Saltar ao contido

Víctor Pablo Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Pablo Pérez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX944896 Musicbrainz: 4047fae9-4ecb-4f72-bc22-6abaa3e56ecd Discogs: 1847462 Allmusic: mn0002344922 Editar o valor en Wikidata


Víctor Pablo Pérez Pérez, nado en Burgos o 15 de marzo de 1954,[1][2] é un director de orquestra español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo os seus estudos musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid e na Hochschule für Musik de Múnic.[3]

Víctor Pablo Pérez dirixindo a OSG.

Entre 1980 e 1988 foi o director artístico e titular da Orquestra Sinfónica de Asturias. En 1987 foi o principal director invitado da Orquestra Nacional de España (ONE). Desde 1986 a 2005 foi o director artístico e titular da Orquestra Sinfónica de Tenerife (OST). E desde 1993 a 2013, foi o director artístico e titular da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).[3][4]

Colabora habitualmente co Teatro Real de Madrid, o Gran Teatre del Liceu de Barcelona, o Festival Mozart da Coruña, e en diversos festivais internacionais de música das Canarias, Perelada, Granada, Santander, Schleswig-Holstein, Festival Bruckner de Madrid, e no Rossini Opera Festival (ROF), o Festival de San Lorenzo de El Escorial e na Quincena Musical de Donostia-San Sebastián.[3]

Desde a temporada 2013-2014 foi designado director artístico e titular da Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid (ORCAM).[3]

Colaboracións

[editar | editar a fonte]

Víctor Pablo Pérez, ademais de dirixir habitualmente a práctica totalidade das orquestras españolas, foi chamado como director invitado por diferentes formacións internacionais como:

Así mesmo colabora habitualmente con grandes solistas como C. Zimerman, G. Sokolov, A. Volodos, L. O. Andens, P. Lewis, R. Blezatz, F. P. Zimermann, J. Rachlin, L. Kavakos, A. S. Mutter, Midori, Gil Saham, N. Zneider, S. Chang, A. Steinbacher, G. Kremer, M. Vengerov, R. Fleming, Mª Bayo, A. Arteta, N. Dessay, N. Stuzmman, E. Podles, V. Kasarova, F. Cedolins, I. Mula, P. Domingo, R. Villazón, C. Álvarez, J. Bros, Mª J. Moreno, A. Murray e M. Barrueco, por só citar algúns.[3]

Distincións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]