inspiración
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín inspiratio.
- Pronuncia: /inspiɾaˈθjoŋ/ (AFI)
inspiración (sg: inspiración; pl: inspiracións)
- Acción de inspirar ou inspirarse.
- Sinónimos: aspiración.
- Antónimos: expiración.
- Acción pola que entra aire aos pulmóns, o contrario da expiración.
- Forza impulsora creadora, que aparece como de súpeto para imaxinar algo novo.
- Idea ou pensamento que xorde espontaneamente.
- Cousa ou persoa que lle axuda a crear a un artista.
- (Relixión) Ilustración divina, feita por Deus, principalmente polo Espírito Santo, para a realización da Sagrada Escritura.
- Influencia que inflúe na forma de realizar algo.
Traducións
- Chinés: 灵感 (zh).
- Castelán: inspiración (es).
- Catalán: inspiració (ca)
- Francés: inspiration (fr).
- Inglés: inspiration (en).
- Italiano: ispirazione (it).
- Portugués: inspiração (pt).
Castelán
- Etimoloxía: do latín inspiratio.
inspiración (sg: inspiración; pl: inspiraciones)