Saltar ao contido

Abdoulaye Wade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbdoulaye Wade

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1926 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Kébémer, Senegal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of Senegal (en) Traducir
1 de abril de 2000 – 2 de abril de 2012
← Abdou DioufMacky Sall → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónMuridism (en) Traducir e Sunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Condorcet
University of Franche-Comté (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Cheikh Anta Diop (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSenegalese Democratic Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeViviane Wade (1963–) Editar o valor en Wikidata
FillosKarim Wade Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Papeis de Panamá Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2530217 Editar o valor en Wikidata

Abdoulaye Wade, nado o 29 de maio de 1926 en Kébémer, foi o terceiro presidente do Senegal, no cargo dende 2000 até o 2012. É tamén o líder do Partido Democrático Senegalés, unha formación liberal que é membro da Internacional Liberal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Biografía e carreira política

[editar | editar a fonte]

Wade, que é doutor en Dereito e en Economía, foi o eterno rival dos socialdemócratas senegaleses, pois encabezou durante décadas a oposición ao Partido Socialista do Senegal.

Os intentos de Wade por chegar á presidencia do Senegal foron moitos, e tardou en conseguilo. En febreiro de 1978 participou na carreira presidencial contra o daquela presidente Léopold Sédar Senghor, obtendo un 17,38% dos sufraxios. En 1983, 1988 e 1993 perdeu tamén os seus intentos contra o sucesor de Sédar Senghor, o tamén socialista Abdou Diouf. En febreiro de 2000 volveu quedar por detrás do candidato socialista, cun 31% dos sufraxios, pero Diouf tampouco acadara a maioría absoluta na primeira volta. Na segunda, Wade obtivo a vitoria cun extraordinario 58,49% dos votos, e foi investido presidente o 1 de abril de 2000.

Wade tivo que facer fronte inicialmente a un goberno de cohabitación cos socialdemócratas do Partido Socialista do Senegal, que mantivo a maioría na cámara lexislativa ata a vitoria dos liberais nas parlamentarias de 2001. Foi o promotor da nova redacción constitucional, tamén de 2001, onde se fixaba que a partir da fin do seu mandato, en 2007, as eleccións presidenciais terían unha vixencia de cinco anos.

Nas eleccións presidenciais do 25 de febreiro de 2007, que foron precedidas de grandes tensións e de peculiares movementos políticos entre os candidatos da oposición (e particular, os de Idrissa Seck), Wade recibou un apoio maioritario na primeira volta cifrado nun 55,86%, o que fixo innecesaria unha segunda. O segundo candidato, o tamén liberal Seck, non chegou ao 15% (14,93%), e por detrás quedou o candidato dos socialdemócratas, Ousmane Tanor Dieng, cun 13,57%.

Pero a maior das crises políticas do Senegal ata o momento produciuse nas eleccións lexislativas do 3 de xuño de 2007, cando os principais partidos da oposición, entre os que se contaba o Partido Socialista, boicotou os comicios. As razóns foron as dúbidas sobre o proceso electoral das presidenciais e o resultado, que a coalición que respaldaba a Wade se fixo con 131 de 150 deputados, mentres que o resto foi para partidos minoritarios que non superaron en ningún caso os tres representantes. A participación foi unicamente do 34,7%. Wade, logo da vitoria, nomeou como novo primeiro ministro a Cheikh Hadjibou Soumaré.

Foi condecorado en 2005 co premio Félix Houphouët-Boigny, que concede a UNESCO.

Nas eleccións de 2012 obtivo a vitoria en primeira volta co 35% dos votos, mentres que o seu antigo aliado e líder da oposición Macky Sall obtivo o 24%. Na segunda volta realizada o 24 de marzo Sall resultou favorecido co 65% mentres que Wade só contou co 35%. Sall tomou posesión do goberno o 2 de abril.


Predecesor:
Abdou Diouf
 Senegal Presidente do Senegal 
2000 - 2012
Sucesor:
Macky Sall

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]