WOW air
WOW air | ||
---|---|---|
IATA WW | OACI WOW | Indicativo WOW AIR |
Fundación | novembro de 2011 | |
Inicio das operacións | 31 de maio de 2012 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Reiquiavik-Keflavík | |
Frota | 18 | |
Destinos | 38 | |
Páxina web: https://wowair.com/ |
WOW air é unha aeroliña de baixo custo islandesa centrada en voos transatlánticos. A compañía ten a súa sede en Reiquiavik e está baseada no aeroporto de Keflavík.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]WOW air fundouse en novembro de 2011[2] e realizou o seu voo inaugural en maio de 2012.[3] O seu fundador foi o empresario Skúli Mogensen,[2] cunha ampla experiencia comercial, principalmente en empresas tecnolóxicas en Islandia, Europa e Norteamérica.
En outubro de 2012 WOW air mercou as operacións e a rede de Iceland Express.[4] Iceland Express operaba voos a varios destinos en Europa e Norteamérica usando avións alugados. A finais dese mes, tras a compra das súas operacións, incrementáronse as frecuencias dos voos a Londres-Gatwick e a Copenhague e comezaron novos servizos a Berlín-Schönefeld, Kaunas, Salzburgo e Varsovia-Chopin. A aeroliña transportou uns 400 000 pasaxeiros en 2013. En decembro de 2014 a WOW air transportou ao seu viaxeiro 1 millón.[3]
Dende o ano 2015 WOW air comezou a espandirse cara Norteamérica, primeiro nos Estados Unidos e despois no Canadá a partir de maio de 2016.[5][6] Os voos cara Os Ánxeles e San Francisco comezaron en xuño de 2016 usando dous avións Airbus A330-300 alugados a Air Europa.[7]
Frota
[editar | editar a fonte]En xuño de 2017 a frota de WOW air estaba formada polos seguintes avións:[8][9]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
W | Y | Total | ||||
Airbus A320-200 | 2 | — | — | 174 | 174 | Un operado por Avion Express[8] |
Airbus A320neo | 1 | — | — | 180 | 180[10] | |
Airbus A321-200 | 4 | 4[11][12][13] | — | 200 | 200 | |
1 | 208 | 208 | ||||
3 | 218 | 218 | ||||
3 | 220 | 220 | ||||
Airbus A321neo | 1 | 1[14] | — | 218 | 218 | |
Airbus A330-300 | 1 | — | 21 | 324 | 345[15] | |
2 | 27 | 318 | 345[16] | |||
Airbus A330-900neo | — | 4[13] | TBA | 365 | As entregas comezarán en 2018[13] | |
Total | 18 | 9 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ WOW air (ed.). "Contact Us". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Business Insider (ed.). "The CEO of the hottest budget airline reveals how he turned Iceland into everyone's favorite new vacation destination". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 WOW air (ed.). "Our story". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Jewish Press (ed.). "Iceland’s WOW Air to Offer Tel Aviv – New York $149 RT Flights". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ USA Today (ed.). "WOW Air expands to Canada, rolls out $75 flights to Iceland". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ USA Today (ed.). "WOW Air CEO bullish on U.S. market". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ WOW air (ed.). "Los Angeles and San Francisco are now on the WOW air map and we couldn't be more excited". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 Icelandic Transport Authority (ed.). "Aircraft Registry Lookup". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ WOW air (ed.). "Meet the fleet". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Airways Mag (ed.). "WOW Air Takes Delivery Of Its First A320neo". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Iceland's WOW Air to lease five A320 Family jets from ALC". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Airbus (ed.). "WOW air orders four A321s". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 ch-aviation (ed.). "Iceland's WOW air to lease four A330neo from CIT Aerospace". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Iceland's WOW air adds maiden A321neo". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ WOW air (ed.). "A330 seating guide TF-GAY" (PDF). Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ WOW air (ed.). "A330 seating guide TF-WOW / TF-LUV" (PDF). Consultado o 25 de marzo de 2018.