Senegal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Senegaal (wo) | |||||
Himno | Pincez tous vos koras, frappez les balafons | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Un Peuple, Un But, Une Foi» «One People, One Goal, One Faith» «Един народ, една цел, една вяра» «Un pueblo, un objetivo, una fe» «ߡߌ߬ߙߌ߲߬ߘߌ߬ ߞߋߟߋ߲߫ ߸ ߟߊ߬ߢߌߣߌ߲߫ ߞߋߟߋ߲߫ ߸ ߘߍ߲߬ߞߣߍ߬ߦߊ߬ ߞߋߟߋ߲߫» «Un poble, un objectiu, una fe» «Un bobl, un nod, un ffydd» | ||||
Epónimo | Río Senegal | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Dakar | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.876.720 (2021) (85,79 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa lingua wolof Badyara (pt) Língua balanta (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 196.722 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Punto máis alto | Népin Cliff (en) (531 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1960 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | presidencialismo | ||||
• President of Senegal (en) | Bassirou Diomaye Diakhar Faye (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | National Assembly (en) , (Escano: 165) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 27.569.136.728 $ (2021) | ||||
Moeda | franco CFA de África Occidental | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .sn | ||||
Prefixo telefónico | +221 | ||||
Teléfono de emerxencia | 17 e 18 | ||||
Código de país | SN | ||||
Páxina web | sec.gouv.sn | ||||
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde. A súa capital é Dakar. Ten unha particularidade que é a de abrigar dentro do seu territorio a República de Gambia como se fose unha illa dentro do Senegal.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía do Senegal.
O Senegal está situado na parte oeste do continente africano, entre os 12º08' e 16º41' de latitude norte e 11º21' e 17º32' de lonxitude Oeste. O seu punto oeste, a península de Cabo Verde (e particularmente a localización do Club Med de Dakar), constitúe a parte máis occidental do continente africano.
A paisaxe senegalesa consiste principalmente en planos ondulados pola area do oeste de Sahel que crecen ata as faldras da montaña no sueste. Alí atópase tamén o punto máis alto do Senegal, un accidente xeográfico sen nome preto de Nepen Diakha con 581 m. O límite norte está formado polo río Senegal. Outros ríos destacables son o río Gambia e o río Casamance. A capital Dakar xace sobre a península de Cabo Verde, o punto máis occidental da África continental.
O país esténdese sobre 196.192 km². Comparado cos países veciños, Malí e Mauritania, Senegal é un país minúsculo.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é de tipo saheliano con:
- unha estación chuviosa de xuño a outubro, con inflexión en agosto e variable segundo a latitude (menos chuvioso o norte que o sur). As temperaturas alcanzan o seu máximo. É o período dos monzóns.
- unha estación seca de novembro a xuño con alisios continentais. Nesta estación, concretamente no mes de xaneiro, alcánzanse as temperaturas mínimas.
No litoral, o mar suaviza as temperaturas, as cales son da orde de 16 °C a 30 °C; pero no centro e no leste do Senegal poden chegar aos 41 °C. Durante o inverno de Europa, Senegal convértese nun destino prezado para o desenvolvemento de actividades turísticas.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia do Senegal.
Restos arqueolóxicos por todo o estado evidencian que o Senegal estivo habitado en tempos prehistóricos. O islam estabeleceuse no val do río Senegal no século XI. O 95 % dos senegaleses practican a relixión musulmá. Nos séculos XII e XIV, a área estivo baixo a influencia dos imperios mandingas do leste; o imperio Jolof do Senegal tamén foi fundado durante este tempo. No século XVI, o imperio Jolof dividiuse en catro reinos competidores: os jolof, waalo, cayor e baol.
Diversas potencias europeas, Portugal, os Países Baixos e Inglaterra; competindo polo comercio na área dende o século XV, até que en 1677, Francia rematou coa posesión do que convertera nun importante punto de partida do comercio de escravos, a illa de Goree, preto de Dakar. Foi só nos anos 1850 que os franceses, baixo o gobernador Louis Faidherbe, comezaron a expandires no propio territorio senegalés.
En xaneiro de 1959, o Senegal e o Sudán francés uníronse para formar a Federación de Malí, que se converteu nun estado totalmente independente o 20 de xuño de 1960, como resultado da independencia e o acordo de transferencia de poder asinado con Francia o 4 de abril de 1960. Debido a dificultades políticas internas, a Federación disolveuse o 20 de agosto de 1960. O Senegal e o Sudán, renomeado como a República de Malí, proclamáronse independentes. Léopold Senghor, un coñecido poeta internacional da negritude, político e estadista, foi elixido como primeiro presidente do Senegal en agosto de 1960.
Despois da disolución da Federación de Malí, o presidente Senghor e o primeiro ministro Mamadou Dia gobernaron xuntos so un sistema parlamentario. En decembro de 1962, a súa rivalidade política levou a un intento de golpe de Estado polo Primeiro Ministro. O golpe foi reducido sen derramamento de sangue e Dia foi arrestado e encarcerado. O Senegal adoptou unha nova constitución que consolidou o poder do Presidente. En 1980, o presidente Senghor retirouse da política e transferiulle o cargo a un sucesor escolleito a dedo, Abdou Diouf, en 1981.
O 1 de febreiro de 1982, o Senegal uniuse con Gambia para formar a Confederación de Senegambia. Mais, a integración imaxinada no papel nunca se materializou e a unión foi disolta no 1989. A pesar dos diálogos, un grupo de separatistas do sur, na rexión de Casamanza enfrontouse esporadicamente coas forzas gobernamentais dende 1982.
Abdou Diouf foi o seu presidente entre 1981 e 2000. Fomentou unha participación política máis ampla, reduciu a intervención do goberno na economía e aumentou os compromisos diplomáticos do Senegal, particularmente con outras nacións subdesenvolvidas. A política interna ás veces viuse desbordada pola violencia nas rúas, tensións nas fronteiras e un movemento separatista violento na rexión do sur de Casamanza. Mais, o compromiso do Senegal coa democracia e os dereitos humanos comeza a consolidarse[Cómpre referencia]. Diouf presidiu catro mandatos e foi derrotado na elección presidencial do 2000, polo líder da oposición Abdoulaye Wade. O país experimentou a súa segunda transición de poder pacífica e a primeira dun partido político a outro.
O 30 de decembro do 2004 o presidente Abdoulaye Wade anunciou que asinaría un tratado de paz con dúas faccións separatistas do Mouvement des Forces Démocratiques de la Casamance (MFDC) na rexión de Casamanza.
Goberno e política
[editar | editar a fonte]Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política do Senegal.
O Senegal é unha república parlamentaria cun presidente elixido pola poboación, desde 2001, cada 5 anos.
O parlamento é unicameral e ten 120 membros. Hai máis de 80 partidos políticos no país.
Goberno
[editar | editar a fonte]O 20 de agosto de 1959, o Senegal abandonou a federación e converteuse en república independente. Senghor foi o seu primeiro presidente e repetiu mandato en 1963, 1968, 1973 e 1978. En decembro de 1962, o primeiro ministro Mamadou Día foi prendido baixo a acusación de tentar derrubar o presidente. O primeiro ministro Mamadou Día e os seus acólitos foron xulgados e condenados á prisión, en 1963.
Despois deste errado golpe de estado do primeiro ministro Mamadou Dia, o presidente viu aumentados os seus poderes coa aprobación dunha nova constitución en 1963. Baixo o réxime de Senghor, o país conseguiu impulsar novos sectores económicos, pero os ingresos procedentes da venda a outros países das colleitas de cacahuetes seguían dominando o panorama económico do Senegal.
En varias ocasións, especialmente en 1968 e 1973, os estudantes protagonizaron manifestacións de protesta contra a concentración de poderes en mans de Senghor. As emendas á Constitución de 1976 establecían a introdución dun sistema multipartidista no país, e a finais de 1980, Senghor dimitiu. A presidencia foi entón ocupada por Abdou Diouf, que xa en 1970 exercera o cargo de primeiro ministro.
En 1982, o Senegal e a veciña Gambia formaron unha confederación que era coñecida como Senegambia, con Diouf á fronte. A confederación foi disolta en 1989, aínda que en 1991 ambos os países asinaron un novo tratado de cooperación. Cando en 1988, Diouf obtivo a maioría absoluta nas eleccións, a oposición protestou provocando disturbios en Dakar, e o goberno declarou o estado de urxencia. A finais da década de 1980, tiveron lugar novos conflitos, esta vez por motivos de límites fronteirizos con Mauritania.
A encarnizada hostilidade entre senegaleses e mauritanos desencadeou violentos choques en ambas as nacións, que acabaron coa vida de máis de 400 persoas, na súa maioría senegaleses, e a expulsión de cada país dos cidadáns do contrario, medidas que non conseguiron deter o enfrontamento. Diouf gañou novamente as eleccións en 1993, pero a oposición volveu protestar aducindo fraude electoral. Durante o seguinte ano continuaron as mostras de malestar político.
En marzo de 1995, nun intento de acabar coa inestabilidade política, o Primeiro Ministro Habib Thian (por encargo de Diouf) fixo público un novo gabinete ministerial no que estaban representados os partidos políticos da oposición do país.
No 2000, Abdoulaye Wade foi elixido presidente do país, sendo reelixido nas eleccións de 2007 sen necesidade de segunda volta. Así mesmo, a coalición de partidos que o apoia conseguiu a vitoria nas eleccións parlamentarias de 2001 e 2007.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións do Senegal.
Senegal divídese en 11 rexións (régions), que á súa vez están compostas por 34 departamentos (départements). Os departamentos divídense en distritos, chamados "arrondissements". As capitais rexionais teñen o mesmo nome cá rexión respectiva:
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía do Senegal.
En xaneiro de 1994, o Senegal emprendeu un ambicioso programa de reforma económica co apoio da comunidade de doantes internacionais. Esta reforma comezou cun 50% de depreciación da moeda do Senegal, o franco CFA, que foi vinculado a unha taxa fixa ao antigo franco francés, e agora ao euro. Os controis de prezos e as subvencións do goberno foron desmanteladas a ritmo constante. Logo de ver contraer o seu economía un 2,1% en 1993, Senegal fixo unha importante repunta, grazas ao programa de reforma, cun crecemento real no PIB dun 5% anual durante 1995-2001. A inflación anual foi reducida a menos dun 1%, pero creceu a un estimado 3,3% en 2001. O investimento creceu a ritmo constante do 13,8% do PIB en 1993, ao 16,5% en 1997.
Como un membro da Unión Económica e Monetaria da África do Oeste (UEMOA), o Senegal está traballando cara a unha maior integración rexional cun arancel externo unificado. O país tamén realizou unha completa conectividade con Internet en 1996, creando un miniboom nos servizos baseados nas tecnoloxías da información. A actividade privada agora conta un 82 % do PIB. Na parte negativa, p Senegal enfróntase a problemas urbanos profundamente arraigados de desemprego crónico, disparidade socioeconómica, delincuencia xuvenil e drogadicción.
O Senegal posúe a terceira economía da baixa rexión do oeste africano logo de Nixeria e Costa do Marfil. A súa economía está orientada cara a Europa e a India. Os seus principais socios económicos son Francia, a India e Italia. Con todo, desde hai varios anos China é un socio cada vez máis importante como demostran os cumes Chinoafricanas. Comparado con outros países do continente africano, o Senegal é moi pobre en recursos naturais; os seus principais ingresos proveñen da pesca e do turismo. Pero tendo en conta a súa situación xeográfica e a súa estabilidade política, enténdese que o Senegal forme parte dos países africanos máis industrializados coa presenza de multinacionais, sendo estas maioritariamente de orixe francesa, e en menor medida, de orixe americana. O sector agrícola emprega en torno ao 70% da poboación senegalesa, mentres que a pesca é a principal fonte de entrada de divisas.
Demografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Demografía do Senegal.
No ano 2009, o Senegal tiña unha poboación de 13.712.000 habitantes. A esperanza de vida é de 56 anos. A media de fillos por muller é de 5,1, unha das taxas máis altas do mundo, o cal podería provocar graves problemas económicos e ambientais. O 40,2% da poboación esta alfabetizada.
Esta poboación que crece moi rapidamente, cun índice de fecundidade superior aos 5 fillos por muller, atópase desigualmente distribuída polo seu territorio, a cal concéntrase na fachada atlántica, sendo as rexións máis urbanizadas Ziguinchor, Thies e Saint-Louis, fronte ás máis despoboadas como Kolda, Matam e Fatick. É a rexión de Tambacounda a que posúe a densidade máis baixa (11 habitantes por km²). Hai tamén unha gran diversidade étnica: wolof (43,3%), peuls (33,8%), sérères (14,7%), diolas (3,7%), malinkés (3,0%), soninkés (1,1%), e algunhas etnias menos numerosas e máis locais, sen contar os 50.000 europeos (franceses na súa maioría) e libaneses presentes no medio urbano.
O francés é a lingua oficial, pero só é utilizada de forma corrente por unha minoría.
Evolución demográfica
- 1800- 1.280.000 habitantes.[1]
- 1850- 200.000 habitantes (caída demográfica por conquista europea)[2]
- 1900- 1.200.000 habitantes.
- 1915- 1.400.000 habitantes.
- 1926- 1.358.400 habitantes.
- 1938- 1.793.300 habitantes.
- 1966- 3.620.000 habitantes.
- 1976- 5.085.400 habitantes.
- 1988- 6.896.800 habitantes.
- 1995- 8.468.000 habitantes.
- 2000- 9.987.000 habitantes.
- 2010- 12 millóns de habitantes.
- 2020- 15 millóns de habitantes.
- 2030- 17 millóns de habitantes.
- 2050- 39 millóns de habitantes.
Transporte
[editar | editar a fonte]Os medios de transporte no Senegal seguen sendo tradicionais, aínda que numerosos proxectos de equipamento están en curso (construción dunha autoestrada de peaxe entre Dakar e Diamniadio, novo aeroporto internacional Blaise Diagne etc.).
As redes son máis densas ao oeste do país, e a circulación de persoas e mercancías é particularmente difícil cara a Dakar e Cabo Verde, porque está moi saturada.
As infraestruturas son máis escasas no Senegal oriental, e a súa evolución parece difícil neste momento.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura do Senegal.
Literatura: Aminata Sow Fall
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Where all of the slaves captured during the trans atlantic slave trade captured by other africans? - Yahoo! Answers". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2020. Consultado o 08 de agosto de 2011.
- ↑ "Caída demográfica por conquista europea". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2011. Consultado o 08 de agosto de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Senegal |