Pontevedra, 11 de marzo de 2018.