Bimenes; xullo de 2017.
Wikipedia:Babel
gl Este usuario é galegofalante
(neofalante).


es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
pt-3 Este usuário pode contribuir com um nível avançado de Português.
ca-3 Aquest usuari pot contribuir amb un nivell avançat de català.
Este usuario leva 18 anos, 6 meses e 4 días na Galipedia.
193002 Este usuario realizou arredor de 193002 edicións na Galipedia.
Este usuario é un administrador da Galipedia (comprobar).
Este usuario mellora
artigos co
revisor ortográfico.
A – Á

Este usuario mellora as
ligazóns dos artigos co
detector de homónimos.
Wikiproxecto fotos de parroquias Este usuario participa no Wikiproxecto fotos de parroquias.
mulleres Este usuario participa no Wikiproxecto mulleres.
Wikiproxecto modelos Este usuario participa no Wikiproxecto modelos.
Este usuario é afeccionado ás fotos de tapas de rexistro.

Estevoaei é o meu nome de usuario na Galipedia, onde colaboro de forma activa desde agosto de 2007. Chámome Adrián Estévez, son de Pontevedra e traballo na Coruña. Vivín tamén en Cangas, San Xurxo de Sacos, Santiago de Compostela, Figueirido e A Gudiña.

Fixen o Bacharelato no IES Sánchez Cantón. Estudei un ciclo superior de artes gráficas, fixen a diplomatura de Maxisterio de Primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, e despois rematei o grao en Lingua e literatura galegas na USC. Ao respecto, un dos campos que máis me gusta é a toponimia, e estou a desenvolver a subpáxina Usuario:Estevoaei/topónimos. Dentro da literatura gústame especialmente a narrativa contemporánea, máis concretamente a novela negra. Estou moi orgulloso de traducir ao galego a novela de John Fante A irmandade da uva. Probei a escribir relatos, e publiquei algúns en revistas e fanzines, ás veces baixo pseudónimo. Colaborei en Pontevedra Viva facendo crítica literaria unha vez por semana coa sección "Lecturas desde O Alcouce".

Creo firmemente na autoxestión; milito no anarcosindicalismo e colaboro no Liceo Mutante. Creo que a propiedade intelectual é un roubo. Gústame o deporte, e xogo á billarda e ao fútbol gaélico, primeiro no Pontevedra FG e despois no Berobreo FGM, o Dorna FG, o Auriense FG e o Fillos de Breogán. Amais de diversos lugares da península Ibérica, estiven en Mallorca, Montecarlo, Milán, Venecia, Verona, Florencia, Pisa, Roma, a Cidade do Vaticano, Sheffield, Cholet, Praga, Copenhague, Bérgamo, Liubliana, Zagreb, Saraxevo, Mostar, Dubrovnik, Split, París, Berna, Viena, Londres, Sicilia, Madeira, Turín, Aberystwyth, Cardiff, Cidade do Cabo, Sydney, Melbourne, Tasmania, Nova Zelandia, Cornualles, Estocolmo, Gotland, Berlín, Marrakech, Essaouira, Sofia, Skopje, Ohrid e Tirana.

Son un lambón. Gústame o polbo á feira, os pementos de Padrón, o arroz con chícharos, a tortilla de patacas, o leite frito, a sidra, o viño e o kalimotxo.
Adoro bailar. Gústame ir a concertos e sacar fotos, desde Einstürzende Neubauten até Ataque Escampe pasando por Julieta Venegas. Son cantante no grupo Columna Vegana.

Wiki-actividades

editar
 
Lugo, novembro de 2015.
 
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2007-2012).
 
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2012-2018).
 
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2018-2021).
 
Cómplice de viaxes Wikipédicas (2021-).
 
Premio Xoán Manuel Pintos, 2018.
 
Galician literature in Wikipedias. Aberystwyth, xullo de 2018.
 
WikiTakes Rural Areas. Cape Town, xullo de 2018.
 
Pero aínda non sabes cal é a etimoloxía do topónimo Cuspedriños?
 
Non todo vai ser Wikipedia.

Rexistreime como usuario en maio de 2006, e as miñas primeiras edicións foron nos artigos de Evo Morales e a CNT. Comecei a editar de forma constante no verán de 2007, e aos poucos fun aprendendo a subir fotos, traducir artigos doutras linguas e redactar artigos novos desde cero. Compañeiros do proxecto axudáronme a aprender o funcionamento das categorías, as interwikis e outros trebellos. Despois coñecín Wikimedia Commons (o repositorio de material fotográfico, sonoro e audiovisual), o Wiktionary (onde me gustaría colaborar máis) e Wikidata (o futuro).

De vez en cando gústame coller o carro e a cámara e ir tirar fotacas e coñecer mundo (ver abaixo os Wiki Takes nos que participei). Libero as fotos que saco con licenza CC BY-SA 4.0 (Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional), e alégrame miralas despois por aí e ver que se lles dá uso, pero mólame que se citen as fontes. Un dos ámbitos que me mola fotografar é o do deporte, como expliquei no artigo "Retos e desafíos na fotografía deportiva: superando barreiras de xénero e capturando momentos especiais".

Creo firmemente na filosofía do compañeiro Angeldomcer: "Se hai que facer un artigo novo, faise. Pero redactar por menos de 2000 bytes (de texto) é tontería". Procuro engadir artigos sobre Galiza doutras wikis á lista de artigos iniciados. Pero antes hai moooito que aumentar e wikificar. Teño un virus no computador que me fai estar 25 horas ao día enganchado á páxina de cambios recentes. Cando estou aburrido, fedello buscando unha páxina aleatoria; por veces, descóbrense artigos moi interesantes!! Un dos retos que me propuxen foi o 100wikidays. A través da Galipedia, coñecín xente moi interesante, xa vía on-line, xa en encontros (Pontevedra, 09/02/2008; Santiago de Compostela, 10/04/2010; Lugo, 23/10/2010; Pontevedra, 20/04/2011; Cidade da Cultura, 17/11/2011; Aranda de Duero, 19/11/2016).

Encontros
  • Wiki Takes: Manchuela (abril 2017), Cuenca (maio 2018), Zamora (outubro 2018), Burgos (maio 2019), Huelva (maio 2022) e Salamanca (setembro 2022)

Son socio de Wikimedia España desde o ano 2016, e socio de Wikimedia Portugal desde 2018.

  • V Xornadas de WMES (Murcia, setembro 2017)
  • Xornadas de estratexia 2018-2021 (Torreandaluz, xaneiro 2018)
  • VI Xornadas de WMES (Gasteiz, outubro 2018; participei no debate Las brechas en los Proyectos Wikimedia).
  • VII Xornadas WMES (Iruña, outubro 2019; participei coa charla 100WikiDays xunto co Santiago Navarro).
  • WikiCon Portugal (Porto, xaneiro 2020; participei coa charla sobre o Projeto Nenhuma freguesia sem fotografia).
  • VIII Xornadas de WMES (Xixón, novembro 2021).
  • IX Xornadas de WMES (Almería, novembro 2022; participei cun obradoiro sobre WikiShootMe).
  • Porto Meeting 2023 (Porto, xuño 2023; participei cunha charla sobre a situación da Galipedia).
  • X Xornadas de WMES (Salamanca, novembro 2023; participei na mesa sobre diversidade lingüística).
Divulgación

Dei charlas introdutorias á Galipedia no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (marzo de 2016), no CEIP Enrique Barreiro de Vilariño (maio de 2018), no IES Sánchez Cantón de Pontevedra (abril de 2014 e abril de 2018), o IES As Lagoas de Ourense /maio de 2018), na Facultade de Filoloxía da USC e na Facultade de Filoloxía da Coruña (novembro de 2016). Tamén falei noutra Wikimaratón na FFT da Uvigo[6] e mais noutra en Teleco[7], as dúas en abril de 2016[8]. Canda a Usuario:Ogalego.gal dei unha charla sobre a Galipedia para o Programa de Maiores do Campus de Pontevedra na Casa das Campás en decembro de 2017. En marzo de 2018 comecei a coordinar o proxecto Maxisterio Ourense. Nese mesmo mes dei un curso de introdución á Wikipedia organizado pola asociación AberTeo, e en abril dei un curso de introdución a Commons organizado pola asociación Nfoca8 de Betanzos. Tamén fixen unha charla nunha taberna en Pontevedra, cunha reflexión sobre os motivos que me levan a editar na Wiki. En xaneiro e febreiro de 2019 dei un curso para profesorado no IES Breamo de Pontedeume, e en outubro de 2022 co Instituto de Estudos Miñoráns. En febreiro de 2023 dei a charla La Wikipedia como herramienta didáctica para o mestrado de Comunicación e Educación na Rede da UNED.

Falei tres veces sobre a Galipedia na Radio Galega: o 11 de agosto de 2009, ao chegarmos aos 50.000 artigos; o 12 de marzo de 2013 no Diario Cultural[9], polo décimo aniversario; o 2 de outubro de 2017 no Galicia por diante sobre o Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[10]. Entrevistáronme en GCiencia polo 15º aniversario[11], e en La Voz de Galicia[12] e nos papeis da Academia Galega do Audiovisual[13].

Xunto co Usuario:Beninho redactei o artigo "Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega"[14], que apareceu na revista Madrygal en 2012. Escribín un artigo sobre a presenza do rugby na Galipedia para a revista O salmón oval, e redactei para clase este traballo sobre a escolla de nomes de usuario na Galipedia. En base a el, participei na III Xornada de Onomástica Galega que celebra a RAG (Pontevedra, outubro 2018). En 2024 publiquei o artigo "Presenza rosaliana nos proxectos Wikimedia" na revista Follas Novas.

Participei nas xornadas A Historia no medio: Unha análise da Historia nos medios de comunicación, que tiveron lugar na Facultade de Historia do Campus de Ourense en maio de 2012, coa charla "A Galipedia como medio para achegarse á historia"[15]. Tamén participei no II Congreso Internacional Relex, A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual[16], celebrado na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela en outubro de 2015, onde falei nunha mesa redonda sobre o traballo colaborativo. En 2021 participei no Congreso SOPA xunto con Luis Ulzurrun e Montse Sáez.[17]

En marzo de 2018 recollín en nome da Galipedia o Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua, concedido polo Concello de Pontevedra. En decembro dese ano recollín o Premio Rosalía de Castro de Lingua, concedido pola Deputación da Coruña.


Propósitos
  • Wikimania 2024 (Katowice, agosto)
  • Celtic Knot 2024 (Waterford, setembro)
Propósitos que non puideron ser pola pandemia de covid
  • WikiTakes Salamanca (maio 2020)
  • Wikidata Days 2020 (Lisboa, xullo 2020)
  • Celtic Knot 2020 (Limerick, xullo 2020)
  • Wikimania 2020 (Bangkok, agosto 2020)
  • Xornadas Wikimedia España (Málaga, outubro 2020)
  • Arctic Knot 2021 (Noruega, xullo 2021)
  • WikidataCon 2021 (Berlín, outubro 2021)

Obxectivos e prioridades

editar

Pendente

editar
Xeografía
Wikidata
Lingua e literatura

Recursos

editar

Usuario:Estevoaei/proba5

Dicionarios, glosarios, corpus

editar
  1. "'Tratados de paz' llega a la Wikipedia", Diario Vasco, 10 de xullo de 2016 (en castelán)
  2. "Bimenes, capital de la Wikipedia", El Comercio, 30 de xullo de 2017 (en castelán).
  3. Miguel Souto (29 de setembro de 2019). "Taller para wikipedistas en Lalín". La Voz de Galicia. 
  4. "Encuentro formativo de wikipedistas gallegos en Lalín". Faro de Vigo. 29 de setembro de 2019. 
  5. "Así fue el periplo de Adrián Estévez Iglesias en Celtic Knot", no blog de Wikimedia España.
  6. "A Galipedia suma voluntarios na universidade", reportaxe en GCiencia, 13 de abril de 2016.
  7. Wikimaratón
  8. vídeo
  9. podcast, Diario Cultural, 12 de marzo de 2013.
  10. podcast Galicia por diante, 2 de outubro de 2017.
  11. Manuel Rey (6 de marzo de 2018). "‘Enterámonos das mortes dos famosos cando as vemos na Galipedia’". GCiencia. 
  12. Xosé Manoel Rodríguez (16 de decembro de 2018). "Adrián Estévez: «A enciclopedia galega en rede está moi ben posicionada en Wikipedia»". La Voz de Galicia. 
  13. "Así se edita o audiovisual galego na Galipedia". Academia Galega do Audiovisual. 26 de decembro de 2018. 
  14. "Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega"
  15. "A Galipedia como medio para achegarse á historia"
  16. Programa
  17. "Wiki Takes Ávila con motivo del SOPA21". Wikimedia.es. 18 de novembro de 2021.