Saltar ao contido

Océano Atlántico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atlántico»)

Modelo:Xeografía físicaOcéano Atlántico
Imaxe
Tipoocéano Editar o valor en Wikidata
EpónimoAtlas Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano mundial Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaIslandia, Noruega, Suecia, Finlandia, Rusia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Alemaña, Dinamarca, Países Baixos, Reino Unido, Irlanda, Bélxica, Francia, España, Portugal, Mónaco, Italia, Malta, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Albania, Grecia, Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Xeorxia, Chipre, Siria, Líbano, Israel, Estado de Palestina, Exipto, Libia, Tunisia, Alxeria, Marrocos, Mauritania, Cabo Verde, Senegal, Gambia, Guinea-Bissau, Guinea, Serra Leoa, Liberia, Costa do Marfil, Ghana, Togo, Benín, Nixeria, Camerún, San Tomé e Príncipe, Guinea Ecuatorial, Gabón, República do Congo, Angola, República Democrática do Congo, Namibia, Suráfrica, Chile, Arxentina, Uruguai, Brasil, Suriname, Güiana, Venezuela, Colombia, Trinidad e Tobago, Barbados, Granada, Caribe, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Caribe, Dominica, Saint Kitts e Nevis, Antiga e Barbuda, Panamá, Nicaragua, Honduras, Guatemala, Belize, Costa Rica, República Dominicana, Haití, Xamaica, Cuba, Bahamas, México, Estados Unidos de América e Canadá Editar o valor en Wikidata
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
Mapa
 0°N 30°O / 0, -30
Comparte fronteira conDepresión do Guadalquivir
África do Norte Editar o valor en Wikidata
Conéctase conAtlantic Continental Shelf (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto por
Afluentes
Rio Una (pt) Traducir, Rio de Una (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidademáximo: 8.605 m
Media: 3.646 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións5.000 (ancho) km
Punto máis baixoMilwaukee Deep (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie106.460.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico305.811.900 km³ Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451748

O océano Atlántico[1] é a parte do océano mundial da Terra que separa América —ao oeste— de Europa e África —ao leste—. A súa conca é alongada en forma de S e esténdese desde o océano Glacial Ártico, no norte, ata o Antártico, no sur. É o segundo océano máis extenso da Terra despois do Pacífico, cunha superficie duns 85.133.000 km 2[2]. Ocupa o 20 % da superficie do planeta,[3] e o 26 % do total das terras mergulladas. É ademais o océano máis novo do planeta, formado hai 200 millóns de anos[4] pola división do supercontinente Panxea.

O Atlántico é un axente de importancia global no referente ao clima, xa que das súas correntes depende en boa medida o clima dos continentes ribeiregos. Ao longo da historia supuxo unha barreira cultural que separou os chamados Vello e Novo Mundo ata a chegada da era dos descubrimentos, o que supuxo que o océano se convertese nun punto de intercambio comercial e cultural. Actualmente non perdeu a súa importancia xeoestratéxica, converténdose en escenario de grandes batallas e conflitos desde o século XIX ata a guerra fría.

O ecuador terrestre divídeo artificialmente en dúas partes, Atlántico Norte e Atlántico Sur. O seu nome procede do grego Atlas, un dos titáns da mitoloxía grega. Alcanza a súa máxima profundidade na fosa de Porto Rico.

Comunícase artificialmente co océano Pacífico a través da canle de Panamá, de forma natural a través do estreito de Magalláns e o mar de Hoces, co océano Índico a través do canal de Suez e o sur de África e co mar Mediterráneo a través do estreito de Xibraltar.

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]
O estreito de Xibraltar, límite entre o mar Mediterráneo e océano Atlántico.

O vocábulo «Atlántico» proviría do titán «Atlas» que posuía, segundo os antigos gregos, as columnas que soportan o ceo (en grego antigo, tlaô, significa «portar» ou «soportar»), das que formaban parte as míticas Columnas de Hércules (actualmente o estreito de Xibraltar). Polo tanto, para os antigos, este termo designaba ante todo o mar que se atopaba máis aló do estreito, por oposición ao mar Mediterráneo. O seu nome tamén podería vir dos pobos libios dos atlantes, descritos por Heródoto, e que poboaban as ribeiras norteafricanas do océano Atlántico e as montañas do macizo do Atlas marroquí, no noroeste de África. Durante a Idade Media e ata aproximadamente mediados do século XVIII aparecía mencionado nos mapas e cartas de navegación co nome de Mar do Nord ou Mar do Norte.

Localización e delimitación segundo o IHO

[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional (International Hydrographic Organization, IHO) definiu os límites dos océanos e mares en 1953 ,[5] pero algunhas destas definicións foron revisadas desde entón e outras non son utilizadas por diversos países, autoridades e institucións; véxase, por exemplo, o CIA World Factbook. En consecuencia, a extensión e o número de océanos e mares varían.

O océano Atlántico limita ao oeste con América do Norte e do Sur. Conecta co océano Ártico a través do estreito de Dinamarca, o mar de Groenlandia, o mar de Noruega e o mar de Barents. Ao leste, os límites do océano propiamente devandito son Europa: o estreito de Xibraltar (onde conecta co mar Mediterráneo -un dos seus mares marxinais- que, á súa vez, conectao co mar Negro, que tamén tocan Asia) e África.

Ao sueste, o Atlántico fúndese co océano Índico. O meridiano 20° leste, que discorre cara ao sur desde o cabo Agullas ata a Antártida, define a súa fronteira. Na definición de 1953 esténdese cara ao sur ata a Antártida, mentres que en mapas posteriores limita no paralelo 60° co océano Antártico.[5]

O Atlántico ten costas irregulares sucadas por numerosas baías, golfos e mares. Entre eles atópanse o mar Báltico, o mar Negro, o mar Caribe, o estreito de Davis, o estreito de Dinamarca, parte da pasaxe de Drake, o golfo de México, o mar do Labrador, o mar Mediterráneo, o mar do Norte, o mar de Noruega, case todo o mar de Scotia e outras masas de augas afluentes.[6] Incluíndo estes mares marxinais, a liña costeira do Atlántico mide 111 866 km (69 510 mi), fronte aos 135 663 km (84 297 mi) do Pacífico..[6][7]

Incluíndo os seus mares marxinais, o Atlántico cobre unha superficie de 106.460.000 km2 ou o 23,5% do océano mundial e ten un volume de 310.410.900 km3 ou o 23,3% do volume total dos océanos da Terra. Excluíndo os seus mares marxinais, o Atlántico cobre 81.760.000 km2 e ten un volume de 305.811.900 km3. O Atlántico Norte cobre 41.490.000 km2 (11,5%) e o Atlántico Sur 40.270.000|km2 (11.1%).[8] A profundidade media é de 3.646 m e a máxima atopase na depresión de Milwaukee situada na fosa de Porto Rico que é de 8376 m. [9][10]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O océano Atlántico, o segundo do mundo en superficie e case enteiramente localizado no hemisferio occidental, alóngase no sentido norte-sur. cunha forma que lembra un S, comunícase co océano Ártico polo estreito da Islandia; co océano Pacífico e co océano Índico pola ampla pasaxe que se abre entre a América, a África e a Antártida, nas altas latitudes austrais. No hemisferio Norte, as costas continentais, moi recortadas, delimitan numerosos mares anexos (canal da Mancha, mar do Norte, mar Báltico, mar Mediterráneo, mar das Antillas). Ao sur, ao contrario, as costas son máis ben rectilíneas.

O fondo oceánico presenta unha disposición regular: a plataforma continental, ampla ao longo das costas da Europa, da América do Norte e da porción meridional da América do Sur, estreitase nas costas da África e do Brasil; unha enorme cadea de montañas submarinas, a dorsal mesoatlántica, esténdese ao longo do océano; entre ela e os continentes ábrense unha serie de cuncas de 6.000 a 7.000 m de profundidade (cuncas americana, brasileira e arxentina, ao oeste; cuncas escandinava, da Europa Occidental, de Guinea, de Angola e do Cabo, ao leste). A crista dorsal é sucada en toda a súa extensión por unha gran fosa tectónica (rift), que secciona no sentido lonxitudinal. Área de constante inestabilidade xeolóxica, provocada pola continua emisión de material ígneo, é obxecto de estudos xeolóxicos que analizan os procesos de formación e evolución das placas tectonicas, ou sexa, da codia terrestre. A crista da dorsal mesoatlántica sitúase xeralmente entre -3.000 e -1.500 m, mais emerxe nalgúns puntos, formando illas: Jan Mayen, Islandia, Azores, Ascensión, Tristan da Cunha. Nas latitudes ecuatoriais, a dorsal é cortada por fallas transversais que determinan fosas abisais (fosa da Romanche. -7.758 m). Nas outras porcións do Atlántico as fosas son raras: sitúanse nas Antillas (Caimáns e Porto Rico - a máis profunda con -9.218 m) e nas illas Sandwich do Sur (-8.264 m)

Na fachada occidental, grandes cuncas hidrográficas botan unha considerable cantidade de sedimentos sobre a plataforma continental, definindo conos aluvionais, como os dos ríos San Lourenzo e Mississippi, no Atlántico Norte, e o do Amazonas, na franxa ecuatorial. As augas do Atlántico son as máis salgadas de todos os océanos (37,5 por mil de salinidade media) e animadas por correntes que aseguran unha intensa circulación entre as augas frías das altas latitudes e as augas quentes ecuatoriais. As correntes frías do Labrador e das Falkland descenden ao longo das costas setentrionais e meridionais, respectivamente, de América. De Benguela percorre a costa suroccidental africana, en dirección ao Ecuador. Son compensadas polas correntes quentes do Brasil e Ecuatorial Atlántica, nos seus ramos N e S, pola corrente do Golfo, que ten grande influencia sobre os climas da Europa noroccidental, tornándoos menos rigorosos. Esa circulación das augas favorece a súa oxixenación e a proliferación de plancto, definindo importantes zonas pesqueiras, como as costas do Brasil meridional, a fachada norteamericana en torno da Terra Nova, as costas da Escandinavia e de Islandia, alén da África meridional. As plataformas continentais encerran, ás veces, xacementos petrolíferos (mar do Norte, costas de Venezuela e do Brasil, golfo de Guinea). Ladeado no hemisferio Norte polas dúas áreas máis industrializadas do globo (nordeste dos Estados Unidos de América e Europa Occidental), o Atlántico Norte presenta o máis intenso tráfego marítimo e aéreo transoceánico do mundo.

Os mares máis grandes do océano Atlántico

[editar | editar a fonte]

Rellación de mares máis longos:[11][12][13]

  1. Mar dos Argazos 3.5 million km2
  2. Mar Caribe 2.754 million km2
  3. Mar Mediterráneonbsp;2.510 million km2
  4. Golfo de Guinea 2.35 million km2
  5. Golfo de México 1.550 million km2
  6. Mar de Noruega 1.383 million km2
  7. Baía de Hudson 1.23 million km2
  8. Mar de Groenlandia 1.205 million km2
  9. Mar Arxentino 1 million km2
  10. Mar do Labrador 841,000 km2
  11. Mar de Irminger 780,000 km2
  12. Baía de Baffin 689,000 km2
  13. Mar do Norte 575,000 km2
  14. Mar Negro 436,000 km2
  15. Mar Báltico 377,000 km2
  16. Mar de Libia 350,000 km2
  17. Mar Levantino 320,000 km2
  18. Mar Céltico 300,000 km2
  19. Mar Tirreno 275,000 km2
  20. Golfo de San Lourenzo 226,000 km2
  21. Golfo de Biscaia 223,000 km2
  22. Mar Exeo 214,000 km2
  23. Mar Xónico 169,000 km2
  24. Mar Balear 150,000 km2
  25. Mar Adriático 138,000 km2
  26. Golfo de Botnia 116,300 km2
  27. Mar de Creta 95,000 km2
  28. Golfo de Maine 93,000 km2
  29. Mar da Liguria 80,000 km2
  30. Canal da Mancha 75,000 km2
  31. Baía de James 68,300 km2
  32. Mar de Botnia 66,000 km2
  33. Golfo de Sidra 57,000 km2
  34. Mar das Hébridas 47,000 km2
  35. Mar de Irlanda 46,000 km2
  36. Mar de Azov 39,000 km2
  37. Baía de Botnia 36,800 km2
  38. Golfo de Venezuela 17,840 km2
  39. Golfo de Campeche 16,000 km2
  40. Golfo de León 15,000 km2
  41. Mar de Mármara 11,350 km2
  42. Mar de Wadden 10,000 km2
  43. Mar do Arquipélago 8,300 km2

Batimetría

[editar | editar a fonte]
Mapa en falsa cor da profundidade oceánica na conca atlántica

A batimetría do Atlántico está dominada por unha montaña submarina chamada dorsal atlántica media (SAM). Esténdese desde os 87°N ou 300 km (190 mi) ao sur do Polo norte ata a illa Bouvet subantártica no 54°S..[14] Entre as expedicións para explorar a batimetría do Atlántico atópanse a expedición Challenger e a expedición alemá Meteor; na actualidade, o Lamont–Doherty Earth Observatory da Universidade Columbia e a United States Hydrographic Office realizan investigacións sobre o océano.[15]

Dorsal mesoatlántica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dorsal mesoatlántica.

A dorsal mesoatlántica divide o Atlántico lonxitudinalmente en dúas metades, en cada unha das cales unha serie de concas están delimitadas por dorsais transversais secundarias. A dorsal mesoatlántica supera os 2000 m na maior parte da súa lonxitude, pero vese interrompida por grandes fallas de transformación en dous lugares: na fosa de Romanche preto do ecuador e na zona de fractura de Gibbs no 53°N. A dorsal mesoatlántica é unha barreira para as augas do fondo, pero nestas dúas fallas de transformación as correntes de augas profundas poden pasar dun lado a outro.[16]

A dorsal mesoatlántica elévase de 2 a 3 km por encima do fondo oceánico circundante e o seu val de fisura é o bordo diverxente entre as placas norteamericana e eurasiática no Atlántico Norte e as placas suramericana e africana no Atlántico Sur. A dorsal mesoatlántica produce volcáns basálticos no glaciar Eyjafjallajökull, Islandia, e lava almofadada no fondo oceánico.[17] A profundidade da auga no vértice da crista é inferior a 2700 m na maioría dos lugares, mentres que o fondo da crista é tres veces máis profundo..[18]

A dorsal mesoatlántica está atravesada por dúas dorsais perpendiculares: a falla de transformación Azores-Xibraltar, límite entre a placa africana e a placa eurasiática, cruza a dorsal mesoatlántica na tripla unión dos Azores, a ambos os dous lados da microplaca dos Azores, preto dos 40°N. [19] Un límite moito máis vago e sen nome, entre as placas norteamericana e suramericana, corta A dorsal mesoatlántica preto ou xusto ao norte da zona de fractura quince-vinte, aproximadamente nos 16°N..[20]

Na década de 1870, a expedición Challenger descubriu partes do que hoxe se coñece como a dorsal mesoatlántica, ou:

Unha crista elevada que se eleva a unha altura media de aproximadamente 1900 m por baixo da superficie atravesa as concas do Atlántico Norte e Sur en dirección meridiana desde o cabo Farewell, probablemente tan ao sur polo menos como a illa de Gough, seguindo aproximadamente os contornos das costas do Vello e os Novo Mundos.[21]

O resto da dorsal foi descuberto na década de 1920 pola expedición alemá Meteor utilizando equipos de ecosondeos.[22] A exploración do SAM na década de 1950 conduciu á aceptación xeral da extensión do fondo mariño e a tectónica de placas.[14]

A maior parte da dorsal mesoatlántica discorre baixa a auga, pero onde chega á superficie produciu illas volcánicas. Aínda que nove delas foron designadas colectivamente Patrimonio da Humanidade polo seu valor xeolóxico, catro delas considéranse de "Valor Universal Excepcional" polos seus criterios culturais e naturais: Þingvellir, en Islandia; a paisaxe vitícola da illa do Pico, en Portugal; as illas Gough e Inaccesibles, no Reino Unido; e as Illas atlánticas brasileiras: Fernando de Noronha e Atol das Rocas Reservas, no Brasil.[14]

Fondo oceánico

[editar | editar a fonte]

As plataformas continentais do Atlántico son amplas fronte a Terra Nova, o extremo sur de Suramérica e o nordés de Europa. No Atlántico occidental, as plataformas carbonatadas dominan grandes zonas, por exemplo, a meseta de Blake e a elevación das Bermudas. O Atlántico está rodeado de marxes pasivas excepto nuns poucos lugares onde as marxes activas forman profundas fosas: a Fosa de Porto Rico (8376 m profundidade máxima) no Atlántico occidental e a Fosa das Sándwich do Sur (8264 m) no Atlántico sur. Existen numerosos canóns submarinos fronte ao nordés de América do Norte, o oeste de Europa e o noroeste de África. Algúns destes canóns esténdense ao longo das elevacións continentais e penetran nas chairas abisais como canles de augas profundas.[16]

En 1922 produciuse un momento histórico na cartografía e a oceanografía. O USS Stewart utilizou un sonar da Armada para trazar un mapa continuo do fondo do Atlántico. Non houbo que facer moitas conxecturas, porque a idea do sonar é sinxela: envíanse impulsos desde o buque, que rebotan no fondo oceánico e volven ao barco.[23] Crese que o fondo oceánico é bastante plano, con profundidades ocasionais, chaira abisal, fosa abisal, monte submarino, conca, plataforma, canón e algúns guyot. Varias plataformas ao longo das marxes dos continentes constitúen ao redor do 11% da topografía do fondo, con poucas canles profundas cortadas a través da elevación continental.

A profundidade media entre os 60°N e os 60°S é de 3730 m, é dicir, próxima á media do océano global, cunha profundidade modal entre 4000 e 5000 m.[16]

No Atlántico Sur, a dorsal de Walvis e a subida do río Grande forman barreiras ás correntes oceánicas. O abismo Laurentino atópase fronte á costa oriental de Canadá.

Características da auga

[editar | editar a fonte]
Visualización da Corrente do Golfo desde o Golfo de México ata Europa occidental.
A medida que a Corrente do Golfo serpentea polo Atlántico Norte desde a costa este norteamericana ata Europa occidental, a súa temperatura descende en 20 °C (36 °F).
Mapa que mostra unha liña en bucle con frechas que indican que a auga flúe cara ao leste no afastado océano Antártico, diríxese cara ao nordés de Australia, xira cara ao sur despois de pasar Alasca, cruza o Pacífico medio para fluír cara ao norte de Australia, continúa cara ao oeste por baixo de África, xira cara ao noroeste ata chegar ao leste de Canadá, logo diríxese cara ao leste ata o sur de Europa, finalmente vira cara ao sur xusto por baixo de Groenlandia e flúe pola costa este de América, e renova o seu fluxo cara ao leste para completar o círculo
Traxectoria da circulación termohalina. As traxectorias moradas representan as correntes de augas profundas, mentres que as traxectorias azuis representan as correntes superficiais.

. As temperaturas das augas superficiais, varían coa latitude, cos sistemas de correntes e coa estación meteroloxica e reflicten a distribución latitudinal da enerxía solar, que oscilan entre menos de −2 °C (28 °F) e máis de 30 °C. As temperaturas máximas danse ao norte do ecuador, e os valores mínimos atópanse nas rexións polares. Nas latitudes medias, a zona de máximas variacións de temperatura, os valores poden variar entre 7 e 8 °C.[15]

De outubro a xuño, a superficie adoita estar cuberta de xeo mariño no mar do Labrador, no estreito de Dinamarca e no mar Báltico.[15]

O efecto Coriolis fai circular as augas do Atlántico Norte no sentido das agullas do reloxo, mentres que as do Atlántico Sur fano en sentido contrario. As mareas sur do océano Atlántico son semidiurnas; é dicir, cada 24 horas lunares prodúcense dúas mareas altas. En latitudes por encima dos 40° Norte prodúcese certa oscilación este-oeste, coñecida como oscilación do Atlántico Norte.[15]

Salinidade

[editar | editar a fonte]

Máis ou menos, o Atlántico é o océano principal máis salgado; a salinidade da auga superficial en mar aberto oscila entre 33 e 37 partes por mil (3,3-3,7%) en masa e varía coa latitude e a estación. A evaporación, as precipitacións, a afluencia dos ríos e a fusión do xeo mariño inflúen nos valores da salinidade superficial. Aínda que os valores máis baixos da salinidade atópanse xusto ao norte do ecuador (debido ás intensas precipitacións tropicais), en xeral, os valores máis baixos danse nas latitudes altas e ao longo das costas onde desembocan os grandes ríos. Os valores máximos de salinidade danse en torno aos 25° norte e sur, en rexións subtropicais con escasas precipitacións e alta evaporación.[15]

A elevada salinidade superficial do Atlántico, da que depende a circulación termohalina atlántica, mantense grazas a dous procesos: a corrente das Agullas, que leva as augas salgadas do océano Índico ao Atlántico Sur, e a "ponte atmosférica", que evapora as augas subtropicais atlánticas e expórtaas ao Pacífico.[24]

Masas de auga

[editar | editar a fonte]
Características de temperatura e salinidade das masas de auga atlánticas[25]
Masa de auga Temperatura Salinidade
Augas superiores (0–500 m)
Augas altas
subárticas atlánticas (ASUW)
0.0–4.0 °C 34.0–35.0
Auga central do
Atlántico Norte occidental (WNACW)
7.0–20 °C 35.0–36.7
Auga central do
Atlántico Norte oriental (ENACW)
8.0–18.0 °C 35.2–36.7
Auga central do
Atlántico Sur (SACW)
5.0–18.0 °C 34.3–35.8
Augas intermedias (500 a 1500 m)
Auga intermedia subártica do
Atlántico Occidental (WASIW)
3.0–9.0 °C 34.0–35.1
Auga intermedia subártica do
Atlántico Oriental (EASIW)
3.0–9.0 °C 34.4–35.3
Auga do Mediterráneo (MW) 2.6–11.0 °C 35.0–36.2
Augas intermedias árticas (AIW) −1.5–3.0 °C 34.7–34.9
Augas profundas e abisais (1,500 m–fondo)
Augas profundas do
Atlántico Norte (NADW)
1.5–4.0 °C 34.8–35.0
Augas do fondo antártico (AABW) −0.9–1.7 °C 34.6–34.7
Augas do fondo ártico (ABW) −1.8 to −0.5 °C 34.9–34.9

O océano Atlántico consta de catro grandes masas de auga superiores con temperaturas e salinidades distintas. A auga superior subártica atlántica do Atlántico Norte setentrional é a fonte da auga intermedia subártica e da auga intermedia do Atlántico Norte. A auga central do Atlántico Norte pode dividirse en auga central do Atlántico Norte oriental e occidental, xa que a parte occidental está fortemente afectada pola corrente do Golfo e, por tanto, a capa superior está máis cerca da auga intermedia subpolar subxacente, máis fresca. A auga oriental é máis salgada pola súa proximidade á auga mediterránea. A auga central do Atlántico Norte desemboca na auga central do Atlántico Sur no paralelo 15 norte.[26]

Existen cinco augas intermedias: catro de baixa salinidade formadas en latitudes subpolares e unha de alta salinidade formada por evaporación. A auga intermedia ártica, flúe desde o norte para converterse na fonte das augas profundas do Atlántico Norte, ao sur do limiar Groenlandia-Escocia. Estas dúas augas intermedias teñen distinta salinidade nas concas occidental e oriental. A ampla gama de salinidades do Atlántico Norte débese á asimetría do xiro subtropical setentrional e ao gran número de achegues procedentes de fontes moi diversas: mar do Labrador, mar de Noruega-Groenlandia, Mediterráneo e auga intermedia do Atlántico Sur.[26]

As augas profundas do Atlántico Norte (NADW, polas súas siglas en inglés) son un complexo de catro masas de auga, dúas que se forman por convección profunda no océano aberto -auga clásica e auga do mar do Labrador superior- e dous que se forman a partir da afluencia de auga densa a través do limiar de Groenlandia-Islandia-Escocia - Estreito de Dinamarca e a auga de desbordamento de Islandia-Escocia. Ao longo do seu percorrido pola Terra, a composición do NADW vese afectada por outras masas de auga, especialmente a auga do fondo antártico e a auga de desbordamento do Mediterráneo.[27] As NADW aliméntanse dun fluxo de augas cálidas pouco profundas cara ao norte do Atlántico Norte que é responsable do clima cálido anómalo en Europa. Os cambios na formación das NADW relacionáronse con cambios climáticos globais no pasado. Desde que se introduciron no medio ambiente sustancias de orixe humana, pódese seguir a traxectoria das NADW ao longo do seu curso medindo o tritio e o radiocarbono procedentes de probas de armas nuclearess nos anos 60 e de CFCs.[28]

Xiros oceánicos

O Xiro do Atlántico Norte, de augas cálidas e sentido horario, ocupa o Atlántico norte, e o Xiro do Atlántico Sur, de augas cálidas e sentido antihorario, desenvolvese no Atlántico sur.[15]

No Atlántico Norte, a circulación superficial está dominada por tres correntes interconectadas: a Corrente do Golfo, que flúe cara ao nordés desde a costa norteamericana en Cabo Hatteras; a Corrente do Atlántico Norte, unha rama da Corrente do Golfo que flúe cara ao norte desde os Grand Banks; e a Fronte Subpolar, unha extensión da Corrente do Atlántico Norte, unha rexión ampla e vagamente definida que separa o xiro subtropical do xiro subpolar. Este sistema de correntes transporta auga cálida cara ao Atlántico Norte, sen a cal as temperaturas no Atlántico Norte e Europa descenderían drasticamente.[29]

No xiro subpolar do Atlántico Norte, as augas cálidas subtropicais transfórmanse en augas subpolares e polares máis frías. No mar do Labrador, estas augas volven ao xiro subtropical.

Ao norte do xiro do Atlántico Norte, o xiro subpolar ciclónico do Atlántico Norte xoga un papel fundamental na variabilidade climática. Está gobernado polas correntes oceánicas dos mares marxinais e da topografía rexional, en lugar de ser dirixido polo vento, tanto no océano profundo como ao nivel do mar.[30] O xiro subpolar forma unha parte importante da circulación termohalina global. A súa parte oriental inclúe ramas remuiñadas da Corrente do Atlántico Norte que transportan augas cálidas e salgadas desde os subtrópicos ata o Atlántico nordés. Alí esta auga arrefríase durante o inverno e forma correntes de retorno que se funden ao longo da vertente continental oriental de Groenlandia onde forman unha corrente intensa (40–50 Sv) que flúe ao redor das marxes continentais do mar do Labrador. Un terzo desta auga pasa a formar parte da porción profunda das augas profundas do Atlántico Norte (NADW). O NADW, á súa vez, alimenta a circulación meridional basculante (MOC), cuxo transporte de calor cara ao norte vese ameazado polo cambio climático antropoxénico. As grandes variacións do xiro subpolar a escala decenal, asociadas á oscilación do Atlántico Norte, son especialmente pronunciadas na auga do mar do Labrador, as capas superiores da MOC.[31]

O Atlántico Sur está dominado polo xiro subtropical meridional anticiclónico. A auga central do Atlántico Sur orixínase neste xiro, mentres que o auga intermedia Antártica orixínase nas capas superiores da rexión circumpolar, cerca do pasaxe de Drake e as illas Malvinas. Ambas as correntes reciben algunha contribución do océano Índico. Na costa oriental africana, o pequeno xiro de Angola ciclónico atópase incrustado no gran xiro subtropical.[32] O xiro subtropical meridional está parcialmente enmascarado por unha capa de Ekman inducida polo vento. O tempo de residencia do xiro é de 4,4-8,5 anos. As augas profundas do Atlántico Norte flúen cara ao sur por baixo do termoclina do xiro subtropical.[33]

O océano Atlántico parece ser o máis novo dos océanos do mundo. As evidencias indican que non existiu ata hai 100 millóns de anos, cando o supercontinente ancestral que existía, Panxea, foi quebrado pola formación do fondo oceánico. O Atlántico foi amplamente explorado dende os primeiros asentamentos humanos nas súas costas.

Os antigos, que chamaban ao Atlántico mar Tenebroso ou mar Océano, coñecían só as costas situadas entre o norte das illas Británicas e as Canarias. Do século VIII ao XI, os normandos frecuentaron as praias de Noruega, Islandia, Groenlandia, Spitsberg e Nova Escocia, no actual Canadá. Ata o final da Idade Media, só se facían navegacións costeiras, indo ata o Cabo Boxador (ao que chegaron os navegadores portugueses en 1434). No século XV os portugueses intensificaron a exploración da costa da África e, ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de navegación que permitiron viaxes por mar aberto. A navegación por latitudes (determinadas pola observación da altura da estrela Polar ou do Sol ao mediodía, técnica desenvolvida por volta de 1485) foi facilitada polo uso de instrumentos como o compás e mailo astrolabio. Outro factor decisivo foi o estudo do réxime dos ventos no Atlántico: en 1439, as informacións existentes xa permitían unha navegación asidua e segura. Esas técnicas, aliadas aos novos navíos desenvolvidos polos portugueses (as carabelas, de maior porte, calado máis alto e común sistema de velas que permitía o aproveitamento dos ventos, mesmo no sentido contrario) permitirían o recoñecemento da costa da África e as primeiras incursións en alto mar; hai aínda informacións de que no século XV os portugueses terían explorado tamén o Atlántico Norte, xuntando coñecementos que posteriormente facilitaron a viaxe de Cristovo Colón na primeira travesía documentada do Océano.

Co desenvolvemento técnico obtido, as viaxes portuguesas tornáronse máis ousadas e frecuentes a través do Atlántico, de tal forma que ata 1488 toda a costa oeste da África estaba explorada, recoñecida e, nos primeiros 20 anos do século XVI, toda a costa atlántica do continente americano (atopado no 1492 por Colón) fora visitada por navegadores portugueses, españois ou italianos ao servizo de España. Os reis de Portugal procuraron, desde o inicio, garantir as descubertas dos seus navegadores e desde 1443, varias leis reivindicaron o dereito de navegación exclusiva nos mares recoñecidos polas súas naus. En 1454, o papa Nicolao V ratificou a pretensión dos portugueses, reservándolles o dereito exclusivo de navegación e comercio. En 1474, Afonso V mandou que aqueles que violasen esas determinacións fosen mortos e os seus bens confiscados pola coroa. O Tratado de paz de Toledo, entre España e Portugal, ratificou eses dereitos, que foron reafirmados nas ordenacións Manuelinas (1514). Ata 1580, houbo pouca contestación internacional a esas pretensións, excepto pequenos conflitos diplomáticos causados pola acción de corsarios protexidos polos reis de Francia e Gran Bretaña. Despois de 1580, con todo, a contestación creceu, envolvendo tamén os holandeses en guerra con España pola súa independencia. Eles estenderon as accións bélicas contra Portugal, despois da unión das dúas Coroas e pasaron á liberdade dos mares; na tregua asinada con Filipe III (de España e Portugal), obtiveron o dereito de navegar por eses mares, aínda que baixo licenza do rei de España. Ese tratado marcou o principio da liberdade dos mares. A partir do século XVII, comezou a exploración hidrográfica do Atlántico, efectuada de inicio polos holandeses, despois polos ingleses e franceses (século XVIII). No século XIX organizáronse numerosos cruceiros oceanográficos que permitiron a elaboración dunha detallada carta batimétrica do Atlántico.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para atlántico.
  2. "Atlantic Ocean". Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2017. Consultado o 19 de xullo do 2023. 
  3. US Department of Commerce, National Oceanic and Atmospheric Administration. "How big is the Atlantic Ocean?". oceanservice.noaa.gov (en inglés). Consultado o 19 de xullo do 2023. 
  4. "Introducción al Océano Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2023. Consultado o 19 de xullo de 2023. 
  5. 5,0 5,1 IHO 1953
  6. 6,0 6,1 CIA World Factbook: Océano Atlántico
  7. CIA World Factbook: Pacific Ocean
  8. Eakins & Sharman 2010
  9. USGS: Mapping Puerto Rico Trench
  10. "Atlantic Ocean". Five Deeps Expedition (en inglés). Consultado o 20 de xullo do 2023. 
  11. June 2010, Remy Melina 04 (4 de xuño de 2010). "The World's Biggest Oceans and Seas". livescience.com. 
  12. "World Map / World Atlas / Atlas of the World Including Geography Facts and Flags". WorldAtlas. 
  13. "List of seas". listofseas.com. 
  14. 14,0 14,1 14,2 World Heritage Centre: Mid-Atlantic Ridge
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 U.S. Navy 2001
  16. 16,0 16,1 16,2 Levin & Gooday 2003, Seafloor topography and physiography, pp. 113–114
  17. The Geological Society: Mid-Atlantic Ridge
  18. Kenneth J. Hsü (1987). The Mediterranean Was a Desert: A Voyage of the Glomar Challenger. ISBN 978-0-691-02406-6. 
  19. DeMets, Gordon & Argus 2010, The Azores microplate, pp. 24–25
  20. DeMets, Gordon & Argus 2010, Boundary between the North and South America plates, pp. 26–27
  21. Thomson 1877, p. 290
  22. NOAA: Cronología
  23. Hamilton-Paterson, James (1992). The Great Deep. 
  24. Marsh et al. 2007, Introduction, p. 1
  25. Emery & Meincke 1986, Table, p. 385
  26. 26,0 26,1 Emery & Meincke 1986, Atlantic Ocean, pp. 384–386
  27. Smethie et al. 2000, Formation of NADW, pp. 14299–14300
  28. Smethie et al. 2000, Introduction, p. 14297
  29. Marchal, Waelbroeck & Colin de Verdière 2016, Introduction, pp. 1545–1547
  30. Tréguier et al. 2005, Introduction, p. 757
  31. Böning et al. 2006, Introduction, p. 1; Fig. 2, p. 2
  32. Stramma & England 1999, Abstract
  33. Gordon & Bosley 1991, Abstract

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Os cinco océanos

Atlántico

Ártico

Índico

Pacífico

Antártico