Saltar ao contido

colectivo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ko.lɛk.'ti.βo̯/ (AFI)

Adxectivo

colectivo (ms: colectivo; mpl: colectivos; fs: colectiva; fpl: colectivas)

  1. Pertenecente ou relativo a unha agrupación de individuos, ou a unha colectividade.
    • Exemplo: Cómpre axudar ás necesidades colectivas.

  2. Dise dun grupo unido por lazos profesionais, laborais, etc.
    • Exemplo: Presentouse unha exposición colectiva de varios acuarelistas.

  3. (Gramática) Dise do nome que expresa, en singular, un concepto correspondente a un conxunto de cousas.
    • Exemplo: "Asemblea", "rabaño" e "tropa" son substantivos colectivos.

Substantivo masculino

colectivo (sg: colectivo; pl: colectivos)

  1. Conxunto de persoas agrupadas para exercer unha determinada actividade en común, ou por intereses laborais, profesionais, etc.
    • Exemplo: Un colectivo de profesores reuniuse para acordar as súas reivindicacións.