Saltar ao contido

Mar Branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar Branco
Vista nocturna
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe
Tipomar marxinal
Q65178087 Traducir
mar interior Editar o valor en Wikidata
Epónimobranco Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaRusia Editar o valor en Wikidata
División administrativaRusia Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 65°48′N 39°00′L / 65.8, 39
Bañado porMar de Barents Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Profundidade330 m Editar o valor en Wikidata
Superficie90.800 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Golfo de Kandalaksha (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico4.400 km³ Editar o valor en Wikidata

O mar Branco (en ruso, Бе́лое мо́ре [Biéloye more]); en finés, Vienanmeri) é un extenso golfo do mar de Barents (no océano Glacial Ártico), localizado na costa noroeste de Rusia. Atópase limitado pola península de Kanín ao nordeste, por Carelia ao oeste e pola península de Kola ao norte. Ten unha superficie aproximada duns 95.000 km2. A maioría do ano atópase xeado.

O mar Branco ten catro grandes golfos ou baías no seu interior: na parte máis exterior, a baía de Mezén ao leste; no tramo interior as outras tres, a baía de Dviná ao sueste, o golfo de Onega ao sur e o golfo de Kandalakcha ao noroeste. No seu interior hai moitas illas, as maiores e máis importantes son a illa Morzhóvets e as illas Solovetsky, cun conxunto que foi declarado patrimonio da Unesco.

O porto de Arkhánguelsk, no fondo da baía de Dviná, é o porto máis importante do mar Branco e ademais, durante gran parte da historia de Rusia, foi o seu principal centro de comercio marítimo internacional. Na actualidade é unha base naval e de submarinos.

A canle Mar Branco-Báltico conecta o mar Branco co mar Báltico.

Todo o mar Branco son augas territoriais baixo soberanía rusa, bañan as súas augas a República de Carelia, a Óblast de Arkhanguelsk e a Oblast de Múrmansk.

Dúas fotografías satélite do mar Branco.

O verán dura desde principios de xuño a finais de agosto, aínda que na parte máis ao norte apenas dura un mes e medio.

A temperatura do mar varía de 0,5 °C a -2 °C en inverno e 12 °C a 15 °C no verán. O xeo aparece en outubro e forma carambos a partir de mediados de novembro. Algúns animais das rexións polares chegan aquí buscando refuxio: focas de Groenlandia, cans de mar e focas comúns.

A fusión do xeo comeza en abril e desaparece en maio. Non obstante, a causa dos ventos do norte, pódense encontrar carambos flotando até finais de xuño. Na primavera, baixo a acción do vento e as correntes cara ao sur, algúns animais son arrastrados nos carambelos de xeo cara ao océano, sendo así cazados polos habitantes das costas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]