chamar
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /t͡ʃaˈmaɾ/ (AFI)
chamar
- Procurar que alguén acuda ou preste atención dicindo o seu nome en voz alta ou mediante sons ou exclamacións específicas.
- Exemplo: Chámao a ver se te oe e dille que non esqueza mercar o fío. Chamárono pola megafonía para que acudise ao departamento de control de equipaxes. Non oes? Están a chamar por nós. Chamou polo can asubiando.

- Pronunciar en voz alta o nome das persoas que se deben atopar nun lugar para comprobar a súa presenza.
- Exemplo: O secretario do tribunal chamou os opositores por orde alfabética dos apelidos.

- Espertar a alguén.
- Exemplo: Sempre me chama moi cedo e a min cústame levantarme.

- Accionar un dispositivo para que un aparato acuda ao lugar onde se está.
- Exemplo: Chama ti o ascensor, que eu subo a pé.

- Solicitar a alguén que acuda a un lugar ou realice unha acción.
- Exemplo: Chamárono do xulgado para testificar. Tes que chamar á doutora. A voz do ulema chama aos fieis á oración, desde o minarete. Os sinos chaman para a misa das once.

- Designar a alguén para ocupar un posto, exercer un cargo ou gozar dun dereito.
- Exemplo: Foi chamada ao trono de Castela. Neste caso serán chamados a herdar os seus parentes en segundo grao.

- Comunicar cunha persoa ou un servizo, ou tratar de facelo, por medio do teléfono.
- Exemplo: Chámante pola liña un. Chamade unha ambulancia! Vou chamar por teléfono.

- Guiar un animal de tiro poñéndose diante del.
- Exemplo: Cando sementan, sempre chama el as vacas.

- Exercer unha cousa ou persoa atracción sobre alguén.
- Exemplo: As minas de ouro chamaban a centos os aventureiros. Ese sindicalista chama moita xente. O noso líder perdeu popularidade e xa non chama como chamaba.

- Atraer unha cousa a outra cousa.
- Exemplo: Diñeiro chama diñeiro.
- Exemplo: Diñeiro chama diñeiro.
Observacións
- Ás veces emprégase tamén seguido da preposición por.
chamar
- Aplicar a alguén ou a algo un nome ou un alcume.
- Exemplo: Chámanlle Xoán. Chamábanlle o Mentireiro
.

- Designar ou cualificar algo ou alguén como.
- Exemplo: Chamoulle covarde á cara. Chamáronlle guapo e púxose colorado

- Dar golpes nunha porta, ventá, etc. ou facer soar o timbre para que abran, ou para pedir permiso para entrar.
- Exemplo: Chamou pero non oíron o timbre. Estes mobles novos chaman por unha alfombra

chamarse
- Ter un determinado nome ou apelido.
- Exemplo: Como se chaman estas plantas? Como te chamas? Chámome Brais. Esta canción chámase “Anduriña”

Sinónimos
Traducións
- Alemán: heißen (de), rufen (de), nennen (de)
- Aragonés: clamar (an)
- Castelán: llamar (es).
- Esloveno: klicati (sl).
- Francés: appeler (fr).
- Inglés: call (en).
- Portugués: chamar (pt)
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | chamar |
Xerundio | chamando |
Participio | chamado, chamada, chamados, chamadas |
1 Vostede(s) |