Xenofonte de Atenas
Nome orixinal | (el) Ξενοφών |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 430 a. C. Erchia, Antiga Atenas (en) |
Morte | c. 354 a. C. (75/76 anos) Corinto, Grecia |
Estratego | |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | historiador, militar, filósofo, Mercenario, escritor |
Profesores | Sócrates, Pródico de Ceos e Isócrates de Atenas |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Diodorus, Grilo (filho de Xenofonte) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Enciclopedia militar Sytin |
Xenofonte ou en grego Ξενοφῶν, nado no 430 a. C. e finado no 354 a. C., foi un historiador, militar e filósofo grego, coñecido polos seus escritos sobre a cultura e historia de Grecia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nace en Atenas no demo de Erquia, na segunda metade do século -V, no seo dunha familia acomodada. A súa infancia e mocidade transcorreron durante a Guerra do Peloponeso (431-404) na que participou formando parte das forzas ecuestres. Foi discípulo de Sócrates, e escribiu diálogos inspirados na súa persoa. Durante o goberno dos Trinta Tiranos, Xenofonte uniuse a unha expedición de mercenarios gregos a Persia coñecida como a Expedición dos Dez Mil, contratados polo príncipe persa Ciro o Xove (con quen trabou amizade), que se enfrontaba co seu irmán máis vello Artaxerxes II, o rei de Persia. Á morte de Ciro na batalla de Cunaxa, a expedición quedou abandonada á súa sorte, polo que se tivo que abrir paso a través de 1.500 quilómetros de territorio hostil ata chegar ao mar en Trapezonte, onde se puido escoitar o famoso berro «θάλαττα! θάλαττα! / thalatta! thalatta!» (« O mar! O mar!») lanzado polos gregos ao enxergaren o Ponto Euxino á saída das montañas. O relato de Xenofonte sobre esta expedición leva por nome Anábasis, e é a súa obra máis coñecida.
Tras regresar a Grecia, Xenofonte entra ao servizo do rei espartano Axesilao II, que comandaba un corpo expedicionario grego para protexer as cidades gregas de Asia Menor dos persas (-396). Con todo, a alianza grega pronto se rompeu e no -394 tivo lugar a batalla de Coronea, na que Esparta se enfrontou a unha coalición de cidades gregas da que formaba parte Atenas. Xenofonte tomou parte na batalla, ao servizo de Axesilao, polo que foi desterrado da súa patria. En calquera caso, os espartanos distinguírono primeiro coa proxenía (honores concedidos a un hóspede estranxeiro) e máis tarde cunha leira en territorio eleo, en Escilunte, preto de Olimpia, na que comezou a escribir parte da súa prolífica obra. Aquí uníuselle a súa esposa, Filesia, e os seus fillos, os cales foran educados en Esparta.
No -371 tivo lugar a batalla de Leuctra, trala cal os eleos recuperaron os territorios que lles foron arrebatados previamente por Esparta, e Xenofonte tivo que trasladarse a Corinto. Ao tempo, o poder emerxente de Tebas orixinou unha nova alianza espartano-ateniense contra Tebas, polo que lle foi levantada a prohibición de volver á súa patria. Con todo, non hai evidencia de que Xenofonte retornase a Atenas.
Nas súas obras maniféstase hostil cara á democracia ateniense e oriéntase cara a formas máis autoritarias, como as que coñeceu en Esparta e en Persia.
Obra
[editar | editar a fonte]- Anábasis (Ἀνάϐασις / Anabasis), relato da expedición de Ciro o Novo e da retirada dos Dez Mil;
- Helénicas (Ἑλληνικῶν / Hellênikôn), continuación da Historia de Tucídides;
- Apoloxía de Sócrates (Ἀπολογία Σωκράτους/ Apologia Sôkratus), sobre a morte de Sócrates;
- Memorábeis (Ἀπομνημονευμάτων/ Apomnêmoneumatôn), relatos sobre a vida de Sócrates onde Xenofonte se erixe en voceiro do seu antigo mestre;
- A Ciropedia (Κύρου Παιδείας / Kurou Paideias), vida novelada de Ciro II que pretende ser unha refutación da República de Platón;
- Constitución dos Lacedemonios (Λακεδαιμονίων Πολιτεία / Lakedaimoniôn Politeia), apoloxía de Esparta;[1]
- Económico (Οἰκονομικός/ Oikonomikos), sobre a administración dunha propiedade agrícola;
- Tratado de equitación, sobre os principios a seguir na escolla e educación dun cabalo de guerra e sobre a equitación
- Hiparco, tratado destinado a un xove comandante da cabalaría;
- Hierón, pequeno libro sobre a tiranía;
- Os ingresos, libro de reformas económicas preconizadas para a cidade de Atenas;
- Axesilao, biografía apoloxética do rei de Esparta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Versión en galego Arquivado 16 de abril de 2021 en Wayback Machine. na páxina web de Rinoceronte Editora.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- J.K. Anderson, Xenophon, London Classical Press, Londres, 2001 ;
- H.R. Breitenbach, q.v., Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft, 9A2, 1967, col. 1569–2052 ;
- E. Delebecque, Essai sur la vie de Xénophon, Belles Lettres, París, 1957 ;
- J. Luccioni, Les idées politiques et sociales de Xénophon, publications de la Sorbonne, París, 1957.
- E-books en liña coas obras de Xenofonte (Proxecto Gutenberg (en inglés)
- Agesilaus
- Anabasis
- The Apology
- The Cavalry General
- Cyropaedia
- The Economist
- Hellenica
- Hiero
- The Memorabilia
- On Horsemanship
- On Revenues
- The Polity of the Athenians and the Lacedaemonians
- The Sportsman
- The Symposium
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Dez Mil;
- outros historiadores da época clásica: Heródoto, Tucídides, Teopompo, Éforo de Cime.
- Sócrates | Platón | Alcibíades | Isócrates | Arriano de Nicomedia |