Carbonato de calcio

composto químico

O carbonato de calcio é un composto químico, de fórmula CaCO3. É unha substancia moi abundante na natureza, formando rochas, como compoñente principal, en todas partes do mundo, e é o principal compoñente de cunchas e esqueletos de moitos organismos (p.ex. moluscos, corais) ou das cascas de ovo. É a causa principal da auga dura. En medicina utilízase habitualmente como suplemento de calcio, como antiácido e axente adsorbente. É fundamental na produción de vidro e cemento, entre outros produtos.

Carbonato de calcio.

É compoñente dos seguintes minerais e rochas:

Propiedades químicas

editar
Véxase tamén: Carbonato.

O carbonato cálcico comparte as propiedades típicas doutros carbonatos, notablemente:

CaCO3(s) + 2 HCl(aq) → CaCl2(aq) + CO2(g) + H2O(l)

  • Desprende dióxido de carbono por calor (por encima de 840 °C no caso de CaCO3), para formar óxido de calcio, comunmente chamado cal vivo:

CaCO3 → CaO + CO2

  • O carbonato cálico que reacciona con auga que está saturada con dióxido de carbono forma bicarbonato cálcico:
CaCO3 + CO2 + H2O → Ca(HCO3)2

Esta reacción é importante na erosión das rochas carbonáticas, formando cavernas e xerando auga dura nesas rexións.

Presenza nos organismos vivos

editar

O carbonato cálcico é compoñente principal de moitas estruturas presentes en organismos vivos. Algúns exemplos son:

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar