espectro
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /es.'pɛk.tɾo̯/ (AFI)
espectro (sg: espectro; pl: espectros)
- Imaxe dunha persoa morta.
- Alma dun defunto.
- Visión ou imaxe fantasmal.
- Persoa moi fraca.
- Posibilidade de que algo ocorra en calquera momento, que provoca unha sensación xeral de medo, preocupación, etc., por constituír unha grave ameaza.
- (Física) Sucesión de radiacións de distinta frecuencia, intensidade, lonxitude de onda, etc., que resultan da descomposición dun fenómeno físico que se transmite por ondas.
- (Física) Distribución de radiación que resulta da descomposición dun feixe de luz nas súas compoñentes de distintas.
- (Física) Imaxe gráfica ou fotográfica en que aparecen representados os trazos que definen un fenómeno físico.
- (Medicina) Campo de acción terapéutica dun medicamento, especialmente dun antibiótico.
Observacións
Nas cinco primeiras acepcións seu sinónimo é fantasma.
Termos relacionados
espectro antibiótico, espectro continuo, espectro de absorción, espectro de emisión, espectro de masas, espectro luminoso, espectro solar, espectro visíbel.