Valence, Drôme
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
Departamento | Drôme | ||||
Distritos | arrondissement of Valence (en) | ||||
Capital de | Drôme arrondissement of Valence (en) canton of Valence-4 (en) (2015–) canton of Valence-1 (en) (2015–) canton of Valence-2 (en) (2015–) canton of Valence-3 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 64.483 (2021) (1.757,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921885 | ||||
Superficie | 36,69 km² | ||||
Bañado por | Río Ródano | ||||
Altitude | 123 m-106 m-191 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Valence (en) | Nicolas Daragon (pt) (2014–sen valor) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 26000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Asti (1966–) Biberach an der Riß (1967–) Clacton-on-Sea (pt) (1969–) Ijevan (pt) (1996–) Gedera (en) (1997–) Batrun (2005–) | ||||
Páxina web | valence.fr | ||||
Valence (Valença en occitano), tamén chamada Valence-sur-Rhône, é unha cidade do sueste de Francia, capital do departamento de Drôme (26), na beira esquerda do río Ródano. A poboación do concello (commune) era de 66.568 habitantes en 2007.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade desenvolveuse, historicamente, sobre catro terrazas fluviais do Ródano, aínda que a máxima altura é de apenas 109 m sobre o nivel do mar. As dúas terrazas máis achegadas ao río corresponden ao núcleo máis antigo e as outras dúas ao casco urbano máis moderno.
Economía
[editar | editar a fonte]É unha cidade industrial e, sobre todo, de servizos. Segundo datos de 2005, o 76,5 % da poboación activa traballaba no sector servizos; o 22,6 % no sector industrial e a construción e só un 0,9 % estaba inscrita no sector agrario. As industrias principais de Valence son agroalimentarias, téxtiles, metalúrxicas, de construcións mecánicas e electrónicas.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Valence é unha cidade monumental da que se poden destacar varios pazos e mansións, entre outros:
- a Maison du Drapier (Casa do Paneiro), do século XII, restaurada no XIX;
- a Maison de la Pra, do século XV;
- a Maison des Têtes (Casa das Cabezas), mansión de 1528-32;
- o Hôtel Dupré la Tour, século XVI.
Entre os edificios relixiosos sobresaen:
- a catedral de Saint-Apolinaire, século XI, románica;
- a igrexa de Saint-Jean-Baptiste, dos séculos XI e XII, con torre-pórtico neorrománica do século XIX.
- O Pendentif, datado en ca. 1548, é un monumento funerario en honra ao cóengo Nicolas Mistral.
Outra serie de monumentos son máis recentes, como:
- o Teatro, edificio á italiana, erguido en 1837, con recentes restauracións;
- o Quiosco Peyret, un palco de música que data de 1860.
O Museo de Belas Artes foi creado en 1850 e instalado no antigo pazo bispal en 1911.
Ademais a cidade conta cun total de 40 km de canles, algúns orixinarios da Idade Media, dos cales 8 km poden ser usados como rutas de paseo.
Nativos famosos
[editar | editar a fonte]- Paul Ricœur (1913), filósofo.
- Jacques Tardi (1946), debuxante de bandas deseñadas.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |