Xoán XI, papa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 910 Roma, Italia |
Morte | 936 (25/26 anos) Roma, Italia |
125º Papa | |
marzo de 931 (Gregoriano) – decembro de 935 ← Estevo VIII – León VII → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Influencias | |
Outro | |
Título | Conde |
Pais | Serxio III e Marozia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:John XI. Encyclopædia Britannica |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Xoán XI, nado en Roma en 910 e finado en Roma en decembro de 935, foi papa da Igrexa católica de 931 a 935, elixido aos vinte anos de idade. Sétimo papa do período coñecido como «pornocracia» e nº 125 desde San Pedro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo ilexítimo de Marozia e do papa Serxio II segundo o historiador Liutprando de Cremona ou o Liber Pontificalis, outras fontes atribúen ao primeiro marido daquela, Alberico I, a paternidade do futuro papa.
Destinado desde a súa infancia á carreira eclesiástica, a pesar da súa vida disoluta e total falta de espiritualidade. Foi elixido papa grazas ás intrigas de Marozia, pasando a converterse -do mesmo xeito que os seus predecesores no solio pontificio- nun monicreque en mans da súa poderosa nai.
Durante o seu pontificado concedeu á abadía de Cluny o privilexio de incluír baixo a súa xurisdición as abadías que fosen reformadas segundo as súas regras, o que supuxo que o abade Hugo alcanzase un poder e unha influencia enorme.
É o último papa do período coñecido como "pornocracia" xa que durante o seu pontificado, a súa nai, Marozia, caeu en desgraza e perdeu todo o poder que mantivera desde a elección como papa, en 904, de Serxio III.
Dita caída iníciase cando Marozia casa por terceira vez en 932 co rei de Italia Hugo de Arlés o que fixo rebelarse ao conde Alberico o Mozo, un fillo froito do primeiro matrimonio de Marozia, o cal expulsou de Roma ao seu novo padrasto e mandou encarcerar, no castelo de Sant'Angelo, á súa nai e ao seu medio irmán o papa Xoán XI.
Roma convértese nun ducado independente ao mando de Alberico o cal co apoio de Hugo, o abade da poderosa abadía de Cluny, dirixirá a política eclesiástica da Igrexa durante os seguintes papados.
Xoán XI faleceu recluído en decembro de 935.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán XI, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |