Saltar ao contido

residencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Substantivo feminino

[editar]

residencia (sg: residencia; pl: residencias)

  1. Feito de residir.
    • Exemplo: Agardamos que a súa residencia no noso país sexa agradable

      .
  2. Lugar onde se vive de maneira fixa ou habitual.
    • Exemplo: Non sabía que te mudaras de residencia

      .
  3. Edificio destinado a albergar moitas persoas, todas elas unidas por algunha característica afín.
    • Exemplo: Pasei toda a carreira nunha residencia de estudantes

      .
  4. (Medicina) Período de formación práctica dalgúns profesionais sanitarios que conduce á obtención do título oficial de especialista.
    • Exemplo: A duración da residencia pode variar dependendo da especialidade escollida

      .

Termos relacionados

[editar]

Residencia de Estudiantes
Residencia de Señoritas
Residencia oficial de Monte Pío