Principado de Capua

estado da Italia meridional creado no século XI
(Redirección desde «Príncipe de Capua»)

O principado de Capua foi un estado autónomo da |Italia meridional xurdido no 900. Ocupaba grosso modo os confíns da provincia napolitana de Terra de Lavoro.

A península italiana polo ano 1000.

Época longobarda

editar

Tras a caída do Imperio Romano, Capua foi devastada polos godos e polos vándalos, converténdose finalmente nun condado do Ducado de Benevento. No transcurso dunha loita de sucesión no Ducado, unha banda de sarracenos, a soldo de Radelchis I de Benevento e mandada polo bérber Halfun, saqueou e destruíu a cidade (841), obrigando á poboación a fuxir. A poboación abandonou a cidade en ruínas e refuxiouse primeiro en Sicopoli e, no 856, na beira do río Volturno, no lugar onde estaba o porto fluvial romano de Casilinum. Así se fundou a "Nova Capua", continuación histórica e natural da antiga Capua osco-campana.

No 899 o Conde Atenulfo I, conquista Benevento anunciándoa xuridicamente inseparábel de Capua, e no 900 obtén o título de príncipe de Capua, elevando así o seu feudo; introduciu tamén a correxencia, concepto polo cal os fillos eran asociados ao goberno polos pais; o Principado Capuano converteuse ben logo nun estado autónomo dentro do Sacro Imperio Romano, estendéndose sobre toda a Terra de Lavoro ata o límite norte limitado polo río Garigliano, dominando sobre vilas e burgos estratéxicos, cales Caserta, Teano, Sessa, Venafro e Carinola; ao medrar o seu poder ulteriormente, chegou a dominar tamén o Ducado de Nápoles, Monte Cassino, sede dunha importante abadía, e Gaeta, opulento porto tirrénico.

Cara a finais do século X, Capua acada o seu apoxeo: o príncipe Pandulfo I Testadiferro (961 - 981), coa conquista do Principado de Salerno (978), reunificou por primeira vez os dominios da Italia longobarda meridional, chamada Langobardia Minor; ademais ao ter axudado ao Papa Xoán XIII, exiliado de Roma entre o 965 e o 966, obtén a elevación de Metropolitana para a Igrexa Capuana.

O ano 1059 representa o fin do potente principado longobardo, o conde normando de Aversa Ricardo I Drengot-Quarrel, conquístao.

Baixo o dominio longobardo, o Principado mantiña relacións diplomáticas anómalas: malia ser unha entidade estatal semidependente do Imperio, permanecía favorábel á política exterior de Bizancio.

Elenco dos Señores de Capua e cronoloxía esencial

editar

Aparece aquí a listaxe cronolóxica dos Señores de Capua, desde o Condado ao Principado, longobardo primeiro e normando despois.

Condado de Capua (longobardos)

editar

Principado longobardo de Capua

editar

No 1059 o Principado foi conquistado polos normandos.

Principado normando de Capua

editar
No 1058 Ricardo conquistou o Principado de Capua e desde aquel momento o título de conde de Aversa foi incluído entre os propios dos príncipes de Capua.

No 1156 o Principado de Capua sofre a definitiva absorción por parte do Reino de Sicilia.

Véxase tamén

editar

.