Xosé Armesto Faginas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1945 Tui, España |
Morte | 3 de novembro de 2006 (61 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo e literatura |
Ocupación | xornalista, escritor |
Empregador | Pueblo (en) La Voz de Galicia La Vanguardia Madrid (en) Faro de Vigo |
Xénero artístico | Xornalismo e biografía |
Premios | |
Xosé Francisco Armesto Faginas, nado en Tui o 5 de outubro de 1945 e finado en Vigo o 3 de novembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, licenciouse despois en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén estudou historia, doutorándose en Historia Contemporánea Española.[2] Empezou traballando con colaboracións nos diarios madrileños (Pueblo e Madrid).[2] De volta a Galicia, traballou como correspondente do diario catalán La Vanguardia,[2] redactor en El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, do que foi nomeado director en 1978 en substitución de Xosé Landeira Yrago. Deixou a dirección de Faro de Vigo en 1986 e foi substituído por Ceferino de Blas.[1] Foi o primeiro director de El Pope (1973).
Foi director do Museo de Castrelos e da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Obra
[editar | editar a fonte]- Cunqueiro. Unha biografía (Edicións Xerais, 1987)[3]
- Baiona (Ir Indo, 1992; con Manuel González Vicente)
- Vigo. Pasión atlántica / paixón atlántica (2001)
- Vigo. Hospital Xeral. 50 aniversario (1955-2005) (Concello de Vigo, 2005)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio da Crítica de Galicia en 1988[4]
- Finalista no Premio Nacional de Ensaio en España en 1988.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Fallece el periodista y director de la Universidad Popular Armesto Faginas". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 26/11/2010. Consultado o 11 de outubro de 2006.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "El mundo de la cultura homenajea a Xosé Francisco Armesto Faginas". Faro de Vigo (en castelán). 19 de decembro de 2013. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Dialnet (ed.). "Cunqueiro. Unha biografía". Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ Fundación Premios da Crítica Galicia (ed.). "Xosé Francisco Armesto Faginas". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Vigueses distinguidos. 1985-2011 (en castelán). Ir Indo, Concello de Vigo e Fundación Vigueses Distinguidos. 2012. ISBN 9788476806906.