administración
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín administratĭo.
- Pronuncia: /administɾaˈθjoŋ/ (AFI)
administración (sg: administración; pl: administracións)
- Acción ou efecto de administrar.
- Sinónimos: xestión.
- Conxunto de órganos dun goberno que administran os intereses público.
- Conxunto de organismos e persoas que se dedican a administrar unha empresa ou unha intitución ou unha parte delas.
- Sinónimos: consello de administración..
- Oficina ou lugar onde se administra un negocio, unha institución, un organismo...
- Acción de aplicar ou dar algo, como unha medicina ou un sacramento.
Termos relacionados
Traducións
- Castelán: administración (es).
- Catalán: administració (ca).
- Francés: administration (fr).
- Inglés: administration (en).
- Italiano: amministrazione (it).
- Portugués: administração (pt).
Castelán
- Etimoloxía: do latín administratĭo.
administración (sg: administración; pl: administraciones)