Saltar ao contido

Verano azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Verano azul
FormatoDrama-Comedia
Creado porAntonio Mercero
IntérpretesAntonio Ferrandis
María Garralón
José Luis Fernández
Juan José Artero
Miguel A. Valero
Miguel Joven
Cristina Torres
Pilar Torres
Gerardo Garrido
Tema de aperturaCarmelo Bernaola
País de orixeEspaña
Episodios19
Produción
Duración60 min
Emisión orixinal
Canle de orixeTVE
Primeiro episodio11 de outubro de 1981
Derradeiro episodio14 de febreiro de 1982
Na rede
http://www.rtve.es/television/verano-azul/
IMDB: tt0077094 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Verano azul foi unha serie de televisión de Televisión Española producida en 1981 e dirixida por Antonio Mercero. Foi rodada durante 16 meses, entre finais de agosto de 1979 e decembro de 1980, na localidade malagueña de Nerja e nas granadinas Motril e Almuñécar.[1]

A emisión orixinal tivo lugar na primeira cadea de RTVE entre o 11 de outubro de 1981 e o 14 de febreiro de 1982. O horario de emisión era dende as 16.05 h na tarde do domingo. Consta de 19 episodios de aproximadamente unha hora de duración cada un. Foi unha serie custosa en tempo e diñeiro. Entre escritura do guión, localizacións, rodaxe e montaxe tardou aproximadamente tres anos en estar lista para ser mostrada ao público.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

A serie relata as aventuras de varios amigos, nenos e adolescentes, en vacacións de verán nunha localidade da Costa do Sol. Aínda que nunca se nomea a devandita localidade na serie, trátase de Nerja, en Málaga, así como Motril e Almuñécar, en Granada.

Trátase das aventuras dunha cuadrilla composta por cinco rapaces e dúas rapazas de diferentes idades, entre os oito e os dezasete anos, aproximadamente, e dous adultos próximos: unha pintora e un mariño retirado.

Na súa banda sonora recupéranse cancións como "No nos moverán" de Joan Baez ou "Amor de verano" do Dúo Dinámico que volve adquirir popularidade entre o público máis novo en España.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Principais

[editar | editar a fonte]
  • Chanquete (Antonio Ferrandis), vello mariñeiro que vive en 'La Dorada 1ª', un barco de pesca habilitado como casa en terra.
  • Tito (Miguel Joven), en realidade chámase Francisco e é o máis pequeno da cuadrilla. O actor que lle deu vida, Miguel Joven, tiña só 6 anos e medio cando comezou a rodaxe. Compañeiro de Piraña e irmán de Bea.
  • Bea (Pilar Torres), irmá de Tito, é a guapa do grupo, cuxo amor se disputan Javi e Pancho.
  • Javi (Juan José Artero) é o líder da cuadrilla. Orgulloso e independente, choca a miúdo co seu pai, defensor da man dura e dos vellos valores.
  • Pancho García (José Luis Fernández) é o repartidor dunha tenda de alimentación rexentada polos seus tíos, cos cales vive.
  • Piraña (Miguel Ángel Valero) chámase en realidade Manolito, pero chámano deste modo debido á súa voracidade. É enxeñoso e culto, e compañeiro habitual de Tito.
  • Quique (Gerardo Garrido), é o mellor amigo de Javi, situado entre os dous rapaces maiores e os dous pequenos, é un personaxe algo esvaecido.
  • Desi (Cristina Torres), inseparable amiga de Bea e filla de pais separados, o que na época era toda unha novidade: é comentario habitual entre os pais dos demais rapaces.
  • Julia (María Garralón) é unha pintora solitaria de vacacións na vila. Nun dos capítulos revélase o motivo da súa soidade.

Secundarios

[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]

Premios TP de Ouro 1981

Categoría Persoa Resultado
Mellor serie nacional Gañadora
Mellor actor Antonio Ferrandis Gañador

Fotogramas de Prata 1981

Categoría Persoa Resultado
Mellor intérprete de televisión Antonio Ferrandis Candidato
  • Festival de Televisión de Praga (1981).
  1. ideal.es (30 de xuño de 2014). "Verano Azul na Costa Tropical" (en español). 
  2. Yanke, Rebeca (03/03/2010). "O 'remake' dunha serie mítica: 'Verano azul'" (en español). El Mundo. Arquivado dende o orixinal o 16/12/2009. Consultado o 08/07/2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]