Saltar ao contido

resto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /res.'to/ (AFI)

Substantivo masculino

resto (sg: resto; pl: restos)

  1. Parte que queda dun todo.
    • Exemplo: O moi lambón comeu a metade da torta e deixounos o resto.

  2. Nos xogos de envite, como o mus, cantidade que se considera para xogar e envidar.
  3. (Deportes) No xogo de pelota e outros deportes, como o tenis, xogador que devolve a pelota ao saque.
  4. (Deportes) No xogo de pelota e outros deportes, como o temis, acción e efecto de restar.
  5. (Deportes) No xogo de pelota e outros deportes, como o tenis, sitio onde se resta.
  6. (Matemáticas) Resultado da operación de restar.
  7. (Matemáticas) Número obtido tras unha división que, sumado ao produto do divisor polo cociente, o dividendo.
  8. (Química) Radical (agrupamento de átomos que intervén como unha unidade).

Substantivo masculino plural

restos

  1. Corpo dun defunto.
    • Exemplo: Aquí descansan os seus restos mortais.

  2. Refugallos, residuos, sobras, especialmente dunha comida.
    • Exemplo: Os restos da comida botámosllos aos porcos.

Traducións