Xoana I de Navarra
Nome orixinal | (fr) Jeanne I de Navarre |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de xaneiro de 1273 Bar-sur-Seine, Francia |
Morte | 2 de abril de 1305 (32 anos) Vincennes, Francia |
Causa da morte | trastorno puerperal |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Rei de Navarra | |
1284 – 2 de abril de 1305 – Lois X de Francia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo e catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Outro | |
Título | Condesa Rei de Navarra |
Familia | Casa de Blois (pt) |
Cónxuxe | Filipe IV de Francia (1284 (Gregoriano), 1284 (Gregoriano)–1305 (Gregoriano)) |
Fillos | Lois X de Francia, Filipe V de Francia, Carlos IV de Francia, Sabela de Francia, Robert of France |
Pais | Henrique I de Navarra e Branca de Artois |
Irmáns | Thomas Plantageneta, 2.º Conde de Lancaster Henrique, 3.º Conde de Lencastre Joanes Enríquez Lacarra Tebaldo di Navarra |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of Women Worldwide A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country (en) |
Xoana I de Navarra, nada en Bar-sur-Seine, Champaña, Francia o 17 de abril de 1271,[1] e finada en Vincennes, Illa de Francia, Francia o 4 de abril de 1305,[2] foi raíña de Navarra e condesa de Champaña e de Brie entre 1274 e 1305.
Foi, ademais, raíña consorte de Francia entre 1285 e 1305, debido á súa voda co entón futuro Filipe IV "o Fermoso" de Francia.
Filla de Henrique I de Navarra e de Branca de Artois, foi a última raíña de Navarra da casa de Champaña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Xoana foi a filla segundoxénita de Henrique de Navarra, rei de Navarra co nome de Henrique I, e conde de Champaña e Brie co nome de Henrique III (último fillo varón de Teobaldo o Tobador, rei de Navarra (Teobaldo I) e conde de Champaña (Teobaldo IV), e da súa terceira esposa Margarida de Borbón-Dampierre (falecida en 1256).[3][4][5]
Raíña de Navarra
[editar | editar a fonte]En 1273 o primoxénito Tebaldo morreu, a causa dunha caída que tivo lugar no castelo de Estella. Deste xeito Xoana, que tiña 3 anos de idade, quedou como herdeira do seu pai Henrique I do reino de Navarra e máis do condado de Champaña e de Brie.[2]
Xusto despois Xoana foi comprometida con Henrique de Windsor (1267-1274), o fillo máis vello do rei de Inglaterra Eduardo I. Un documento, de data de 1 de setembro de 1273, refírese ao acordo entre Eduardo I (Edbbardus... rex Anglie) e Henrique I (Henricus... Navarra rex, Campanie et Brie, viene el palatinus) para a unión entre Xoana (Henricus rex... Johannam filiam nostrum et heredem) e Henrique de Windsor (Henrico filio et primogénito heredi... Edbbardi Regis Anglie).[3]
Henrique I de Navarra morreu en 1274, seica a causa da súa obesidade, á idade de trinta anos, e Xoana sucedeuno no reino de Navarra e no condado de Champaña e de Brie, como Xoana I; a súa nai, Branca de Artois, convértese en titora e despois como rexente no nome da súa filla. Segundo a Crónica de Guillaume de Nangis,[6] Xoana (unicam filiam Johannam) sucede ao seu pai Henrique (Henricus rex Navarræ comesque Campaniæ)[3] en 1274.
Esta situación supuxo un aumento das presións dos reinos de Castela, Aragón e Francia por casar a un membro da familia coa herdeira e incorporar así o reino aos seus dominios. Branca, a nai de Xoana, e rexente, era francesa, sobriña do falecido rei Lois IX (san Lois), como filla do seu irmán Roberto I de Artois, polo que pediu axuda ao seu primo irmán Filipe III de Francia. Este levou con el a Xoana á Corte de Francia, en París onde, cancelado o compromiso inglés pola morte de Henrique de Windsor en maio de 1275, en Orleáns, Xoana foie prometida ao herdeiro ao trono de Francia, Filipe o Fermoso[7]
O monarca decidiu casala co seu fillo Filipe, cando ela tiña 11 anos e el 16, anticipándose a Afonso X o Sabio, que desexaba casala co seu fillo. A voda celebrouse o 16 de agosto de 1284 na Catedral de Notre-Dame de París. A Crónica de Guillaume de Nangis[6] fai un relato do matrimonio (festo Assumptionis beatæ virginis matris Domini...crastino...apud Parisius) entre Filipe (Philippus regis Franciæ Philippi filius major natu) e Xoana (Johannam filiam defuncti regis Navarræ comitisque Campaniæ Henrici).[3]
Como consecuencia deste enlace, tropas francesas ocuparon o renio de Navarra, que foi gobernado por funcionarios franceses, aínda que nominalmente o reino era rexido por Branca. Deste xeito, Filipe o Fermoso converteuse no rei Filipe I de Navarra, conde de Champaña e de Brie.[8]
A historia do reino de Navarra quedou pois, desde ese momento, unida á historia do reino de Francia.
Porén, os condados de Champaña e de Brie continuaron gobernados pola rexente, Branca que, en 1276, casou en segundas nupcias con Edmundo Plantagenet, primeiro conde de Lancaster, chamado Crouchback (o da "Cruz nas costas"), irmán do rei de Inglaterra, Eduardo I. Branca continuou gobernando os condados, xunto co seu marido, incluso despois de que Xoana alcanzara a maioría de idade.[9] Estes condados foron anexionados ao reino de Francia en 1316
Subida ao trono de Francia
[editar | editar a fonte]Ao ano seguinte, en 1285, faleceu Filipe III, e o seu fillo subiu ao trono como Filipe IV.[3]
Este defendía un estado centralizado e omnipotente, e a necesidade de diñeiro para manter este tipo de goberno influíu na política que se aplicou en Francia e en Navarra:
- depreciación da moeda, baixando o seu peso de ouro e de prata;
- imposición de fortes impostos aos xudeus, detentadores do diñeiro, xa que a Igrexa prohibía aos cristiáns dedicarse á banca (estaba prohibido que prestaran diñeiro con interese);
- venda de títulos nobiliarios aos burgueses ricos;
- exención de obrigas aos servos a cambio de diñeiro;
- imposición de décimos ao clero.
Conflitos coa Igrexa romana
[editar | editar a fonte]Ante estas medidas, o papa Bonifacio VIII respondeu prohibíndolle ao clero subministrar subsidios aos laicos. O rei prohibiu a saída de ouro e prata do reino, coa protesta do papa. Finalmente Bonifacio VIII cedeu, pero en 1301 o rei detivo ao bispo de Pamiers, e Bonifacio reaccionou acusando ao rei de violar as prerrogativas da igrexa, dispoñéndose a excomungar ao rei, cando foi detido por homes deste. O papa morreu ao mes deste suceso, despois de ser liberado pola poboación da cidade de Roma. (Na actualidade Bonifacio VIII é recordado en boa medida polas súas loitas con Dante, que na Divina Comedia colocouno nun círculo do inferno xunto co rei Filipe IV).
Os sucesores de Bonifacio VIII, Benedito XI e, sobre todo, Clemente V (elixido por intervención de Filipe), recuaron: Clemente V nomeou cardeais franceses, derrogou todas as decisións de Bonifacio VIII contra Filipe IV e instalouse en Aviñón. O estado francés vencera a Roma.
- Por último, como os templarios, debido ao seu prestixio, exerceran como banqueiros, decidiu facerse coas súas riquezas, o que logrou acusando á Orde até conseguir a súa disolución. Os xefes, incluído o Gran Mestre Jacques de Molay, foron detidos en 1307 acusados de herexía. En 1309, un primeiro grupo de templarios foi queimado na fogueira. En 1312, a Santa Sé suprimiu a Orde, pero en 1314 Filipe mandou queimar aos dignatarios do Temple como relapsos. Así puido apoderarse dos bens mobiliarios da Orde; os inmobiliarios foron outorgados aos Orde dos hospitalarios.
- En Navarra, o réxime francés acentuou o antisemitismo, os reis Filipe e Xoana limitaron a acción dos hebreos ao establecer que nos seus préstamos só recibiran o prestado, sen ningún tipo de interese.
- Outorgaron á Orde de Grandmont a igrexa de Corella con todas as súas rendas, valoradas en 125 libras anuais, a cambio dos bens do mosteiro de Tudela, que reverteron á coroa, agás o terreo en que estaba edificado, a horta, o acueduto e o aproveitamento do monte da Bardena.
Porén, Filipe non puido derrogar o Foro Xeral de Navarra, ou Foro Antigo, posto por escrito en 1250 pola nobreza para evitar os abusos reais.
Morte
[editar | editar a fonte]Ao falecer Xoana o 4 de abril de 1305 no castelo de Vincennes (Francia). No seu testamento deixou un legado para fundar o Collège de Navarre (Colexio de Navarra) en París.[10]
Os naturais do reino navarro acordaron gardar o reino para o seu fillo Lois, pois non querían seguir mantendo a Filipe o Fermoso como rei en Navarra.[8] Finalmente Lois xurou os foros en outubro de 1307.[11]
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]O 14 de agosto de 1284 Xoana casou na Catedral de Notre-Dame de París co futuro rei Filipe IV de Francia, e asociou ao trono ao seu cónxuxe como Filipe I de Navarra, rei de Navarra e conde de Champaña e de Brie.
Deste matrimonio naceron 7 fillos:
- Lois o Obstinado (4 de outubro de 1289 - 5 de xuño de 1316), rei de Francia e de Navarra á morte de seus pais (1314 - 1316). Casado con Margarida de Borgoña e con Clemencia de Hungría, pai de Xoana II de Navarra e de Xoán I de Francia.
- Margarida (1290 - 1294). Estivo comprometida co rei Fernando IV de Castela, pero a súa morte prematura frustrou o matrimonio.
- Branca (1293 - 1294).
- Filipe o Longo (1291 - 3 de xaneiro de 1322), conde de Borgoña polo seu matrimonio con Xoana de Borgoña (1307) e conde usufrutuario de Poitiers (1311); sucedeu no trono de Francia ao seu sobriño Xoán I, de quen era rexente. Foi rei de Francia como Filipe V desde 1316 a 1322. Estableceu a Lei sálica ou Lei dos Varóns, eliminando da sucesión do trono na liña principal dos Capetos á súa sobriña Xoana.
- Isabel, coñecida como "a Loba de Francia"[12] (1292 - 1358), casada con Eduardo II, rey de Inglaterra (1284-1327). Nai de Eduardo III de Inglaterra que comezou a Guerra dos Cen Anos.
- Carlos o Fermoso (1294 - 1 de febreiro de 1328), conde de la Marche (1314). Sucedeu ao seu irmán Filipe V en 1322 e reinou até 1328 como Carlos IV de Francia.
- Roberto (1297 - 1308).
Antepasados de Xoana I de Navarra
[editar | editar a fonte]16. Henrique I de Champaña | ||||||||||||||||
8. Teobaldo III de Champaña | ||||||||||||||||
17. María Capeto | ||||||||||||||||
4. Teobaldo I de Navarra | ||||||||||||||||
18. Sancho VI de Navarra | ||||||||||||||||
9. Branca de Navarra | ||||||||||||||||
19. Sancha de Castela | ||||||||||||||||
2. Henrique I de Navarra | ||||||||||||||||
20. Guido II de Dampierre | ||||||||||||||||
10. Archibaldo VIII de Borbón | ||||||||||||||||
21. Matilde de Borbón | ||||||||||||||||
5. Margarida de Borbón | ||||||||||||||||
11. Alicia de Forez | ||||||||||||||||
1. Xoana I de Navarra | ||||||||||||||||
24. Filipe II de Francia | ||||||||||||||||
12. Lois VIII de Francia | ||||||||||||||||
25. Isabel de Hainaut | ||||||||||||||||
6. Roberto I de Artois | ||||||||||||||||
26. Afonso VIII de Castela | ||||||||||||||||
13. Branca de Castela | ||||||||||||||||
27. Leonor de Plantagenet | ||||||||||||||||
3. Branca de Artois | ||||||||||||||||
28. Henrique I de Brabante | ||||||||||||||||
14. Henrique II de Brabante | ||||||||||||||||
29. Matilde de Boulogne | ||||||||||||||||
7. Matilde de Brabante | ||||||||||||||||
30. Filipe de Suabia | ||||||||||||||||
15. María de Suabia | ||||||||||||||||
31. Irene Ángelo | ||||||||||||||||
Predecesor: Henrique I |
Raíña de Navarra (Xunto ao seu esposo Filipe I) 1274-1305 |
Sucesor: Lois I |
Predecesor: María de Brabante |
Raíña consorte de Francia 1285-1305 |
Sucesor: Margarida de Borgoña |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Woodacre 2013, p. 39.
- ↑ 2,0 2,1 Herreros 1993.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Dinastías reais de Navarra en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Henrique I de Navarra Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en genealogie mittelalter (en alemán).
- ↑ Casa de Chmapaña-Blois-genealogy Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ 6,0 6,1 O título da Crónica de Guillaume de Nangis é Chronique des rois de France et de Vies de Saint Louis et de ses frères, Philippe le Hardi et Robert.
- ↑ Nobreza do Norte de Francia en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ 8,0 8,1 Woodacre 2013, p. 29.
- ↑ Woodacre 2013, p. 21.
- ↑ LE COMTÉ DE CHAMPAGNE ET DE BRIE AU MOYEN ÂGE Arquivado 17 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en francés), (en inglés).
- ↑ Lacarra, José María (1972). El Juramento de los reyes de Navarra (1234-1329). Madrid: Real Academia de la Historia. pp. 50–52.
- ↑ Agnes Strickland (c. 1894): Queens of England Boston: Estes & Lauriat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana I de Navarra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouyer, Christian (1992): Dictionnaire des Reines de France, Librairie Académique Perrin. ISBN 2-262-00789-6, pp. 189–191
- Brown, Elizabeth A. R. (2010): "La mort, les testaments et les fondations de Jeanne de Navarre, reine de France (1273-1305)", en Une histoire pour un royaume (XIIe-XVe siècle. Actes du colloque Corpus Regni organisé en hommage à Colette Beaune Perrin. ISBN 978-2-2620-2946-3, pp. 124–141.
- Hélary, Xavier (2009): "Philippe III et la Navarre, 1274-1284", en Philippe Contamine (dir.) Hommes et terres du Sud. Structures politiques et évolution des sociétés, XIe-XVIIIe siècle. Actes du 126e Congrès des sociétés historiques et scientifiques, Toulouse. París: Éditions du Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS). ISBN 978-2-7355-0702-3, pp. 195–215.
- Herreros Lopetegui, Susana (1993): "Navarra en la órbita francesa", en Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.
- Lalou, Élisabeth (1986): "Le gouvernement de la reine Jeanne (1285-1305)". Cahiers Haut-Marnais, 167: 16-30.
- Lalou, Élisabeth (2000): "Le souvenir du service de la reine: l'hôtel de la reine Jeanne de Navarre, reine de France, en juin 1294", en Jacques Paviot e Jacques Verger, éds. Guerre, pouvoir et noblesse au Moyen Âge. Mélanges en l'honneur de Philippe Contamine. París: Presses de l'Université de Paris-Sorbonne. ISBN 978-2-8405-0179-4, pp. 411–426.
- Provost, Alain (2010): Domus diaboli. Un évêque en procès au temps de Philippe le Bel. París: Belin. ISBN 978-2-7011-4895-3.
- Woodacre, Elena (2013): The Queens Regnant of Navarre: Succession, Politics, and Partnership, 1274-1512. Londres: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-137-33914-0.