calendario xuliano
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: composto de calendario e xuliano.
- Pronuncia: /kalenˈdaɾjo̝ ʃuˈljano̝/ (AFI)
calendario xuliano
- (Historia) (Tempo) Calendario introducido por Xulio César, axudado por Sosíxenes de Alexandría, no ano 46 a. C. (708 AUC), e foi unha reforma do calendario romano. Era o calendario predominante no mundo romano, e posteriormente na maior parte de Europa e nos asentamentos europeos de América e outros lugares, até que foi substituído progresivamente polo calendario gregoriano, promulgado en 1582 polo papa Gregorio XIII.
Traducións
Traducións