Xuvia - Castro
Aparencia
Coord.: 43°17′N 8°06′O / 43.28, -8.1
Tipo | Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | A Capela, España, Moeche, España, Narón, España, Neda, España, San Sadurniño, España, As Somozas, España e As Pontes de García Rodríguez, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 2.082,45481 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349492 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES1110013 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
Xuvia-Castro é un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) que abrangue 2.074 ha dos concellos da Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez, percorridos polo río Xuvia e o seu afluente o Castro e que conserva gran parte dos bosques tradicionais de ribeira.[1][2][3][4][5] Na parte alta do río Castro, na Serra do Forgoselo, localízase unha grande extensión de torgueiras ben conservadas.[4][5] A altitude media é de 407 m. e pertence á rexión bioclimática atlántica.
Hábitats
[editar | editar a fonte]- Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae).
- Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition.
- Estanques temporais mediterráneos.
- Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix.
- Uceiras secas europeas.
- Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo.
- Turbeiras de cobertor.
- Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica.
- Bosques aluviais de ameneiro (Alnus glutinosa) e freixo.
- Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica.
- Bosques de castiñeiro (Castanea sativa).
Flora e Fauna
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]- Esfagno (Sphagnum pylaisii).
Fauna
[editar | editar a fonte]- Lontra (Lutra lutra).
- Gabián (Accipiter nisus).
- Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus).
- Merlo rieiro (Cinclus cinclus).
- Falcón pequeno (Falco subbuteo).
- Ouriolo (Oriolus oriolus).
- Papuxa montesa (Sylvia undata).
- Salamántiga (Chioglossa lusitanica).
- Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, polaa que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ 4,0 4,1 "Xubia - Castro, Código ZEC ES1110013. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017.