Saltar ao contido

pantalla

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [panˈta.ʎɐ] (AFI)

Substantivo feminino

pantalla (sg: pantalla; pl: pantallas)

  1. Lamela ou dispositivo que protexe da luz, a calor ou o son, impedindo recibi-las súas accións directas.
  2. Superficie branca (xeralmente de lona, tela ou outro tecido similar) sobre a que se proxectan imaxes.
  3. Superficie visible dun tubo de raios catódicos, na que se ven proxectadas as imaxes gracias a cargas electrostáticas.